O sábado 4 de setembro de 2021, ás 12:00 h., na entrada da Casa da Cultura de Vilalba celebrarase o acto de inauguración da escultura de MANUEL MARÍA, realizada polo canteiro JOSÉ GÓMEZ DE BERNARDO e doada ao pobo de Vilalba polo Instituto de Estudos Chairegos.
O Instituto de Estudos Chairegos “Pena do Encanto” (Iescha), en colaboración co Concello de Vilalba, e Seráns Teatrais”, dentro do ciclo “ convocado pola Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Deputación de Lugo, organiza a representación da adaptación da obra de Federico García Lorca, POETA EN NOVA YORK, a cargo do grupo TEATRO BAIXO DA AREA, de Lugo. Terá lugar o vindeiro xoves 26 de agosto de 2021, ás 22:30 horas, no patio exterior do CEIP MANUEL MATO VIZOSO de Vilalba, realizándose a entrada exclusivamente pola porta da pista de baloncesto. A entrada é gratuíta, pero o aforo estará limitado a 90 persoas por orde de inscrición, que terá que ser realizada enviando un correo electrónico a produtora.palomalugilde@gmail.com co nome, apelidos e número de teléfono das persoas que desexen asistir, recibindo confirmación polo mesmo medio. A obra está recomendada a partir de 16 anos. Se o tempo non acompañase, a representación levaríase a cabo no pavillón do mesmo colexio.
Comentario Teatro Baixo da Area presenta unha adaptación teatral de Poeta en Nova York de Federico García Lorca, unha obra permanentemente moderna e de irremediable actualidade, nunha proposta escénica contemporánea, abordando as temáticas e os conceptos presentes no poemario dende a experimentación e a honestidade. Viaxaremos con Lorca por un Nova York nada lonxano aos temas actuais da nosa sociedade, vinculándoos coa nosa realidade actual e recollendo a súa labor de denuncia dende o noso compromiso social. (…) O espacio escénico desenvólvese en 360 graos co público no escenario.
Nota.- Terase en conta a normativa sanitaria derivada da situación de pandemia que en cada momento se estableza.
Frustrarse ante o boureo da realidade. Anubrarse ante a construción da distopía. Contristarse fronte á teima da deriva infame, que insiste no aplauso do superfluo, no desprezo da beleza.
Decaer.
E porén, abraiarse ante a vida, que agroma, verdadeira, nun incesante exercicio de optimismo.
Outes acolle o espectáculo ‘O retorno dos homes mariños’ de Xurxo Souto
A sesión será este venres, 13 de agosto, na terraza do Naútico do Freixo a partir das 21 horas
A entrada é gratuíta pero para asistir cómpre reservar por adiantado en cultura@outes.gal
Este venres, 13 de agosto, os amantes das historias teñen unha cita con Xurxo Souto e ‘O retorno dos homes mariños’ en Outes. A función, dirixida ao público adulto, será na terraza do Náutico do Freixo a partir das 21 horas. O espectáculo é gratuíto pero para asistir cómpre reservar por adiantado no correo cutura@outes.gal. A actividade, organizada polo Festival Atlántica, é posible grazas á Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e mais o Concello de Outes.
Neste sesión de contos Souto rescata un mito coruñés esquecido: o dos homes mariños. E quen sabe máis ca ninguén sobre eles? A señora Laura, a sabia do mar, e mais Mercedes, a heavy que traballa nun téxtil e soña con marchar polo mundo co seu grupo de música.
Xurxo Souto autodefínese como “terrícolo redondo”. É escritor, cantante, acordeonista, actor, director e locutor galego. Entre 1990 e 2001 foi o líder e vocalista da banda de rock en galego Os Diplomáticos de Monte Alto. Entre as súas novelas figuran ‘Contos do mar de Irlanda’ (Xerais, 2014) e a novela ‘A gran travesía de Chiruca Macallás’ (Xerais, 2018). ‘O retorno dos homes mariños’ (Xerais, 1999, 2020) foi a súa primeira novela e vén de ser reeditada no 2020 coincidindo cos vinte anos da súa publicación.
IX edición do Festival 27373 de música en galego, una edición en formato reducido pola pandemia provocada polo COVID-19, e que foi argallada nun tempo récord.