PRESENTACIÓN DE “UNHA TEMPADA NO PARAÍSO”, DE CLAUDIO RODRÍGUEZ FER, TRADUCIDO EN BRASIL AO PORTUGUÉS POR SATURNINO VALLADARES
O xoves 6 de xuño, ás 20.15 h., será presentada a edición bilingüe galego-portuguesa “Unha tempada no paraíso”, de Claudio Rodríguez Fer, traducida e prologada en Brasil por Saturnino Valladares, quen a editou na Editora Valer de Manaos co título de “Uma temporada no paraíso”. Claudio Rodríguez Fer é autor de máis de medio cento de obras como poeta, narrador, autor teatral e ensaísta. Cultivou a temática erótica dende o seu primeiro poemario (“Poemas de amor sen morte”, 1979) ata o último (“A muller sinfonía”, 2018), pasando por “Tigres de ternura” (1981, Premio da Crítica Española). Reuniu a súa poesía en “Amores e clamores” (2011) e a súa narrativa en “Contos e descontos” (2011). Dirixe a Cátedra Valente de Poesía e Estética na Universidade de Santiago de Compostela e foi profesor universitario en Nova York (onde escribiu parte de “A unha muller descoñecida”), París (onde escribiu parte de “Viaxes a ti”) e Bretaña (onde é Doutor Honoris Causa e publicou en bretón “Moito máis de mil anos”). A súa poesía está traducida a decenas de idiomas. “Uma temporada no paraíso” presentarase na Librería Biblos de Lugo (Rúa Salvador de Madariaga, 1), onde abrirá o acto o libreiro Julián García, ex-alumno do poeta. Este novo volume de poesía traducida ao portugués publicado pola brasileira Editora Valer sucede a Não amanhece o cantor, de José Ángel Valente, anteriormente editado, traducido e prologado tamén polo poeta Saturnino Valladares, profesor da Universidade Federal do Amazonas e doutorado cunha tese sobre Valente dirixida por Claudio Rodríguez Fer. Segundo o tradutor: “Com este livro, a editora Valer introduz, no Brasil, a obra e a personalidade de um dos intelectuais mais transcendentes do rico panorama artístico-literário espanhol, que, como um de seus traços mais caracterizadores, desenvolve sua obra literária em língua galega e que, com a irrupção de sua poesia de signo erótico, renovou a estética da literatura galega”.
A actividade terá lugar o sábado 29 de xuño, na Coruña. A partir das 11:30 horas desenvolverase o programa de actos previsto, que se achega en arquivo anexo.
Como é habitual, remataremos a homenaxe cun xantar de confraternidade que celebraremos no restaurante Domus (Rúa Ángel Rebollo, 91, A Coruña –como chegar-), e cuxo prezo por persoa é de 37€, que se pagará no propio restaurante nunha mesa que habilitaremos ao efecto. As prazas no restaurante son limitadas: agradecemos que fagas a túa reserva canto antes. De estardes interesados/as en asistir ao xantar confirmádenolo chamando até o martes, terza feira, 25 de xuño -inclusive- ao teléfono:
O Iescha, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza o acto de presentación do libro escrito por Manuel Rubiños Ferreiro, “O fusil do santaballés”, que terá lugar o vindeiro venres, 7 de xuño de 2019, na Casa da Cultura de Vilalba, as 20:30 horas e que contará coas intervencións de Manuel Rubiños Ferreiro, Isidro Cillero, Javier Fernández e Marisa Barreiro.
Dende a Concellería de Cultura do Excmo. Concello de Vilalba, fanse públicas as bases para participar no XLV Premio de Poesía do Certame Literario do Concello de Vilalba 2019.
O prazo de admisión dos
traballos remata o día 15/07/2019.
Este venres ás 19:15h na Librería Biblos de Lugo celebrarase a presentación do contacontos chamado A manchas ou a raias? É un conto acerca da tolerancia e dos prexuizos que todos temos na nosa vida. Ensina ós máis pequenos a como non debemos xulgar ós que non se parecen tanto a nós sen pararse antes a coñecelos. Unha aventura nunha selva que separa dous tipos de animais por un río, e, grazas a un pequeno leopoardo aventureiro que atravesa o río, ve que os animais que están a ese lado son iguais que el pero con raias na pel.