HENKO. A mirada de Miguel Díaz
Título: XEADA
Percorrer, entre a néboa pingona, o estrondo que te despraza, que te desemboca no abismo da desmemoria. Que converte en cinza os últimos anacos dun amor espido que baila na xeada.
Título: XEADA
Percorrer, entre a néboa pingona, o estrondo que te despraza, que te desemboca no abismo da desmemoria. Que converte en cinza os últimos anacos dun amor espido que baila na xeada.
Quen son eu? Primeiro adianto do que será o novo disco de García Mc
Un marcado estilo chill renova por completo a sonoridade do artista. Dende hoxe podedes escoitalo en todas as plataformas.
Quen son eu? é o novo sinxelo de García Mc (a partir de hoxe dispoñible en todas as plataformas) e o inicio do que será o seu novo disco autobiográfico que levará por nome Sergio Manuel, o seu verdadeiro nome, e co que repasará, en septenios, a súa vida ata a actualidade.
Quen son eu? permite coñecer unha nova versión de García Mc. Un estilo novo, drill (un subxénero do trap), no que o artista non afondara con anterioridade, con máis dureza e ritmos diferentes, co que o cantante tivo que reinventar a súa forma de rapear, xa que García ven de facer un rap máis clásico e tivo que reaprender a deslizarse por un ritmo dun xeito totalmente diferente, o que foi unha experiencia de aprendizaxe total para el. É unha rítmica completamente nova coa súa forza habitual.
Quen son eu? fai referencia á gran cuestión da adolescencia e xira arredor dalgunhas partes dese período do artista.
Se a todo isto lle sumamos a colaboración na produción de Iago Pico, un gran profesional no tratamento da voz, especialista en gravación e efectos especiais, fan da canción un single moi especial en todos os sentidos.
En Quen son eu? hai unha colaboración moi especial de Xisco Feijoó. Para García era a persoa perfecta pola súa voz, a súa estética e a súa capacidade de mesturarse con mundos diferentes para cantar e tocar a pandeireta no estribillo da canción e facela diferente.
XiscoFeijoó é un artista, cantante, bailarín, coreógrafo, presentador de televisión e profesor premiado, ademais de coordinador da sección de canto da OFG SondeSeu.
Quen son eu? acompáñase tamén da estrea do videoclip que mestura a voz e a imaxe de García Mc, coa voz e os bailes de Xisco Feijoó, vestido de gala tradicional polas rúas e o Museo Marco de Vigo. “Pasado, presente e futuro na danza do tempo”, así o define o propio García Mc.
*Información facilitada por PlayPlan Cultural
A Casa Museo Picasso acollerá a partir do venres 28 a exposición ‘El Guernica: una viñeta universal, humor en la oscuridad’, con obras de Mingote, Quino, Gallego y Rey ou Flavita Banana; e esa mesma tarde Siro López participará na conversa ‘Picasso e a caricatura’
A plataforma Movistar Plus+ colabora co EMHU a través da presentación do programa ‘Showriano’, con Eva Soriano, e que contará con Leo Harlem como convidado
O alumnado da Escuela de Impro Coruña actuará o sábado 29 de abril en Afundación, mentres que a Banda Municipal de Música da Coruña ofrecerá o 4 de maio un concerto especial de ‘La banda sonora de nuestra risa’ que contará con Luis Piedrahita como narrador
As invitacións para asistir aos espectáculos que conforman a programación paralela do EMHU pódense retirar gratuítamente desde hoxe a través da web oficial www.emhu.es
O Encontro Mundial de Humorismo desvela o programa completo da súa terceira edición coa presentación das actividades paralelas, as escolma de propostas de acceso libre ou mediante retirada gratuíta de convite e que terán lugar durante a celebración do evento, entre os días 28 de abril e 7 de maio, na Coruña. A exposición El Guernica: una viñeta universal, humor en la oscuridad, a conversa Picasso e a caricatura, unha sesión de improvisación co alumnado da Escuela de Impro Coruña, o concertoLa banda sonora de nuestra risa, conducido por Luis Piedrahita e coa interpretación da Banda Municipal da Coruña, e a presentación do programaShowriano, con Eva Soriano, súmanse á programación do EMHU 2023.
O director artístico do EMHU, Luis Piedrahita, deu a coñecer esta mañá a programación paralela do evento. Fíxoo desde o Pazo de María Pita, na Coruña, onde ofreceu unha rolda de prensa acompañado pola alcaldesa da cidade, Inés Rey; o delegado da Xunta de Galicia na provincia, Gonzalo Trenor; e a responsable de Cultura, Orixe e Proximidade de Hijos de Rivera, Goretti Castro. No acto tamén estiveron presentes artistas que participarán na nova edición do EMHU. É o caso de Carmen Méndez, Javier Veiga, Ledicia Sola, Marta Doviro, Oswaldo Digón e Xosé A. Touriñán.
A programación paralela do EMHU 2023 comezará na propia xornada inaugural do evento. O venres 28 de abril, antes da estrea en Galicia deBuenismo Show, a Casa Museo Picasso acollerá a apertura da mostra El Guernica: una viñeta universal, humor en la oscuridad. Co gallo da celebración do 50º cabodano do pintor, o EMHU, o Instituto Quevedo del Humor e o Concello da Coruña impulsan unha exhibición que conta con traballos de Mingote, Quino, Gallego y Rey ou Flavita Banana, entre outras sinaturas. A través dos cadriños, achegan a súa visión e ideas sobre o bombardeo histórico plasmado por Picasso nunha das súas obras máis universais. A exposición poderase visitar até o 30 de xuño no horario habitual do recinto municipal. Esa mesma tarde, a partir das 19:00 horas, Siro Lópezofrecerá un parladoiro nomeado Picasso e a caricatura, na que o humorista gráfico, a través do seu propio arquivo, porá sobre a mesa a relación do malagueño con esta arte. A cita, ao igual que a exposición, será de acceso libre.
Ao día seguinte, o sábado 29, a sede de Afundación acollerá un espectáculo de improvisación -de acceso libre até completar a capacidade do auditorio- creado polo alumnado do curso de nivel avanzado da Escuela de Impro Coruña, entidade dirixida por Víctor Grande e Oswaldo Digón. Precisamente Digón será un dos humoristas de Galicia que, no marco do EMHU 2023, estree unha nova peza: a cita coa súa Ansia Viva, na que estará acompañado polo músico Luis Tinaquero, chegará o xoves 4 de maio ao auditorio de Afundación. Un día antes, o mércores 3, e tamén no mesmo recinto, terá lugar a estra absoluta de As R(h)umorosas, unha creación colectiva de Carmen Méndez, Ledicia Sola e Marta Doviro na que as cómicas, a través da comedia, a música e a poesía, imaxinarán e darán voz a algunhas mulleres galegas ilustres. As entradas para estas dúas funcións, incluídas na programación de pago do evento, están dispoñibles en www.emhu.es.
A programación paralela do EMHU 2023 inclúe tamén unha nova edición do concerto La banda sonora de nuestra risa, unha propuesta singular na que o EMHU e a Banda Municipal de Música da Coruña unen forzas, por segundo ano consecutivo, para ofrecer un espectáculo musical na que a risa estará garantida. Se no 2022 a banda percorreu grandes momentos musicais da historia do cinema ou da televisión, desta quenda, baixo a dirección de Juan Miguel Romero Llopis e acompañada de novo por Luis Piedrahita como mestre de cerimonias, a agrupación reinterpretará himnos xeracionais que, grazas ao humor do director artístico do EMHU, non deixarán indiferente ao público. O acceso ao concerto, que terá lugar o xoves 4 de maio a partir das 19:30 horas no Teatro Colón, será gratuíto previa retirada de convite a través da web www.emhu.es.
Presentación de ‘Showriano’ no EMHU 2023
Entre as novidades desta edición do EMHU, está a participación, como plataforma colaboradora, de Movistar Plus+, unha vinculación que se traduce na presentación do novo programa Showriano, conducido pola cómica Eva Soriano. Na súa cita coruñesa, que terá lugar o venres5 de maio no Teatro Colón, Soriano contará con Leo Harlem como convidado, entre outras sorpresas. Precisamente ambos humoristas serán protagonistas, xunto con Sílvia Abril e Ana Morgade, da nova gala exclusiva do EMHU que se estreará o sábado 6 en Palexco: Animus Iocandi (19:00 e 22:00 horas). As invitacións para asistir á presentación de Showriano pódense retirar, desde este luns, en www.emhu.es.
EMHU 2023
A terceira edición do Encontro Mundial de Humorismo celebrarase na Coruña do 28 de abril ao 7 de maio. O evento, promovido polas produtoras Etiqueta Negra (Galicia) e El Espectador (Madrid), e que conta co apoio do Concello da Coruña, Xunta de Galicia e Estrella Galicia, reunirá durante dez días na cidade herculina os espectáculos a as figuras máis destacadas da comedia a nivel estatal. Moitas delas actuarán en producións únicas, creadas exclusivamente para o EMHU. É o caso de Humoris Causa, que este ano xuntará a Eva Hache, Dani Rovira, Javier Cansado e Xosé A. Touriñán sobre o escenario do Pazo da Ópera o 29 de abril; da nova gala Animus Iocandi,coa que o EMHU regresará ao Palexco para que o público escache coa risa da man de Ana Morgade, Eva Soriano, Leo Harlem e Sílvia Abril; ou de Fantastic Colofon, a gala de peche do evento, que nesta ocasión contará con Carolina Iglesias, Pantomima Full e co director artístico do EMHU, Luis Piedrahita, sobre as táboas do Teatro Colón.
O Encontro Mundial de Humorismo contará na súa programación troncal con algúns dos espectáculos en xira máis demandados polo público neste momento. É o caso de Buenismo Show, cuxa estrea en Galicia terá lugar o 28 de abril no marco do EMHU; ao igual que La capital del pecado 2.0 de Juan Dávila, cuxa función está programada para o 1 de maio; ou Estirando el chicle desde un castillo, un programa especial do podcast presentado por Carolina Iglesias e Victoria Martín que se gravará, ao vivo, na tarde do 30 de abril desde o Castelo de Santo Antón. Ademais, entre as propostas que se poderán ver na Coruña, están Sin datos no hay paraíso (29 de abril), cos ‘influencers’ Animalize21, Car de Lorenzo, El Cejas e Xurxo Carreño; La comedia salvó mi vida, con Ignatius Farray (30 de abril); La Ruina, o show de Ignasi Taltavull e Tomàs Fuentes (6 de maio); y Garabato controlado (5 de maio), cita que suporá a estrea en España do novo espectáculo do arxentino Juan Barraza.
O EMHU tamén será o espazo no que se celebren dúas estreas absolutas de producións galegas: As R(h)umorosas, de Carmen Méndez, Ledicia Sola e Marta Doviro, e Ansia viva, de Oswaldo Digón e o músico Luis Tinaquero. Tamén conta con selo galego o filme Amigos hasta la muerte, a adaptación cinematográfica que dirixe Javier Veiga sobre a obra teatral e que se proxectará, antes da súa chegada ás salas, o domingo 30 de abril no Teatro Colón. A exhibición da película estará acompañada dunha breve conversa e espectáculo que contará coa participación de Marta Hazas, David Amor, Xosé A. Touriñán e do propio Veiga.
HORARIOS PROGRAMACIÓN EMHU 2023
Venres 28 de abril
18:30 horas | Casa Picasso: El Guernica: una viñeta universal, humor en la oscuridad (apertura)19:00 horas| Casa Picasso: Picasso e a caricatura (acceso libre ata completar capacidade)
21:30 horas | Teatro Colón: Buenismo Show (estrea en Galicia)
Sábado 29 de abril
12:30 horas | Afundación: Escuela de Impro Coruña (acceso libre ata completar capacidade)
17:00 horas | Teatro Colón:Sin datos no hay paraíso
19:00 horas | Pazo da Ópera:Humoris Causa
22:00 horas | Pazo da Ópera:Humoris Causa
Domingo 30 de abril
16:00 horas | Castelo de Santo Antón:Estirando el chicle en un castillo
18:00 horas | Teatro Colón: Ignatius Farray: La comedia salvó mi vida
20:30 horas | Teatro Colón: Amigos hasta la muerte
Luns 1 de maio
19:30 horas | Teatro Colón: Juan Dávila: La capital del pecado 2.0 (estrea en Galicia)
Mércores 3 de maio
19:30 horas | Afundación: As R(h)umorosas(estrea absoluta)
Xoves 4 de maio19:30 horas | Teatro Colón: La banda sonora de nuestra risa (gratuíta previa retirada de convite en emhu.es)
21:00 horas | Afundación:Ansia viva(estrea absoluta)
Venres 5 de maio
19:30 horas | Afundación: Juan Barraza: Garabato controlado (estrea en España)
21:00 horas | Teatro Colón:Showriano (gratuíta previa retirada de convite en emhu.es)
Sábado 6 de maio
12:30 horas | Teatro Colón: La Ruina
19:00 horas | Palexco: Animus Iocandi(estrea absoluta)22:00 horas | Palexco: Animus Iocandi
Domingo 7 de maio
20:00 horas | Teatro Colón: Fantastic Colofon
Palas de Rei e Larouco acollerán o ‘Proxecto Lugares’, unha iniciativa para transformar o espazo público do Camiño de Santiago, dun xeito sostible, a través da arquitectura da paisaxe, do deseño e da artesanía
A Xunta de Galicia e a Fundación “La Caixa” impulsan este novo programa enmarcado no cumprimento do Pacto Verde Europeo, que se desenvolverá o vindeiro mes de abril nas comarcas de Ulloa e Valdeorras a través dun seminario e dun taller
‘Proxecto Lugares’ propón a integración das comunidades locais á hora de deseñar solucións paisaxísticas e arquitectónicas sostibles, con materiais naturais e de proximidade, que se poderán implantar no territorio
Arquitectas como Izaskun Chinchilla ou María Fandiño, artesás como Verónica Moar ou Inés Rir, e as comunicadoras Anatxu Zabalbeascoa e Ariadna Cantis, entre outras, participarán nos espazos de encontro e debate do proxecto


O Castelo de Pambre, na localidade luguesa de Palas de Rei, acolleu esta mañá a presentación do Proxecto Lugares, unha nova iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia, e pola Fundación “La Caixa” coa intención de poñer en valor e transformar, dun xeito sostible, o espazo público dun dos itinerarios máis transitados no mundo: o Camiño de Santiago. O proxecto, enmarcado no cumprimento do Pacto Verde Europeo tanto polo seu debate central como polas súas solucións paisaxísticas e arquitectónicas para o territorio, e que terá presente tanto á veciñanza dos lugares coma ás persoas peregrinas, levarase a cabo nas comarcas de Ulloa e Valdeorras esta primavera.
A presentación desta mañá contou coa participación da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; do alcalde de Palas de Rei, Pablo José Taboada Camoira; da responsable territorial da Fundación “La Caixa”, Susan Santos; e da comisaria do Proxecto Lugares, Natalia Balseiro. No acto déronse a coñecer os principais eixes de traballo da iniciativa así como a programación pública de eventos. É o caso do seminario que reunirá no Castelo de Pambre os días 18 e 19 de abril a figuras recoñecidas de ámbito galego e estatal, como as arquitectas Ana Amado, Izaskun Chinchilla, Maé Durant, María Fandiño -Premio Nacional 2022-, Carlos Pita ou Carlos Seoane, entre outras; as artesás Verónica Moar, Julia de la Cal, Inés Rir e Santiago Besteiro; as deseñadoras Amalia Puga e Uqui Permui ou as comunicadoras Anatxu Zabalbeascoa e Ariadna Cantis. Tamén participarán persoas expertas vinculadas ao mundo da paisaxe, como Amparo Maroño, Paola Sangalli e Pedro Calaza, ou investigadoras do espazo rural, coma a artista Estella Julian, ou o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade.
Unha vez finalicen estas xornadas, a localidade ourensá de Larouco acollerá do 20 ao 22 de abril un taller aberto entre as comunidades locais e un grupo de participantes no seminario para imaxinar e desenvolver a maqueta ou prototipo dunha posible intervención no espazo público. Durante estes días realizaranse visitas e paseos polo territorio para identificar os lugares sobre os que as e os asistentes traballarán de forma colaborativa.
Unha mirada transdisciplinar sobre o Camiño de Santiago
O Proxecto Lugares é unha iniciativa de pensamento contemporáneo, aprendizaxe e intervención na paisaxe desde unha mirada transdisciplinar que agroma no contexto do Camiño de Santiago, coa intención de perdurar até o vindeiro Ano Santo 2027. O programa está conformado por catro procesos de traballo, dos cales o primeiro deles é a mediación, que se están a desenvolver desde o mes de febreiro tanto en Palas de Rei coma en Valdeorras, a través de conversas ou entrevistas, coa intención de identificar, desde a proximidade, lugares, materiais e valores no territorio do Camiño.
O segundo dos procesos é a celebración dun seminario ou xornadas públicas de debate que terán lugar os días 18 e 19 de abril no Castelo de Pambre, en Palas de Rei, xunto ao Camiño Primitivo. Neste espazo de encontro, numerosas profesionais vinculadas á arquitectura da paisaxe, comunicación, deseño, artesanía e pensamento porán sobre a mesa experiencias de intervencións sostibles; abordarán cuestións como a hospitalidade ou o deseño de lugares contemporáneos no Camiño; as posibilidades de transformación do territorio a través da ruta xacobea, así como o coidado e a beleza na mesma; exemplos de boas prácticas de arquitectura, do paisaxismo, do deseño ou da artesanía; ou como pensar a paisaxe desde unha perspectiva sostible e contemporánea, entre outros aspectos.
De seguido, os días 20, 21 e 22 de abril, o Proxecto Lugares trasladará a súa acción a un obradoiro que se desenvolverá nas covas de Seadur, na localidade ourensá de Laurouco, moi próxima ao Camiño de Inverno. Será un taller de tres días, aberto á comunidade e axentes locais, no que se tentará transmitir técnicas e coñecementos da arquitectura, do paisaxismo, do deseño ou da artesanía, á vez que se imaxina e deseña, de forma colaborativa -tendo presentes as conclusións do seminario-, unha maqueta ou prototipo dunha posible peza ou intervención no espazo público.
Finalmente, todas as conclusións, fotografías e vídeos do traballo feito ao longo destes meses no marco do Proxecto Lugares, así como textos das persoas profesionais convidadas -ou mesmo a recompilación de testemuñas durante o seminario-, estarán dispoñibles nunha publicación crossmedia que se presentará despois do verán.
dossier_proxecto-lugaresDossier PROXECTO LUGARES
Para máis información sobre o Proxecto Lugares pódese visitar o espazo web da iniciativa ou os seus perfís nas redes sociais Instagram e Linkedin. Na propia web do proxecto están dispoñibles os formularios de inscrición tanto para asistir ao seminario como ao taller de Seadur, cun número de prazas moi limitado das núas opcións, polo que se recomenda formalizar a praza coa maior antelación posible para garantir a asistencia. Mentres que no caso do seminario a inscrición se realizará por rigorosa orde de solicitude, no caso do taller -que se abre tamén a estudantes ou profesionais do ámbito do deseño, da arquitectura, do paixase ou da artesanía- o prazo estará aberto até o mércores 5 de abril.
Nota de Prensa PROXECTO LUGARES
A CASA-MUSEO MANUEL MARÍA ACOLLE ESTE SÁBADO A ESTREA DE MONSTRÓLOGO
Trátase da nova proposta de teatro de monicreques de Trécola Producións
Un grande monstrólogo chega este sábado, día 25 de marzo, a terras galegas e vai comezar a súa xira pola Terra Chá, concretamente na Casa-Museo Manuel María, ás 17 horas.
Unha charla maxistral sobre especies e tipoloxías de montros e as súas curiosidades poderá ser escoitada polas nenas e nenos que asistan ao espectáculo.
Mais este xenio non vén só, acompáñano unha sorte de terroríficos e divertidos personaxes para demostrar que lonxe de pretender dar medo, os monstros veñen para nos axudar a superar diversos retos.
Para asistir a esta obra teatral con monicreques, de Trécolas Producións, para toda a familia (nenas e nenos de tres anos en diante) é necesario reservar (billete 2€) a través do enderezo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou do whatsapp 698177621.
A gran celebración cinematográfica non competitiva do país consolídase na súa aposta de volver a mostrar ao público, en aberto e en pantalla grande, os filmes máis valorados do audiovisual galego do último ano, finalistas e vencedores da recente edición dos Premios Mestre Mateo
O evento reuniu no Teatro Colón da Coruña a unha media de 250 espectadores por proxección, cunha programación que deu boa conta da excelente saúde do noso audiovisual, mostrando a súa riqueza e variedade de formatos -documentais, ficción e animación- para todos os públicos
O programa estivo composto por Código Emperador, María Casares. A muller que viviu mil vidas, Onde máis doe, O home e o can, A Foreign Song, No somos nada, Live is Life, Valentina e O corpo aberto
Pola cidade da Coruña desfilaron do 14 ao 19 de marzo os equipos artísticos e técnicos das películas, con figuras como Jorge Coira, Xavier Villaverde,Manane Rodríguez, Ángel de la Cruz, Chelo Loureiro ou Ángeles Huerta


A Coruña ven de acoller con éxito a pasada semana a IV Semana do Cinema Galego, a gran celebración cinematográfica non competitiva do país, que do 14 ao 19 de marzo exhibiu o máis salientable da produción audiovisual galega do último ano. Un total de nove filmes -os finalistas e gañadores dos XXI Premios Mestre Mateo celebrados este pasado fin de semana- foron proxectados no Teatro Colón da cidade herculina ao longo de seis días, en sesións nas que participaron os equipos responsables das obras. Deste xeito, pola Coruña desfilaron artistas como Jorge Coira, Xavier Villaverde, Manane Rodríguez, Ángel de la Cruz, Chelo Loureiro ou Ángeles Huerta, entre moitas outras figuras do noso cinema.
Nesta cuarta edición, a Semana do Cinema Galego consolidouse na súa aposta de volver a mostrar ao público, en aberto e en pantalla grande, os filmes máis valorados do audiovisual galego do último ano, finalistas e vencedores da recente edición dos Premios Mestre Mateo. O evento reuniu no Teatro Colón da Coruña a unha media de 250 espectadores por pase (continuando o incremento paulatino de público edición tras edición, fronte á media de 230 persoas por pase do pasado ano).
Asimesmo, a programación da mostra deu boa conta da excelente saúde do noso audiovisual, mostrando a súa riqueza e variedade de formatos -documentais, películas de ficción e animación- para todos os públicos. O programa da IV Semana do Cinema Galego contou cos largos de ficción Código Emperador, Live is Life, O corpo aberto e O home e o can; os documentais A Foreign Song, María Casares. A muller que viviu mil vidas, No somos nada e Onde máis doe e a película de animaciónValentina. O acceso a todas as proxeccións do encontro foron de balde, con entrada libre ata completar a sala.
Cita co talento
Con esta nova edición, a Semana do Cinema Galego consolidouse como mostra consagrada ao talento máis próximo, co foco na complicidade co espectador e cristalizando sinerxías coa cidade herculina, escenario e catalizador dos diálogos entre o público e os artistas. A Semana do Cinema Galego está impulsada pola Academia Galega do Audiovisual (AGA) e conta co apoio do Concello da Coruña e da Deputación da Coruña e mais coa colaboración de Abanca. Toda a información sobre a iniciativa pódese consultar na web https://semanadocinemagalego.gal/.
20230320-NP-balance-IV-SCG_OK