Baixo o lema #RosaliaTe, o vindeiro 24 de febreiro ás 20h na Casa da Cultura de Vilalba, a Área de Cultura do Concello de Vilalba e mais o portal dixital Culturalia GZ, en colaboración coa AELG e con CEDRO, van organizar unha lectura pública e continuada de textos de Rosalía de Castro. E para iso convocan a distintos colectivos vilalbeses e á cidadanía, en xeral, a participar en dito acto de lectura dos textos rosalianos.