por martinho | Oct 4, 2019 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
A YouTuber e escritora coruñesa Isabel Villanueva presenta o seu libro “Palabras da miña vida” en Londres
O evento, organizado pola asociación Rede Galega en UK (REGA-UK), será este domingo no St John´s Hill Centre da capital británica
O
vindeiro domingo, día 6 de outubro, entre as 11,30 e as 13 horas, terá lugar a
presentación do primeiro libro da YouTuber Isabel Villanueva, mais
coñecida coma “Isashopaholic”, no St John´s Hill Centre de Londres [Clapham
Estate, St John’s Hill, London, SW11 1TY]. Trátase dun evento organizado pola asociación
Rede Galega en UK (REGA-UK) en colaboración coa Axencia de Representación da
escritora.
Trala
presentación o 2 de maio na Fnac da Coruña e despois de levar o seu “O galego
mola. Palabras da miña vida” ás feiras mais importantes de Galicia, “Isashopaholic”
da o salto a Londres, cidade pola que ten un agarimo especial.
A
presentación ten entrada libre ata completar aforo. Ademais, servirase café, té
e biscoito caseiro. As persoas que asistan á terán a oportunidade de falar coa
autora, mercar o libro e levalo firmado. Tamén poderán descubrir en primicia
unha pequena mostra da liña de complementos que, baixo a súa marca de
“Isashopaholic” e “O galego mola”, a autora ten previsto lanzar a finais deste
ano.
Isabel
Villanueva Mariño, nacida en Carballo, lánzase ao mundo 2.0 no 2010 cun vídeo en
YouTube. A modo de hobbie ía subindo vídeos variados, de cousas cotiás que lle
gustaba compartir. Pouco a pouco vai medrando en todas as redes sociais, pero
hai dous anos foi cando deu o salto definitivo para dedicarse profesionalmente
á xestión da súa marca persoal “Isashopaholic” e, posteriormente, crea “O
galego mola”, un lugar onde comparte cos seguidores o idioma, lembranzas,
impresións, reflexións, receitas en galego e lugares de Galicia. “O Galego
Mola. Palabras da miña vida” é o seu primeiro libro e foi editado este mesmo
ano por Hércules de Ediciones.
A autora, Isabel
Villanueva, está dispoñible para facer entrevistas.
Contacto: Laura Costoya
Santos 620 12 42 57
por martinho | Sep 30, 2019 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
Hoxe, luns 30 de setembro, comeza Con barqueira e remador. VIII Obradoiro Internacional de Tradución Poética, que conta coa colaboración da AELG no acto que se celebra o vindeiro mércores día 2 ás 20.00 na Casa das Campás: trátase dun recital multilingüe mostra tanto do traballo poético das/os autoras/es participantes como do labor de tradución (ao galego) desenvolto durante o proxecto.
Mañá martes, 1 de outubro, comeza o Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. (Entre)textualidades. Imaxes, textos e outras expresións artísticas, coa conferencia de María Solar Do que eu escribo ao que ti les. Imaxes, interaccións e recursos no proceso narrativo infantil.
Do 1 ao 6 de outubro
terá lugar a Feira Internacional del Libro del Eje Cafetero na cidade de
Pereira (Colombia), unha iniciativa de varias institucións culturais
e empresariais do Departamento de Caldas, á que foi convidado Cesáreo
Sánchez Iglesias en calidade de presidente da AELG, quen desenvolverá un
programa de actividades destinado a difundir a literatura galega.
O sábado 5 comeza un novo obradoiro da da Escola de Escritoras-es da AELG, neste caso da man do Concello de Rianxo. Será impartido por Antón Riveiro Coello, e contará cunha sesión maxistral a cargo de Inma López Silva.
Tamén o sábado terá lugar o primeiro dos Paseos pola Pontevedra literaria. Outono 2019, con título Poden o escritor e a literatura modular sentimentalmente a cidade? guiado por Adolfo Caamaño, a partir das 11.30. Para se inscribir é necesario enviar nome completo a pontevedraliteraria@gmail.com e indicar a que paseos apuntarse.
*Información facilitada desde a Secretaría Técnica da AELG.
por martinho | Sep 22, 2019 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
O vindeiro venres 27 de setembro celebrarase na parroquia de Alba (Vilalba) o evento ALÓ VAI O VERÁN. A primeira festa en Casa Nicanor. Organizado por Casa Nicanor e o IESCHA e coa colaboración do Concello de Vilalba e a Denominación de Orixe San Simón da Costa, contará con distintos apartados:
Poesía, a partir das 19:00h coa participación de Ana Mar Fraga Rábade, Beatriz Dourado, Daniel Irimia, Martiño Maseda co acompañamento á guitarra de Luís Teixeiro.
Foliada, ás 20:30h. con Buxos Verdes.
E, a partir das 22:00h. máis música con barra e petiscos.
Ademais haberá Exposición de fotos antigas de Alba e de Casa Nicanor.
por martinho | Sep 18, 2019 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
En Castiñeiro Milenario comezamos un novo ciclo de teatro. A sétima edición comeza coa obra da compañía A Adala Infantil. A compañia de Foz, composta por rapaces e rapazas van representar “Que cousas pasan no Camiño!”. Será o sábado 21 de setembro ás seis da tarde na Casa do Pobo do Castro (Begonte). A representación está incluída no programa Buxiganga na Deputación de Lugo.
Toda a información podedes atopala na nosa páxina web (https://castinheiromilenario.wordpress.com/2019/09/16/ciclo-de-teatro-a-adala-infantil/)
AC
Castiñeiro Milenario
Pacios, 85 27373 Begonte
http://castinheiromilenario.wordpress.com
https://gl-es.facebook.com/castineiro.milenario
https://twitter.com/CastinheiroMile
https://www.flickr.com/photos/castinheiromilenario/
http://festival27373.wordpress.com/
por martinho | Sep 16, 2019 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
O sábado, 26 de outubro, e coincidindo coa celebración do MAGOSTO, terá lugar a partir das 15 horas a II Toma Cultural da Torre do Caldaloba.
O acto, organizado pola Asociación Sociocultural de Pino e Culturalia GZ, comezará, ao redor das 15:00 h., cunha andaina desde o local social da Asociación Cultural de Pino ata chegar ao carón da mesma Torre do Caldaloba.
Alí sucederanse diversas intervencións, tanto de veciños da propia parroquia de Pino coma de persoas convidadas. Nesas intervencións agromará a historia, a poesía, a lenda… a cultura coa reivindicar este símbolo do patrimonio chairego.
Á volta, desde o lugar de Caldaloba ata o local social de Pino, quen o desexe poderá gozar coa xa mencionada celebración do MAGOSTO a partir das 21:00h.
por martinho | Sep 14, 2019 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
Durante os meses de setembro e outubro de 2019, na Biblioteca Municipal de Vilalba, dentro do programa LER CONTA MOITO, realizaranse as seguintes actividades:
BOLBORETAS. Un espectáculo de Soledad Felloza. Venres, 20 de setembro ás 18:00h. Público infantil.
Narración oral para adultos. Con Paula Regueiro e Lucía L. Golán. Terá lugar o venres 27 de setembro ás 20:00h. Público adulto.
Diversidade sexual na adolescencia: un obradoiro de Eli Ríos. Venres, 4 de outubro ás 19:00h. Público xuvenil.
*Información facilitada desde a área de Comunicación do Concello de Vilalba.