Luís Caruncho en concerto na Casa-Museo Manuel María con “Poemas no peito”

O sábado, 5 de febreiro, Luís Caruncho estará, ás 20 horas, na Casa-Museo Manuel María para presentar o seu traballo musical “Poemas no peito”. Trátase dunha escolma poética que vai desde Rosalía até autoras de hoxe como Olga Novo, Marta Dacosta, Olga Patiño…, pasando por Manuel María, que Luís Caruncho canta acompañado de instrumentos tradicionais como a zanfona, a pandeireta e o pandeiro.

Cómpre reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621. Billete: 5 euros.