RETRINCOS de CASTELAO con Isabel Risco e Fran Rei na CASA-MUSEO MANUEL MARÍA
O sábado 24 de febreiro, ás 20 horas, no auditorio da Casa-Museo Manuel María programamos a peza teatral, dirixida para público adulto, “RETRINCOS DE CASTELAO”, que protagonizan os actores Isabel Risco e Fran REi. O texto de Diego Rey é un achegamento ao humor na obra de Castelao, figura fulcral da historia do noso país. A obra fai un percurso polo traballo do noso político e intelectural, achegándonos a súa enxeñosa e fascinante forma de ver a Galiza do seu tempo. A través dun ollo de vidro que dá nova forma á realidade, poderemos ser quen de presenciar a vida das mulleres e homes que habitaron a nosa terra e de comprendermos a nosa historia e o noso presente.
O prezo do billete é de 5 euros e pode facerse a reserva anticipada en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou chamando ao tel. 698177621.
*Información achegada dende a Casa-Museo Manuel María
O soporte dixital e cultural Culturalia GZ e o grupo NPG seguen a editar libros dixitais para a súa descarga gratuita. Despois de ter editado a compilación das edicións #PoemasPenduradosDeFarolas, o #CertameVilariñas 2017, o poemario ARGONAUTA de Moncho Bouzas e as Taboas pictóricas do falecido Anxo Lamas, doadas a Xermolos, publicará este xoves 15, dous ensaios sobre dúas obras do poeta portugués
Luís Serguilha (Plantar rosas na barbárie e Kalahari) dos que é autora a portuguesa Ana Maria Rodrigues Oliveira; e ao día seguinte, unha obra colectiva de poetas galegos e portugueses coordinada polo lugués José Estévez (PORTUGALICIDADES Poesía en galego e portugués) coa participación de poetas de ambolos dous países. Está em proxecto tamén a edición nas vindeiras semanas dun poemário de Jesus María Trashorras Nogueira e con portada da artista de Monterroso Adolfina Mesa; ou as intervencións da xornada de nacemento da NPG Nova Poesía Guitirica no 25 cabodano da morte de Diaz Castro en outubro de 2015. Todas estas edicións dixitais son publicadas tamén no portal