O Hugo Guezeta máis puro co lanzamento dun EP con tres versións acústicas dos seus temas

HUGO XÚNTASE COA BANDA ERRANTES PARA PUBLICAR EN ACÚSTICO QUIXERA SER, CLARIDADEk E PRESIÓN
O rapeiro Hugo Guezeta pásase ao acústico coa publicación de dous dos seus grandes éxitos en solitario e un tema exclusivo neste formato. Quixera ser, e Claridade ven a luz baixo unha nova pel, grazas á colaboración entre o rapeiro e a banda ponteareá Errantes, coa que xa creou unha conexión que transcende estas colaboracións e chega ata os escenarios. A maiores, Hugo deixa como agasallo Presión, un tema inédito do artista que pecha así este EP en acústico, e que polo momento só se poderá gozar nesta versión. Ante unha sinerxía aparentemente complexa entre unha banda e un rapeiro, ambos souberon adaptarse e empastar á perfección para poder destripar estes temas do repertorio de Hugo e darlle unha nova vida. Gravado en directo e cunha proposta moi diferente, este EP representa un achegamento ao que o público pode gozar nun concerto de Hugo Guezeta.
Estas tres versións son a constatación do bo facer ao vivo do rapeiro, que tras encher dúas das primeiras datas de presentación do seu novo disco está inmerso na súa xira de 2025. As próximas datas para poder ver a Hugo Guezeta en directo serán o 21 de marzo en Ourense (sala Auriense), 28 de marzo en Cambados (sala Krazzy Kray) e os festivais A Candeloria e Revenidas. As entradas para os concertos de salas están xa dispoñibles en www.enterticket.es.
XIRA O NOSO TEMPO
21/03 · Auriense · Ourense
28/03 · Krazzy Kray · Cambados
04/04 · A Candeloria · Lugo
11-14/09 · Revenidas · Vilaxoán
MÁIS SOBRE HUGO GUEZETA
Hugo Guezeta é un dos maiores representantes do rap en Galicia. Grazas ao éxito colleitado coas súas cancións, que supuxeron e supoñen o himno dalgunhas xeracións de galegos, o rapeiro figura no imaxinario colectivo como unhas das figuras máis significativas deste xénero. A súa carreira en solitario é o seguinte paso na carreira do artista tras SonDaRúa, grupo do que formaba parte e era unha das cabezas visibles, e que é considerado un dos grandes grupos de rap da historia de Galicia.
As súas marcadas letras cun alto carácter reivindicativo son grandes marcas de identidade a nivel social. Como letrista, Hugo é un dos mellores compositores do panorama actual, sendo clara influencia das novas xeracións de rapeiros que están xurdindo neste auxe da música en galego. Mais non só destaca polas súas letras, a súa capacidade de fluír sobre as bases e a súa capacidade para moverse dende ritmos de hip hop máis clásicos ata melodías de reggae posicionan ao artista como un dos artistas máis completos e versátiles do movemento urbano.
O éxito como rapeiro é intrínseco a Hugo Guezeta, xa que tras acumular grandes concertos, premios e fans baixo o paraugas de SonDaRúa, o seu proxecto en solitario non perdeu forza en ningún momento. O seu último álbum O Noso Tempo acumula centos de milleiros de reproducións en plataformas tras só dous meses publicado, confirmando que a pesar de saír no último mes do 2024, o seu foi un dos discos en galego máis destacados e 1importantes do ano.
Actualmente, e tras o enorme éxito nos concertos de presentación do disco en Mos, A Coruña e Santiago de Compostela, con dous dos tres concertos esgotando entradas, Hugo emprende a súa xira de 2025, onde deixará constancia da súa capacidade e versatilidade como rapeiro, trasladando o seu bo facer no estudo ás salas e festivais. Sen dúbidas, Hugo Guezeta é e será un dos grandes nomes a destacar do panorama urbano neste 2025.