Poetas coma Pilar Maseda, Ana Mar Fraga Rábade, Beatriz Dourado, Adolfina Mesa, Montse González Álvarez, Branca Villar, Emilia Martínez Fuentes, Daniel Irimia, Xesús Bermúdez, Luís Teixeiro (e outros nomes aínda por confirmar) achegarán os seus versos para solidarizarse na causa contra o cancro. Ademais traerán cadanseu libro que servirá de agasallo, despois do pertinente sorteo das entradas entre as persoas asistentes.
As entradas terán un prezo de 5 €, agás para as persoas menores de 12 anos, que entrarán de balde. A adquisición de ditas entradas pode facerse a través da Asociación de Veciños de Nete.
1º Premio para Unha fraga de laios, de Mariña Maceiras Segovia (Pontevedra), “pola delicada inxeleza dos seus versos, o realismo e a emotividade destes e a chamada ao espertar das conciencias que supoñen na súa aposta ecopoética”.
2º Premio para E sigo pensando en ti, de Sandra Rodríguez Macía (Monforte de Lemos), “polo acerto do seu marcado ton intimista, que poetiza un pasado doloroso e é quen de alumar con esperanza un futuro no que non se esquecen os lazos afectivos doutrora”.
Categoría 2 (de 18 anos en diante)
1º Premio para Hora de penumbra, de Xurxo Alonso (Vilagarcía de Arousa), “onde se estimou a solidez da arquitectura versal, as poderosas imaxes e símbolos que deitan os poemas e a forrza dos símbolos empregados nun discurso que visita os grandes temas do ser humano (o pasar do tempo, a morte, o amor, a orfandade, a procura da esperanza) con ollada renovada e amplo caudal de intertextualidades”.
2º Premio para De casa queimada, de Iria Collazo López (Pontevedra), no que “salienta a habelencia no manexo das lerias da infancia e as visitacións do amor e o desamor nunha estética que ancora no neosurreal e que pon a voz poética ao servizo da intención dos sentimentos”.
A entrega dos premios terá lugar o vindeiro 14 de decembro no local social de Pino, lugar xeográfico onde se sitúa a emblemática Torre de Caldaloba.
Antes, o 5 de decembro, a partir das 18 horas no Museo das Aves de Cospeito, celebrarase o acto de presentación dos poemarios gañadores na I edición deste Certame poético chairego: Caldaloba en Terras de Valverde, de Xesús Rábade Paredes e Na pel das árbores do vento, de Paulino Peña, publicados baixo o selo editorial de Alvarellos Editora.
Culturgal é a Feira da actividade cultural en Galicia; unha cita de referencia que en 2019 se celebra do 29 de novembro ao 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra co lema “Dálle unha volta á Feira!”. Durante 3 días a Feira presenta un programa de actividades que se espallan polos diferentes escenarios: Carpa, Libro, Foro, Familiar, Audiovisual, Arte Contemporánea. En total, máis de cen actos e actividades nunha programación que se constrúe coas propostas de empresas, artistas e institucións. Milleiros de persoas gozan cada ano dunha Feira que, cunha entrada a prezo popular, permite descubrir que é o se fai e que é o que vai vir no ámbito cultural en Galicia. Culturgal conta co apoio da Xunta de Galicia, Concello de Pontevedra, Deputación de Pontevedra e Ministerio de Cultura.
O sábado, 30 de novembro, último Paseo pola Coruña Literaria Outono 2019, que Antonio Sandoval guiará con título As naturezas da Torre. Percorreremos os campos que rodean a Torre de Hércules para coñecer a súa rica biodiversidade, que motivou a súa declaración como Espazo Natural de Interese Local. Tamén charlaremos acerca dalgunhas das súas lendas e, en particular, sobre un poema moi especial, así como sobre a literatura de natureza, un xénero en auxe e cada vez máis necesario. Ademais escoitaremos o vento, o mar e uns cantos paxaros! A inscrición pódese facer en Normalización Lingüística, no Centro Ágora, chamando ao 981 184 200 ext. 34322 (a partir das 9:00 h, en calquera dos casos) e no correo lingua@coruna.es.
Seguen en desenvolvemento tres obradoiros de creación literaria da Escola de Escritoras-es da AELG, en San Sadurniño, Rianxo e Pontevedra.
*Información facilitada desde a Secretaría Técnica da AELG.
O vindeiro venres, 22 de novembro ás 21 h., celebrarase en Santervás de Campos un Filandón Póetico, co gallo de conmemorar os 175 anos da queima do Priorato situado no referido lugar de Valladolid.
Evento patrocinado polo propio Concello de Santervás de Campos, contará coa presenza de poetas procedentes desde Galicia, Asturias, León, Valladolid, Burgos, Palencia e Salamanca. E a colaboración de Juan Márquez.
*Información facilitada pola Ágora de Poesía de León.
Hoxe luns abre o prazo para se inscribir no último Paseo pola Coruña Literaria Outono 2019, o que Antonio Sandoval guiará o 30 de novembro con título As naturezas da Torre. Percorreremos os campos que rodean a Torre de Hércules para coñecer a súa rica biodiversidade, que motivou a súa declaración como Espazo Natural de Interese Local. Tamén charlaremos acerca dalgunhas das súas lendas e, en particular, sobre un poema moi especial, así como sobre a literatura de natureza, un xénero en auxe e cada vez máis necesario. Ademais escoitaremos o vento, o mar e uns cantos paxaros! A inscrición pódese facer en Normalización Lingüística, no Centro Ágora, chamando ao 981 184 200 ext. 34322 (a partir das 9:00 h, en calquera dos casos) e no correo lingua@coruna.es.
Continúan de Encontros no Ensino co apoio do Concello da Coruña: o martes 18 Antía Yáñez visitará o IES A Sardiñeira, e Séchu Sende o IES de Elviña o xoves 20.
Tamén o sábado rematan os Paseos pola Pontevedra literaria. Outono 2019 co titutulado A cidade imaxinada: unha memoria familiar, que guiará MN Soutelo a partir das 11.30. Para se inscribir é necesario enviar os seus datos (nome completo, enderezo e correo electrónico) a pontevedraliteraria@gmail.com e indicar a que paseos queren apuntarse a partir do 25 de setembro. A inscrición farase por orde de chegada ao correo electrónico. Prazas limitadas: 50 persoas.
Seguen en desenvolvemento tres obradoiros de creación literaria da Escola de Escritoras-es da AELG, en San Sadurniño, Rianxo e Pontevedra.
*Información facilitada desde a Secretaría Técnica da AELG.