‘Universo entre Canciones’, un espectáculo único que fusiona arte e ciencia, presentarase en varias cidades de Galicia: Santiago de Compostela (28 de xuño), Lugo (29 de xuño), Vigo (30 de xuño) e A Coruña (2 de xullo).
Este proxecto foi creado por José Edelstein, físico teórico e profesor e investigador da Universidade de Santiago de Compostela, xunto coas músicas arxentinas Daniela De Rito e Lorena Edelstein, para achegar, ao público de todas as idades, un conxunto de narracións sobre o cosmos, entretexidas con cancións propias que o celebran, demostrando os elementos comúns que existen entre a arte e a ciencia: creatividade, imaxinación, técnica, método, inspiración, estética, unha noción de beleza e un criterio de verdade.
Este proxecto científico-musical enmárcase “nesta procura de coñecemento e xurdiu da necesidade de imprimir a propia identidade musical do grupo, aos temas de divulgación científica, pois, aínda que o cosmos da ciencia sexa o mesmo para calquera persoa, a forma de nomealo, de narralo e de cantalo, é singular de cada cultura”, manifestou José Edelstein. ‘Umbral, ‘Eureka’ e ‘Décimas cuánticas’ son as cancións que xa se poden escoitar na plataforma dixital Spotify, cuxa grabación que contou co respaldo do Fondo Nacional das Artes da República Arxentina.
A xira por terras de Galicia iniciarase no Auditorio do CGAC de Santiago de Compostela (28 de xuño), e continuará no Auditorio Sede Afundación ABANCA de Lugo (29 de xuño), Café ‘De Catro a Catro’ de Vigo (30 de xuño) e no Circo de Artesáns da Coruña (2 de xullo).
A banda muradá actuará no Coliseum da Coruña o 22 de marzo e no pavillón da Magdalena, en Avilés, o 26 de abril; e as entradas sairán á venda o 13 de xuño
Os rapantes retoman a súa xira La máquina del buen rollo este sábado 15 en Pontevedra, no marco do festival Surfing the Lérez
The Rapants será unha das bandas de apertura dos concertos da nova xira de La Raíz, que regresa aos escenarios logo de seis anos de ausencia. Os muradáns acompañarán ao grupo liderado por Pablo Sánchez nos concertos que os valenciáns ofrecerán no 2025, coincidindo co 20 aniversario do nacemento da formación. Concretamente, os rapantes levarán La máquina del buen rollo aos directos que La Raíz dará o 22 marzo na Coruña (Coliseum) e o 26 de abril en Avilés (pavillón da Magdalena). As entradas sairán á venda este xoves, 13 de xuño, a partir das 10.00 am, nas plataformas Enterticket e Ataquilla.com.
The Rapants suma así dúas novas citas no seu tour, que comezou esta primavera cun dobre ‘sold out’ na Sala Capitol (23 e 24 de marzo, cuxas entradas se esgotaron en cuestión de minutos) e co que visitaron o Náutico de San Vicente (O Grove), o festival Terraceo de Vigo ou mesmo La Sala do WiZink Center de Madrid, na que se coroaron como gañadores do certame Último acorde x Johnnie Walker celebrado o 26 de abril.
SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2024 terá lugar os días 13 e 14 de xuño, celebrando a súa novena edición en Ourense, Amiadoso e Xunqueira de Espadanedo.
O día 13 de xuño ás 19 horas, as e os creadores encontraranse en A Casa Vella (Amiadoso – Allariz) entorno a encontro con Ana F. Melero, artista gañadora da xira Sólodos En Danza Costa Rica no Certamen Internacional de Burgos & New York 2022. Ana falará sobre a súa experiencia en Costa Rica e estrenarase o vídeo resumo do festival en Costa Rica, realizado polo videoartista Pablo Vargas. Entrada libre.
O día 14 de xuño ás 10 horas, as e os creadores presentarán as súas pezas ante o público escolar de Ourense, quenes outorgarán cos seus votos a Mención Xove Sólodos. Esta actividade que se celebrará na Praza da Escola de Artes Escénicas de Ourense, farase en colaboración coa Concellaría de Educación do Concello de Ourense.
Pola tarde ás 20.30 horas, levarase a cabo a final do Certame, no Concello de Xunqueira de Espadanedo (provincia de Ourense) ante público xeral e con entrada libre. Esta actividade realizarase en colaboración co Concello de Xunqueira de Espadanedo.
Son coreografías finalistas de SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2024:
Henko / Inigo Rementeria e Laura Latasa / País Vasco
Honest / Kiko López / Comunidad Valenciana
Petricor / Ariadna Llusa e Ingrid Manrinyá / Aragón
Mesura / Raquel Ferradás / Galicia
Córdoba Drone / Dani Hernández / País Vasco
Antes da Entrega de Premios, a artista convidada Ana F Melero presentará a súa premiada coreografía LATENTE.
O xurado estará composto por Victoria P. Miranda, Víctor López Carbajales, Maruxa Salas e Erick Jiménez, serán os encargados de otorgar o Premio SóLODOS EN DANZA OURENSE 2024 con xira a Costa Rica. Outros premios y programacións que se outorgarán trala representación en Xunqueira de Espadanedo serán:
PREMIO BAILANDO CON PIEDRAS 2024.
PREMIO FESTIVAL MANHATTAN 2025.
O Festival SóLODOS EN DANZA é un proxecto de ámbito artístico-social que xera intercambio e mobilidade entre artistas. Utiliza diferentes estratexias de colaboración, para construir unha ponte cultural entre artistas de dous continentes (América / Europa).
A PLATAFORMA CULTURAL SóLODOS traballa para a difusión da danza e as artes do movemento. Os seus proxectos promoven a danza como ferramenta social e desenvolvemento cultural, xerando espazos de colaboración entre estruturas culturais, creando iniciativas que permiten o intercambio de coñecemento entre institucións públicas e privadas, centros de ensinanza escénica, artistas, público e a sociedade en xeral.
Crédito Fotos: Foto Pablo Vargas en Sólodos En Danza Costa Rica / Ana F Melero en Latente.
O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza o sábado 15 de xuño de 2024, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, o concerto ‘NA CASA DELES’, a cargo do cuarteto vocal SON DE CORDA.
Neste acto participarán tamén Raúl Rodríguez (piano) e María Pichín (danza).