Fai tan só uns días “o neno ” Torres caía fulminado en Riazor nun encontrón con Alex Bergantiños.A reación do público,dos xogadores do Dépor,dos twitter trending topic,amosa que en ocasións a irmandade vai sen h. Usar puñaladas coma vacina,non dar pasos atrás nin para recolocarse,discernir entre o manxar máis exquisito e o veleno,elexir o veleno,saír inmune,revela que en ocasións a irmandade vai sen h. Defraudar ate a deus,casi sempre a ún mesmo,mascalo todo,incluso as inxurias que agroman presaxios e sombras,amosa que en ocasións a irmandade vai sen h. Cando a vida xa non é tan vida,a festa agoniza,as eses son eses de resacas amargas e as queixas saben a gata vella,revela que en ocasións a irmandade vai sen h. Ignorar as saudades doridas,os tediosos fins de ciclo enlodados,as almas que xacen no berce dunha cama baleira,a soidade das manifas nas que se cosen as bandeiras da deserción coa miña estrela,proba que en ocasións a irmandade vai sen h. Cando os pilares que a vida che ofrece evidencian que non só te sosteñen,senón que entroidan en balconadas de gozos e risas,en outeiros da chaira ou en bicos con sabor ó Courel e a Quiroga,revelan que en ocasións a irmandade vai sen h. Agochar os vosos espellos,cando vos sosteñen con crueldade a vosa mirada,e a vosa propia ruindade,vomita coma un boomerang,o seu veleno,amosa que en demasiadas ocasións a irmandade sí vai con h.
Entradas recientes
- Estrea en España do proxecto FEEDBACK, do prestixioso colectivo artístico peruano AMiXR, no espazo LEIRA (Lugo)
- Rager homenaxea ao Xabarín Club coa publicación de “Estou na lavadora”
- XXIII Ruta Chairega: RUTA DOS MUÍÑOS DO REGO DAS GÁNDARAS por terras de VILASANTAR
- Presentación do libro VERSOS REPUBLICANOS (E OUTROS POEMAS), de Carmiña Prieto Rouco, na Casa da Cultura de Vilalba
- Presentación dos libros FORMAS, FIGURAS E SOMBRAS NA TERRA CHÁ e CATÁLOGO DO CANTAR DE CEGO GALEGO Volume 1: Voandeiras, de Mero Iglesias, na Casa da Cultura de Vilalba