Acto de presentación do libro “A fábrica de tabacos da Coruña e a fábrica de mistos. Factores de transformación dunha cidade“ , de Ana Naseiro Ramudo, que organiza o IESCHA coa colaboración do Concello de Vilalba, e que terá lugar o vindeiro venres, día 5 de abril de 2019, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
Vexamos cartaz e nota informativa de dito evento cultural.
Alexander Sergueievitch Pushkin(em russo: Алекса́ндр
Серге́евич Пу́шкин; Moscovo, 26 de maio [calendário juliano] / 6 de
junho de 1799 [calendário gregoriano] de 1799 — São Petersburgo, 29 de janeiro
/ 10 de fevereiro [calendário gregoriano] de 1837.
Texto em russo segundo a edição: Стихотворения 1825 г.• Датируется январем — сентябрем 1825
г. Напечатано Пушкиным впервые в «Стихотворениях А. Пушкина» изд. 1826 г., стр.
79. в отделе «Разные стихотворения». (Datado de janeiro a setembro
de 1825. Impresso por Pushkin pola primeira vez na edição de “Poemas de A.
Pushkin”. 1826, p. 79. na seção “Poemas Diferentes”)
Imagem: Duelo de Pushkin. Pintura de Adrião Volkov.
O Festival Atlántica pecha a súa sétima edición batendo récords de sedes, público e duración (Enlace ao balance)
· 8080 espectadores, 12
xornadas, 30 artistas, 90 funcións e 16 concellos son as cifras que confirman o
Atlántica como o encontro de narración oral máis grande da Península Ibérica
·
Nesta
edición tamén se apostou por novos espazos e propostas artísticas para todo
tipo de públicos
O Festival Atlántica vén de clausurar oficialmente a
súa sétima edición o pasado sábado, 23 de marzo, logo de 12 xornadas que se
desenvolveron en 16 concellos diferentes. A cifras deste ano converten ao
festival no encontro de narración oral máis grande da Península Ibérica: 8080
espectadores, 30 artistas e 87 funcións.
Como salienta Soledad Felloza, directora do Atlántica,
esta edición “é a da consolidación pero tamén a da apertura de novos espazos e
propostas e, por tanto, do achegamento de novos públicos”. O festival segue a
apostar por funcións para todos, desde bebés ata encontros con maiores e
incluíndo pases en lingua de signos; pero non dubida en programar espectáculos
con formatos novidosos e en lugares diferentes. Deste xeito, os artistas saíron
ao exterior para brindar contadas con cans nos parques e tomaron as rúas para
agasallar con historias no ouvido aos transeúntes, por citar algunhas das
propostas.
Todo iso sen esquecer os formatos que xa presentou en
edicións previas: paseos con contos, espectáculos musicados coa colaboración da
Banda Municipal de Santiago, o achegamento aos barrios coas funcións nos
centros cívicos, o apoio ás novas voces da narración galega, etc.
Teatros, bibliotecas, bares, centros cívicos, librerías, tabernas, rúas, escolas, parques e mesmo cemiterios foron escenarios para os contos de Atlántica 2019, que este ano chegou por fin ás catro provincias galegas cunha programación especial de catro días en Lugo. Felloza subliña que “a ambiciosa programación desta edición foi posible grazas á colaboración das institucións e o apoio do público” e agradece tamén a “implicación dos locais que colaboraron no encontro e a xenerosidade e entrega dos artistas”. Para rematar, a directora tamén quixo lembrar que nesta edición a cornamusa de honra foi para a agrupación musical Leilía, que está a celebrar os seus trinta anos e foi protagonista da Gala Inaugural.
????????????????????????????????????
Na foto: Vero Rilo e ao fondo, María Uzal como “Marmuradores na Zona Vella de Santiago”
André Da Ponte volve sorprendernos con outra tradución literaria. Neste caso, un conto de Bertolt Brecht, titulado CÉSAR E O SEU LEGIONÁRIO, traducido ao galego-portugués co texto orixinal en alemán na parte inferior.