Presentación do libro CANTIGAS PARA APRENDER A SOÑAR
O vindeiro xoves, 23 de febreiro, ás 20h. terá lugar a presentación do poemario infantil CANTIGAS PARA APRENDER A SOÑAR da escritora vilalbesa María Xosé Lamas. No acto, que se desenvolverá en Librouro Librería de Vigo, acompañará á propia autora o tamén escritor Antonio García Teijeiro.