Arte contemporánea cos cinco sentidos no Museo de Estrella Galicia para celebrar o Día Internacional dos Museos

O apoio ao talento novo e de orixe galega estivo sempre no ADN de Estrella Galicia e así se amosa unha vez máis con Arte cos 5 sentidos, o plan de MEGA para celebrar o Día Internacional dos Museos. Como cada ano, este 18 de maio, os espazos expositivos de todo o mundo organizarán accións especiais para festexar o seu gran día, cuxa temática, este 2022, xira arredor do poder dos museos. MEGA traslada a efeméride á fin de semana para facilitar o acceso a todos os públicos cun novidoso programa.

Así, o domingo 22 de maio, o Museo de Estrella Galicia transformarase, por primeira vez, durante todo un día, nun espazo consagrado á arte contemporánea máis innovador. En colaboración co Festival Intersección, MEGA seleccionou a catro novos talentos para reinterpretar ás súas salas con obras de arte audiovisual de vangarda. Arte cos 5 sentidos consistirá nunha xornada de portas abertas, de acceso gratuíto, durante a cal o museo converterase nun lugar aberto á creación audiovisual máis punteira con catro intervencións artísticas que fusionan arte, gastronomía e cervexa.

O devandito domingo 22 de mayo, de 10.30 a 20.00h, o público poderá desfrutar no MEGA das intervencións artísticas dos galegos Lúa Gándara, David Fidalgo, Colectivo Mariola e David Catá, mentres degusta durante o seu paseo por cada sala intervida, catro variedades de cervexa 1906 e catro pratos ideados especialmente para a ocasión, nunha maridanza perfecta de ideas, sensacións e emocións dunha hora e media de duración. As invitacións para asistir a este novo evento MEGA, Arte cos 5 sentidos están xa dispoñibles a través da páxina web do museo www.mundoestrellagalicia.es

UNHA MARIDAXE CON ARTE PARA UNHA INMENSA MINORÍA

Catro novos talentos intervirán en catro salas do MEGA (Orixes, Familia, Silo e Así somos) cunha obra de arte audiovisual contemporánea. Nesta novidosa combinacións, os visitantes poderán gozar das participacións artísticas ao tempo que saborean catro cervexas da casa e catro pratos namentres contemplan as creacións. A entrada -unha oportunidade única para ver o MEGA con outros ollos e coñecer a eses catro talentos e as súas creacións- inclúe:

Unha visita de 90 minutos ás catro salas intervidas polos artistas:

  •  Lúa Gándara coa súa obra Arredor.
  •  David Fidalgo coa súa obra TT.
  •  Colectivo Mariola (Cristina Chiarroni e Roquekes) coa súa obra A.
  •  David Catá coa súa obra Origen.

MÁIS INFORMACIÓN E RESERVA DE ENTRADAS PARA ‘ARTE COS 5 SENTIDOS’

Para acceder a MEGA e celebrar cun evento inesperado o Día Internacional dos Museos, o domingo 22 de maio, en sesións de 90 minutos para un máximo de 14 persoas, cunha experiencia de maridaxe de arte, gastronomía e cervexa, entre as 10.30 e as 20.00h, será necesario reservar previamente as invitacións a través da web do Museo (entrada gratuíta ata completar o espazo): https://mundoestrellagalicia.es/eventos/arte-con-los-5-sentidos/

*Inforamción facilitada polo MEGA

Convocatoria do II Certame de Debuxo Infantil A TÚA CALDALOBA

A Asociación Recreativa e Cultural de San Martiño de Pino convoca, en colaboración con Caldaloba.es e Culturalia GZ, e co apoio da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Cospeito, o II Certame de Debuxo Infantil “A túa Caldaloba”.

A continuación as BASES que rexerán dito certame

Descargar BASES

Descargar Autorización Menores

Convocatoria do II Certame de Caligramas CONSTANZA DE CASTRO

A Asociación Recreativa e Cultural de San Martiño de Pino convoca, en colaboración con Caldaloba.es e Culturalia GZ, e co apoio da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Cospeito, o II Certame de Caligramas “Constanza de Castro”.

Velaquí as BASES que rexerán dito certame

Descargar BASES

Descargar Autorización Menores

CASTIÑEIRO MILENARIO celebra os Maios e a foliada de primavera

Despois de tres longos anos, volven as foliadas a Castiñeiro Milenario.

Logo destes anos tan duros para todo o mundo, tamén para o mundo da cultura, queren deixar atrás este inverno de pandemia e festexar a volta da máis fermosa das primaveras e buscan facelo como lles presta na asociación, celebrando a vida cos Maios e con música tradicional.

O sábado 7 de maio, a partir das seis da tarde no local do Pobo da Asociación Veciñal do Castro, guiados por Branca Villares realizarán un maio, fermoso e florido, para dicir ata nunca a este longo inverno e saudar a entrada da primavera. Despois do maio contarán con Xes O Mago, un rapaciño que engaiolará cos seus trucos e que vai a actuar por primeira vez en público, algo que, sen dúbida, nos enche de orgullo e satisfacción.

Ao remate haberá uns petiscos para repoñer forzas e encarar a primeira foliada postpandémica na que contarán con Foliadeir@s do Castro, a presentación de Treitoira e despois, foliada libre.

Dadas as circunstancias especiais aconsellan intentar gardar as distancias de seguridade e o uso do tapabocas no interior do local, aínda que a idea é facer a maior parte da festa no exterior.

*Información facilitada pola asociación Castiñeiro Milenario.