O XXIII Concurso Escolar de Teatro Lido Manuel Eirís do FIOT xa ten finalistas

A Gala Final do certame terá lugar este domingo, 10 de novembro, ás 18.00h, no Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo, onde os grupos finalistas volverán interpretar as súas pezas teatrais e na que se realizará a entrega de premios, valorados en 850 euros

O acto, con entrada libre ata completar a capacidade da sala, estará presentado por Bea Campos, que amenizará tamén o evento cun espectáculo para público familiar, mentres que, a continuación, terá lugar unha chocolatada para todas/os as/os escolares participantes


O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, ven de anunciar os seis grupos finalistas do XXIII Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís. O xurado, tras escoitar as gravacións realizadas en Radio Nordés Cadena Ser polos 12 grupos participantes seleccionados para a segunda fase e logo das oportunas deliberacións, acordaron seleccionar para a súa lectura na gala final os seguintes grupos:

Na 1ª categoría:

  • TEATRADAS DO CRA, do CRA Nosa Señora do Faro, coa obra A abelliña que perdeu as ás.
  • OS CRISTINATREIROS, do CEIP A Cristina, coa obra A mentireira historia da Carapucha Vermella.
  • FIRUCOS, do CEIP Alfredo Brañas, coa obra Ai, mamasiña que medo!

Na 2ª categoría:

Este domingo 10 de novembro, ás 18.00h, no Pazo da Cultura de Carballo, terá lugar a gala final onde os grupos finalistas volverán interpretar as súas pezas teatrais e na que se realizará a entrega de premios, valorados en 850 euros en libros e material didáctico grazas á colaboración da Librería Brañas.

O acto estará presentado por Bea Campos que, ademais de ser a mestra de cerimonias, amenizará o evento cun espectáculo destinado a público familiar. A continuación terá lugar unha chocolatada para todas os escolares participantes. A entrada é libre ata completar aforo.

EMISIÓN DAS PEZAS EN RADIO NORDÉS

Un total de 26 grupos de 10 centros educativos de Carballo, Coristanco, A Laracha, Cabana de Bergantiños, Ponteceso e Malpica participaron neste 2024 no XXIII Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís. O xurado preseleccionou 12 grupos para gozar da experiencia radiofónica nos estudios profesionais de Radio Nordés Cadena Ser e, desta gravación, saíron os seis finalistas nas dúas categorías.

As pezas emitiranse ao longo deste mes de novembro no programa Vivindo a Costa da Morte de Radio Nordés entre as 13.00 e as 14.00 h dos seguintes días:

  • Luns 4 de novembro: TEATRADAS DO CRA, do CRA NOSA SEÑORA DO FARO, coa obra A abelliña que perdeu as ás.
  • Mércores 6 de novembro: A PARELLA DE NON NAMORADOS, do IES MONTE NEME, coa obra Taxi – Finlandia.
  • Venres 8 de novembro: OS CRISTINATREIROS, do CEIP A CRISTINA, coa obra A mentireira historia da Carapucha Vermella.
  • Luns 11 de novembro: OS VIQUINGOS E AS VIQUINGAS DO PENDÓN, do CEIP AS REVOLTAS, coa obra Don Quixote da Mata.
  • Mércores 13 de novembro: FIRUCOS, do CEIP ALFREDO BRAÑAS, coa obra Ai, mamasiña que medo!
  • Venres 15 de novembro: RADIOFÓNICAS, do IES ISIDRO PARGA PONDAL, coa obra Memorias dun neno labrego.
  • Luns 18 de novembro: AS SEIS RAPACIÑAS, do CEIP A CANOSA-RUS, coa obra As velliñas de Seavia.
  • Mércores 21 de novembro: CAMBIO BLANCO, do IES MONTE NEME, coa obra Presos – Finlandia.
  • Venres 22 de novembro: ARCA TEATRO, do CEIP AS REVOLTAS, coa obra Os grandes.
  • Luns 25 de novembro: XENTIÑA DE CUARTO, do CEIP A CANOSA-RUS, coa obra Non teñas medo.
  • Mércores 27 de novembro: INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS, do CEIP AS REVOLTAS, coa obra Última hora.
  • Venres 27 de novembro: FAMILIA CARBALLEIRA, do IES EDUARDO PONDAL, coa obra Nadal en galego.

É posible ver todos os vídeos na canle de Youtube do FIOT:

https://www.youtube.com/@FIOTCarballo


SOBRE O CONSURSO ESCOLAR DE TEATRO LIDO MANUEL EIRÍS

Esta é unha proposta moi especial do FIOT para facer teatro doutro xeito, que conta xa con 23 edicións ás súas costas. Grazas a este certame, as voces da rapazada levan o teatro aos fogares de todos os recunchos de Bergantiños a través das redes sociais e as ondas radiofónicas.

Co apoio dos centros escolares de Primaria e Secundaria de toda a comarca e coa finalidade de promover o teatro entre os/as máis pequenos/as e de favorecer a súa iniciación á interpretación a través da lectura dramatizada, neste 2024 o FIOT continúa con esta proposta que xa vai pola XXIII edición. En consonancia cos novos tempos, a participación foi mediante un arquivo de vídeo coa gravación da lectura, para que todos/as os/as interesados/as poidan ver escoitar e ver as interpretacións dos grupos participantes a través das redes sociais do festival.

O xurado seleccionou aos grupos que gozaron da experiencia radiofónica nos estudos profesionais de Radio Nordés Cadena Ser e, destas gravacións, saíron os finalistas. Agora gozaremos da súa lectura en directo na emocionante gala final que se celebrará este domingo, 10 de novembro, ás 18.00h, no Pazo da Cultura, na que o o xurado fallará os premios para libros e material didáctico cortesía da Libraría Brañas. E non faltará o peche coa tradicional chocolatada!

MÁIS INFORMACIÓN 

2024.11.06.NP-Certame-Teatro-Lido-FIOT33

SóLODOS EN DANZA arranca motores para a súa 12ª edición en Costa Rica

A plataforma galaico-costarricense SóLODOS EN DANZA / COSTA RICA celebra a 12º edición do seu festival do 12 ao 24 de novembro cun programa de artistas galegos, cataláns e ticos e actividades por todo o país tico. 

SóLODOS EN DANZA / COSTA RICA é un Festival Internacional de danza contemporánea, unha plataforma cultural de intercambio e cooperación cultural que traballa con diferentes proxectos artístico-culturais de Europa e América, xerando mobilidade e colaboración entre institución públicas, empresa privada, artistas, festivais, proxectos medioambientais e sociais relacionados coa cultura.

Esta edición 2024 o Festival inicia o 12 de novembro e inaugúrase coa celebración   das I XORNADAS INTERNACIONAIS DE PENSAMENTO E CREACIÓN CONTEMPORÁNEA, que se celebrarán na sede do Centro Cultural de España en Costa Rica. Unha proposta de SóLODOS, co-organizada co Centro Cultural de España en Costa Rica e a Escuela Superior de Arte Dramático de Castilla y León (España), co apoio do Taller Nacional de Danza deCosta Rica, INAEM, Instituto Nacional de  las Artes Escénicas y de la Música, Ministerio de Cultura do Goberno de España e o Programa para a Internacionalización da CulturaEspañola (PICE) de AC/E.

Este encontro nace como un espazo de debate interdisciplinar que propón recorrer lugares fronteirizos entre a creación e a filosofía, entre o real e a súa representación, entre a teoría crítica e a acción artística. Supón, por tanto, un espazo para reivindicar a capacidade das artes para interpelarnos e dialogar sobre dilemas morais ou existenciales, así como os retos e problemáticas á que se enfrentan as sociedades actuais. Creación e pensamento comparten unha liña de continuidade natural. O que nas artes se representa como metáfora, oralidade e figuración articúlase no campo do pensamento como concepto, tese ou paradigma.

Estas xornadas que teñen lugar do 12 ao 15 de novembro, articulanse en torno a tres encontros cos creadores españois – e profesores do Máster en pensamento e creación escénica da ESADCYL- Alberto Odériz (arquitecto e escultor), José Manuel Mora (autor e dramaturgo) e Javier Hernando (poeta e creador escénico).

Ademáis inaugurarase a exposición fotográfica “12 Anos de Sólodos en Danza en Costa Rica” do artista costarricense Pablo Vargas, en LaGRÁFIKA Espacio Escénico (Gráfica Génesis) en San José. Outras actividades, encontros e actuacións levaranse a cabo por distintas cidades de diferentes provincias do país, como son San José, Heredia, Alajuela e Puntarenas.

Nesta edición 2024, participan no Festival compañías de danza e creadores/as de  España, Costa Rica e Portugal. Son artistas e compañías convidadas para presentar as súas obras Iron Skulls, Colectivo Glovo, Plan B Danza, Julia Laport, Corpóreos de Quepos e  Proyecto Cuerpos en Escena.

O Festival SóLODOS EN DANZA en Costa Rica que cumpre 12 anos nesta edición, está producido por SóLODOS e coproducido polo Centro Cultural de España en Costa  Rica. Conta co apoio da Escuela Superior de Arte Dramático de Castilla y León (España), Taller Nacional de Danza de Costa Rica, Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música, Ministerio de Cultura do Goberno de España e Programa para la Internacionalización de la Cultura Española (PICE) de AC/E.

ESPECTÁCULOS PROGRAMADOS

EXTENDER COMO SI PUDIERA
JULIA LAPORT / GALICIA, ESPAÑA

Creadora e Intérprete: Julia Laport
Premio Bailando con Piedras 2023 no Festival Internacional de Coreografía Burgos – New York para participar en Sólodos En Danza en Costa Rica 2024. Artista Española Premiada en colaboración con Residencias Atopémonos Bailando de Galicia, España + Residencias deo Taller Nacional de Danza Costa Rica + Sólodos En Danza Costa Rica.

EXTENDER COMO SI PUDIERA busca poñer o corpo no borde. Porse no borde do corpo, na capa máis externa anterior ao outro. Estender como se o meu corpo fora meu como se houbera algo máis, como se puidera desdibuxar as marxes da pel para vivir na ilusión dun corpo ilimitado.

XENÉRICA
COLECTIVO GLOVO / GALICIA, ESPAÑA

Creadores e Intérpretes: Esther Latorre e Hugo Pereira
Eu camiño, de modo xenérico, vulgar, común. Pasei desapercibida porque xa pasei por aquí, millóns de veces. Son a mesma que son sempre, repetida, a que fun onte e a que serei mañá. Camiño sobre os meus pés, desexando o inverno para xuntarme ao lume. Non te sorprendas se mañá tamén estou aquí, pretendo volver, sempre.

XENÉRICA (versión a dúo) trátase dunha evolución da peza que profundiza na natureza feminina máis ancestral e salvaxe que pretende perpetuar a figura das mulleres. É un canto ás mulleres das nosas vidas, que son xenéricas para a vida de todas.É unha homenaxe a nais, avoas, sobriñas e irmás, e a todas as féminas que loitaron incansablemente por protexer e coidar pasando desapercibidas. Recorre os mapas destas traxectorias de vida e reclama a atención de todos aqueles que non suberon ver a maxia desta rebeldía.

NUNCA BAILARÉ SOLO
IRON SKULLS / CATALUÑA, ESPAÑA

Creador e Intérprete: Diego Garrido.
NUNCA BAILARÉ SOLO fainos viaxar para que atopemos a esperanza perdida despois dunha gran perda. Ofrécenos atopar ese brillo que se abre paso entre as sombras, sendo o propio bailarín unha luz en si mesmo, e que serve para recordarnos como espectadores que dentro de nós tamén está esa luz, e esa esperanza que ben puede ser en maior ou menor medida esquecido.
PREMIO SóLODOS EN DANZA OURENSE 2023 – XIRA COSTA RICA 2024
PREMIO XOVE SóLODOS 2023
PREMIO DO PÚBLICO 2021 / Certamen CDC4 VALLADOLID
PREMIO DOPÚBLICO E PREMIO ESCENOGRAFÍA 2022 , FESTIVAL 15m2, BADALONA.

CUERPOS EN ESCENA
PROYECTO CUERPOS EN ESCENA / COSTA RICA

Coreografía: William Retana
Intérpretes: Turi Uha Rodríguez, Erick Rodríguez, Tyronne Guardado e Marc Black.

CUERPOS EN ESCENA explora as dúas caras do teatro —a comedia e a traxedia— interpretadas a través do movemento.
A coreografía constrúese en torno a dúas preguntas fundamentais: ¿Que significa ser gracioso? ¿Que significa ser dramático? A partir destes interrogantes, o coreógrafo guía unha profunda exploración da interpretación e o corpo en escena.

CONDICIONES DE UN PÁJARO SOLITARIO
CORPÓREOS DE QUEPOS / COSTA RICA

Intérprete: Carlos Ovares.
Coreógrafa: Marcela Aguilar
Música: John Surman e Jack Dejhonnent

CONDICIONES DE UN PÁJARO SOLITARIO…As condicións do paxaro solitario son cinco: a primeira, que vai ao máis alto; a segunda, que non sofre compañía, aínda que sesa da súa natureza; a terceira que pon o pico ao aire; a cuarta, que non ten determinada cor; a quinta que canta suavemente.

REINICIO
PLAN B DANZA / COSTA RICA

Dirección Artística: Javier Jiménez Barboza
Coreógrafo: Javier Jiménez B
Intérpretes: Angie Morales, Arianna Courrau, Esther Lau, Isadora Jiménez, Itzel Bustamante, Jesús Porras, Jimena Jiménez, Joey Vega, Jorell Ureña, Jose Camareno, Jose Antonio Segura, Kristel Víquez, Lilly Stern-Pirlot, Luisi Rodríguez, María Fernanda Herrera, Mariana Rodríguez, Mariana Valverde, Moisés Camacho, Oscar Monge, Paula Jaen, Siul Móngalo, Salomé Villarreal, Viola Peri.
Produción: Rosibel Arguello, Jose Camareno, Javier Jiménez B, Esther Lau, Stuart Roldán
Vestiario: Lourdes LAB
Música: Public Memory, ANNA, Ravid, Ezio Bosso
Edición musical: Javier Jiménez B

REINICIO é un espazo que se habita cunha nova pel. Volver a empezar, retomar desde unha nova óptica, mirar desde arriba e comprender. Reinicio é volver cos cambios. Reinicio é unha nova oportunidade de vivir.

PROGRAMACIÓN

MARTES 12 – VENRES 15 NOVEMBRO

CENTRO CULTURAL DE ESPAÑA / SAN JOSÉ

Primeiras Xornadas Internacionais de Pensamento e Creación Contemporánea (por inscrición). Xornadas impartidas por creadores españois – e profesores do Máster enpensamento e creación escénica da ESADCYL- Alberto Odériz (arquitecto e escultor), JoséManuel Mora (autor e dramaturgo) e Javier Hernando (poeta e creador escénico).

SÁBADO 16 NOVEMBRO

MUSEO MUNICIPAL DE CARTAGO / CARTAGO

7.00 pm / Actuación Sólodos en Danza en Museo Municipal de Cartago.

DOMINGO 17 NOVEMBRO

LaGRÁFIKA Espacio Escénico (Gráfica Génesis) / SAN JOSÉ

6.00pm / Actuación Sólodos en Danza + Exposición – Inauguración Exposición Fotográfica

12 Anos de Sólodos en Danza, do Artista Pablo Vargas

Costo da entrada: 3.000 colones (compra únicamente por SINPE a WhatsApp 8401-9197)

LUNS 18 NOVEMBRO

ESCUELA MARIO SALAZAR / AGUAS ZARCAS, ALAJUELA

Actividade coordinada por CENTRO CÍVICO POR LA PAZ de AGUAS ZARCAS 3 – 3.40 pm: Obradoiro con estudantes da escola.

4.00 pm: Actuación en Escuela Mario Salazar.

MARTES 19 NOVEMBRO

TEC SEDE S.CARLOS – DEVESA / ALAJUELA.

10.00 am / Actuación en Escuela República de Italia, San Carlos

6.00 pm / Actuación en Salón Comunal de La Tigra de San Carlos.

MÉRCORES 20 NOVEMBRO

TEC SEDE S.CARLOS – DEVESA / SAN CARLOS, ALAJUELA.

10.00 am / Actuación en Escuela San Pedro, San Carlos.

2.00 pm / Visita Hogar La Esperanza de San Carlos.

XOVES 21 NOVEMBRO

CENTRO CÍVICO POR LA PAZ DE GARABITO / PUNTARENAS

4.00 – 5.15 pm: Obradoiro + Encontro

6.00 – 7.00 pm: Actuación + Conversatorio cos/as artistas

VENRES 22 NOVEMBRO

SEDE CORPÓREOS DE QUEPOS / QUEPOS, PUNTARENAS

6.00 pm: Actuación Sólodos en Danza + Corpóreos de Quepos

DOMINGO 24 NOVEMBRO

PARQUE DE BARVA / BARVA, HEREDIA

3.00 pm: Actuación en Parque de Barva de Heredia.

SóLODOS EN DANZA / COSTA RICA

Dirección artística: Maruxa Salas e Erick Jiménez

Produción: Víctor López e Manu Lago.

Video e documentación gráfica: Pablo Vargas

Produce: SóLODOS Fundación / Neodans S.C./ Ecoresolva .

Coproduce: Centro Cultural de España en Costa Rica.

Co apoio de: INAEM, Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música, Ministerio de Cultura del Gobierno de España y Programa para la Internacionalización de la CulturaEspañola (PICE) de AC/E. Taller Nacional de Danza de Costa Rica.

Colaboran: Municipalidad de Barva, Museo Municipal de Cartago, TEC Sede S.Carlos Devesa, Centros Cívicos por la Paz de Garabito y de Aguas Zarcas, Corpóreos de Quepos, LaGRÁFIKA Espacio Escénico (Gráfica Génesis) en San José, Atopémonos Bailando, Certamen Internacional de Coreografía Burgos – New York.

PROGRAMA-FESTIVAL-SOLODOS-EN-DANZA-CR-2024_compressed