por martinho | Nov 14, 2019 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
A Asociación Cultural Avelino Díaz desenvolverá o sábado, 16 de novembro de 2019, un programa de actividades que conmemorarán o 122º aniversario do nacemento de Avelino.
O programa consta de dúas conferencias impartidas, respectivamente, polos lingüistas Bernardo Penabade e Antón Santamarina, sobre diferentes aspectos da obra poética e xornalística de Avelino Díaz.
A actividade completarase cun recital poético de Teresa Ramiro e de Antom Laia, e coa intervención musical do Cuarteto de Saxofóns da Banda de Música de Meira.
O acto desenvolverase na Casa da Cultura de Meira.
Máis información en www.poetaavelinodiaz.gal
por martinho | Nov 4, 2019 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
Estas son as actividades que propón a AELG durante a semana do 4/11 ao 10/11:
Informamos de que xa está aberto o prazo de inscrición da IV Xornada da Sección de Literatura Dramática. Cartografías da palabra en acción, a celebrar na Coruña o 23 de novembro, sábado. Tamén de que seguen en desenvolvemento tres obradoiros de creación literaria da Escola de Escritoras-es da AELG, en San Sadurniño, Rianxo e Pontevedra.
*Información facilitada desde a Secretaría Técnica da AELG.
por martinho | Oct 31, 2019 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
O IESCHA organiza, en colaboración co Concello de Vilalba e a Deputación de Lugo, o IV OUTONO DE TEATRO, con funcións que terán lugar no Auditorio Municipal de Vilalba ao longo do mes de novembro. E a entrada será totalmente de balde.
Velaí o cartaz e a nota informativa.
*Información facilitada polo IESCHA.
por martinho | Oct 30, 2019 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
O IEU participa con diferentes actividades nas feiras comarcais máis destacadas, como as Feiras do Libro, Feiras do Queixo da Ulloa, Feira dos Bicos. E non podía faltar na feira das feiras que é a de Santos de Monterroso (1 de novembro de 2019). Este ano organizan, en colaboración co Concello de Monterroso, os Cantares de Cego, recuperando unha vella tradición e a idiosincrasia da feira monterrosina. Contarán coa actuación do socio, o escritor, poeta e cantor Toño Núñez; do animoso acordeonista Xosé Manuel Miguélez de Santo Xusto; e do pícaro máis ocorrente, Brais Gayoso. Tres personaxes que darán moito que falar. As actuacións, como se facía tradicionalmente, non terán lugar nun espazo único nin a unha hora determinada, senón que os actores percorrerán a feira, e alí onde haxa un lugar axeitado e concorrido interpretarán os seus romances. Unha cita imprescindible.
Máis infomación en http://ieu.gal/actuacions/
por martinho | Oct 29, 2019 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
Este vindeiro sábado 2 de outubro a partir das 20:30 h. no Auditorio Municipal de Vilalba representarase a peza BERNARDA Vilalba 1975, coas actrices Celia González, Luisa Merelas e Esther Aja.
No seguinte enlace ofrécese información do devandito evento cultural.
*Información facilitada pola área de Comunicación do Concello de Vilalba.
por martinho | Oct 29, 2019 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
Celebrando o Samaín
Tal e como fixemos o ano pasado, este 31 de outubro celebraremos o
Samaín polas parroquias de Pacios e Baamonde. Se te queres unir á nosa
“Santa Compaña”, quedaremos en Pacios sobre ás oito e media, e terás
que vir cunha roupa axeitada para o ocasión: as mulleres, de negro e pano na
cabeza, como se fose de loito; os homes, igualmente de negro. Tamén se pode ir
de túnica negra ou similar. Iremos entonando unha “terrorífica”
canción, adaptada para a ocasión pola nosa querida “meiga”, Branca
Villares.
+info en https://castinheiromilenario.wordpress.com/2019/10/25/celebrando-o-samain-2019/
Touporroutou na 2ª xornada do 7º Ciclo de
teatro.
Despois dalgúns problemas, temos a data definitiva para esta
segunda representación do cilo de teatro. A compañía de Foz, Touporroutou, vai
representar a obra “Comedia Bífida” na Casa da Cultura en Begonte a partir
das sete da tarde. Unha obra para público familiar sobre o emprego da nosa
língua.
+info en https://castinheiromilenario.wordpress.com/2019/10/28/7o-ciclo-de-teatro-touporroutou/
AC Castiñeiro Milenario
Pacios, 85 27373 Begonte
http://castinheiromilenario.wordpress.com
https://gl-es.facebook.com/castineiro.milenario
https://twitter.com/CastinheiroMile
https://www.flickr.com/photos/castinheiromilenario/
http://festival27373.wordpress.com/