A revolución da música de raíz portuguesa, OMIRI, publica ‘PÉ COM PÉ’

Novo e último sinxelo, ‘Pé com Pé

Pé com Pé, o novo tema de OMIRI, o artista portugués que está revolucionando a música tradicional portuguesa, está xa dispoñible en todas as plataformas. Esta nova canción combina a riqueza atemporal da música de raíz lusa coa innovación dos sons máis contemporáneos, como xa é tónica habitual nel. A base electrónica constrúese integramente a partir da manipulación de sons captados en recollidas de audio e vídeo realizadas por OMIRI durante os últimos oito anos de norte a sur de Portugal. Este tema exerce como terceiro sinxelo do seu próximo álbum de longa duraciónModas Novas e Algumas Velhas, que ten previsto o seu lanzamento o próximo 7 de febreiro.

Pé com Pé conta coa voz de Beatriz Melo e instrumentos como o bombo ou o triángulo, así como sons de louza rachando, que empastan á perfección coa viola braguesa de OMIRI, a veces distorsionada, amosando de novo a máxima do proxecto do artista portugués, o diálogo entre tradición e innovación. A letra, rica en poesía popular, celebra o amor e a memoria, mentres o ritmo invita á danza e a festa.

Data de lanzamento do seu próximo álbum

OMIRI está xa ante o inminente lanzamento do seu próximo álbum de longa duración. Este último tema exerce como terceiro e último sinxelo do xa nomeado Modas Novas e Algumas Velhas, con data de lanzamento xa anunciada para o próximo venres7 de febreiro.

Presentación do disco cun concerto en Galicia

O seu primeiro concerto de presentación do novo disco será en Galicia. O sábado 15 de febreiro estará na sala Rebullón de Mos  a partir das 22:00h. As entradas están xa á venda en salarebullón.com por 10€ + gastos de xestión.

Richi Casás presentará “FULIADA NA VILA. O Cantar de Rosa e Adolfina” este sábado na Casa-Museo María María

RICHI CASÁS ESTARÁ ESTE SÁBADO NA CASA-MUSEO MANUEL MARÍA PARA FALAR DO CANTAR DE ROSA E ADOLFINA, A SÚA AVOA E MADRIÑA, CANTAREIRAS EN QUE SE PERSONIFICA, ENTRE OUTRAS, O DÍA DAS LETRAS GALEGAS DE 2025

O músico e estudoso da música tradicional interpretará algunhas das pezas cantadas por Rosa e Adolfina

Richi Casás, músico, profesor, estudoso da música tradicional e saxofonista da Banda Xangai, estará este sábado, día 25 de xaneiro, ás 19 horas, na Casa-Museo Manuel María (Outeiro de Rei) para falar do cantar de Rosa e Adolfina, a súa avoa e madriña respectivas, cantareiras en que se personifica, entre outras, o Día das Letras Galegas de 2025, dedicado este ano á poesía popular oral.

Richi interpretará algunhas das pezas cantadas por Rosa e Adolfina, e que recolle no libro-cd Fuliada na vila (2020), editado por aCentral Folque. Quen quixer, pode traer a súa pandeireta este sábado, para o acompañar nestas composicións.

Rosa e Adolfina foron dúas labregas do concello de Cerceda (A Coruña), que naceron e viviron na Vila da Igrexa. Tiveron sona na contorna por ser boas cantadoras e pandereteira. As súas letras e melodías foron recollidas pola musicóloga Dorothé Schubarth.

A actividade deste sábado, que conta coa colaboración de Vicepresidencia da Deputación de Lugo, é de acceso libre até encher o aforo, mais é necesario facer reserva en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.

The Rapants inicia este venres 24 en Madrid, no Inverfest, a xira de concertos de 2025

O directo que estrearán esta fin de semana na sala But inclúe melloras respecto do show de 2024, coa intención de que o público “goce aínda máis do concerto”

Inverfest, Festa do Queixo, FIV, O Son do Camiño, SonRías Baixas e Caudal Fest son as primeiras confirmacións festivaleiras para este ano, no que os muradáns acompañarán a La Raíz no Coliseum da Coruña e no pavillón da Magdalena de Avilés


La máquina del buen rollo acende de novo o seu motor. Logo dunha pausa para preparar novos temas e mellorar o seu directo, The Rapants iniciará este venres, 24 de xaneiro, a tempada de concertos de 2025, unha xira que levará por título La máquina del buen rollo: cambiamos la rayita del peinado, e coa que os muradáns actuarán en distintos puntos da Península Ibérica. A primeira parada do percorrido é o Inverfest: a banda presentará o seu último disco o día 24 na Sala But de Madrid. Aínda é posible adquirir entradas no espazo web https://inverfest.com/events/the-rapants/

The Rapants aterrará esta fin de semana en Madrid tras unhs meses de pausa, nos que tiveron ocasión de descansar -tras unha intensa xira o ano anterior-, preparar novos temas e, especialmente, mellorar un directo que inclúe cambios con respecto do show presentado no 2024, coa intención de que as persoas asistentes aos concertos “gocen aínda máis” dunha proposta que destaca especialmente pola súa intensidade e conexión co público.

Logo da actuación no Inverfest, as seguintes paradas xa confirmadas pola banda son algunhas das citas musicais máis relevantes e coñecidas de Galicia. É o caso da Festa do Queixo de Arzúa, FIV de Vilalba, O Son do Camiño, SonRías Baixas ou Caudal Fest. Son os primeiros nomes que se coñecen dunha xira coa que a banda visitará novos escenarios. Ademais, os muradáns serán a banda de apertura dos concertos da nova xira de La Raíz, que regresa aos escenarios logo de seis anos de ausencia. Os rapantes abrirán os directos do grupo liderado por Pablo Sánchez nos concertos que estes ofrecerán o 22 marzo na no Coliseum da Coruña (últimas entradas á venda en Ataquilla.com) e o 26 de abril en Avilés, cuxas entradas xa están agotadas.

Primeiras datas confirmadas de La máquina del buen rollo. Tour 2025

24.01 | Inverfest (Sala But, Madrid)
15.03 | Festa do Queixo
22.03 | Xira La Raíz (Coliseum, A Coruña)

25-26.04 | FIV de Vilalba. 

26.04 | Xira La Raíz (Pabellón de La Magdalena, Avilés)

12-14.06 | O Son do Camiño 

02.08 | SonRias Baixas19-20.09 | Caudal Fest

Máis información: www.therapants.es 

20250121-The-Rapants-Nova-xira-2025

Conferencia A CREACIÓN DUN DISCURSO PROPIO SOBRE A LINGUA GALEGA E A SÚA NORMALIZACIÓN, de Ana María Iglesias, na Casa da Cultura de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza a conferencia A CREACIÓN DUN DISCURSO PROPIO SOBRE A LINGUA GALEGA E A SÚA NORMALIZACIÓN, impartida por ANA MARÍA IGLESIAS, Doutora en Filoloxía, coa presentación de MARISA BARREIRO.

Esta acto terá lugar na Casa da Cultura de Vilalba, o venres 24 de xaneiro de 2025, ás 20:00 horas.

NOTA-INFORMATIVAANA-M-IGLESIAS

 Exposición FOLIADA PARA UN ‘TEMPUS FUGIT’, con pinturas de María Leal, no Auditorio Municipal de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza o acto de inauguración da Exposición  “FOLIADA PARA UN ‘TEMPUS FUGIT’”, con pinturas de MARÍA LEAL, e coa presentación de MARISA BARREIRO

Esta acto terá lugar na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba, o xoves 23 de xaneiro de 2025, ás 20:00 horas.

A exposición permanecerá aberta ata o 27 de febreiro de 2025.

NOTA-INFORMATIVA-EXPO-MARIA-LEAL-