Presentación do libro “A CASA DA TOIA”, de Manuel Ferreiro, editado polo IESCHA a fins do ano 2022, coa financiación da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e que terá lugar o vindeiro sábado 25 de febreiro de 2023, ás 20:00, na Casa da Cultura de Vilalba.
Este sábado, 25 de febreiro, ás 20 horas, De Ninghures, en concerto, presentarannos o seu traballo “Aquí” na Casa-Museo Manuel María. Oito mozos e mozas que nos marabillarán tocando as músicas de raíz e cunha grande variedade de instrumentos: viola caipira, bongos, frauta traveseira, violín, bombo, ukelele, acordeón, pandeireta, clarinete, gaita, guitarras, pandeiro, voces, cabás…
Velaí algunha mostra da traxectoria musical deste grupo…