O Instituto de Estudos Chairegos e o Consello da Cultura Galega, en colaboración co Concello de Vilalba, organizan asI XORNADAS DE PATRIMONIO INMATERIALque se levarán a cabo na Casa da Cultura de Vilalba, os días 15 e 16 de novembro de 2024 co programa que se adjunta.
Inclúe a mostra fotográfica “A PEDRA SECA”, de Xosé Manuel Irimia.
O sinxelo, que toma das Illas Cíes a súa inspiración, poderase escoitar a partir das 00.00 horas nas principais plataformas dixitais e contará cun videoclip
O colectivo creativo multidisciplinar resaca emocional publica este venres 8 sae o sol,o terceiro avance do que será o seu álbum debut. A nova canción, que se poderá escoitar a partir das 00.00 horas desta noite nas principais plataformas dixitais, afonda no xa característico son pop electrónico de RSK e ten nas illas Cíes unha fonte principal de inspiración, tanto musical coma na creación do videoclip do que se acompaña e que se poderá ver (tamén ás 00.00h) na canle oficial de Youtube de resaca emocional. Ensae o sol, tema no que o colectivo deixa entrever as influencias sonoras de Daft Punk e Rusowsky, explicítase novamente que as emocións son o eixo do imaxinario de RSK, pois o seu álbum debut -que Tremendo Audiovisual publicará nos primeiros meses de 2025- explora sentimentos coma o amor, a amizade ou a paixón en todas as súas formas. Así, tras Bolboretas, unha viaxe pop que equilibra a tensión entre o desexo contido e a catarse, e Mario Crush, tema que explora a expresión do namoramento desde o punto de vista máis lúdico, agora chega sae o sol, que aborda o nacemento dunha relación afectiva.
Neste terceiro avance, resaca emocional fai referencia explícita ás Cíes, ao situar estas illas como o lugar no que nace o amor. Unha analoxía sobre o amencer e os primeiros pasos que poden dar entre dúas persoas con vínculos afectivos é o punto de partida deste novo traballo, que se poderá escoitar desde as 00.00 horas desta noite. A peza audiovisual, rodada no arquipélago e na que participan catro membros de RSK -Ash Diz, Berto Mira, Gala Rodríguez e Rocío Campoy- alude tamén ao verán e ao compañeirismo.
Que é resaca emocional?
resaca emocional (RSK no seu nome curto) non é un grupo ao uso: é un colectivo conformado por artistas do eido da música e das artes visuais no que a comunidade é a clave dun proxecto atravesado polas diversidades. Todes suman e forman parte dun espazo seguro que aposta pola creatividade e o traballo común sen importar a idade, identidade de xénero, orientación sexual ou condicionamentos mentais, sociais ou de saúde.
A Gala Final do certame terá lugar este domingo, 10 de novembro, ás 18.00h, no Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo, onde os grupos finalistas volverán interpretar as súas pezas teatrais e na que se realizará a entrega de premios, valorados en 850 euros
O acto, con entrada libre ata completar a capacidade da sala, estará presentado por Bea Campos, que amenizará tamén o evento cun espectáculo para público familiar, mentres que, a continuación, terá lugar unha chocolatada para todas/os as/os escolares participantes
CAMBIO BLANCO, do IES Monte Neme, coa obra Presos – Finlandia.
Este domingo 10 de novembro, ás 18.00h, no Pazo da Cultura de Carballo, terá lugar a gala final onde os grupos finalistas volverán interpretar as súas pezas teatrais e na que se realizará a entrega de premios, valorados en 850 euros en libros e material didáctico grazas á colaboración da Librería Brañas.
O acto estará presentado por Bea Campos que, ademais de ser a mestra de cerimonias, amenizará o evento cun espectáculo destinado a público familiar. A continuación terá lugar unha chocolatada para todas os escolares participantes. A entrada é libre ata completar aforo.
EMISIÓN DAS PEZAS EN RADIO NORDÉS
Un total de 26 grupos de 10 centros educativos de Carballo, Coristanco, A Laracha, Cabana de Bergantiños, Ponteceso e Malpica participaron neste 2024 no XXIII Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís. O xurado preseleccionou 12 grupos para gozar da experiencia radiofónica nos estudios profesionais de Radio Nordés Cadena Ser e, desta gravación, saíron os seis finalistas nas dúas categorías.
As pezas emitiranse ao longo deste mes de novembro no programa Vivindo a Costa da Morte de Radio Nordés entre as 13.00 e as 14.00 h dos seguintes días:
Luns 4 de novembro: TEATRADAS DO CRA, do CRA NOSA SEÑORA DO FARO, coa obra A abelliña que perdeu as ás.
Mércores 6 de novembro: A PARELLA DE NON NAMORADOS, do IES MONTE NEME, coa obra Taxi – Finlandia.
Venres 8 de novembro: OS CRISTINATREIROS, do CEIP A CRISTINA, coa obra A mentireira historia da Carapucha Vermella.
Luns 11 de novembro: OS VIQUINGOS E AS VIQUINGAS DO PENDÓN, do CEIP AS REVOLTAS, coa obra Don Quixote da Mata.
Mércores 13 de novembro: FIRUCOS, do CEIP ALFREDO BRAÑAS, coa obra Ai, mamasiña que medo!
Venres 15 de novembro: RADIOFÓNICAS, do IES ISIDRO PARGA PONDAL, coa obra Memorias dun neno labrego.
Luns 18 de novembro: AS SEIS RAPACIÑAS, do CEIP A CANOSA-RUS, coa obra As velliñas de Seavia.
Mércores 21 de novembro: CAMBIO BLANCO, do IES MONTE NEME, coa obra Presos – Finlandia.
Venres 22 de novembro: ARCA TEATRO, do CEIP AS REVOLTAS, coa obra Os grandes.
Luns 25 de novembro: XENTIÑA DE CUARTO, do CEIP A CANOSA-RUS, coa obra Non teñas medo.
Mércores 27 de novembro: INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS, do CEIP AS REVOLTAS, coa obra Última hora.
Venres 27 de novembro: FAMILIA CARBALLEIRA, do IES EDUARDO PONDAL, coa obra Nadal en galego.
É posible ver todos os vídeos na canle de Youtube do FIOT:
SOBRE O CONSURSO ESCOLAR DE TEATRO LIDO MANUEL EIRÍS
Esta é unha proposta moi especial do FIOT para facer teatro doutro xeito, que conta xa con 23 edicións ás súas costas. Grazas a este certame, as voces da rapazada levan o teatro aos fogares de todos os recunchos de Bergantiños a través das redes sociais e as ondas radiofónicas.
Co apoio dos centros escolares de Primaria e Secundaria de toda a comarca e coa finalidade de promover o teatro entre os/as máis pequenos/as e de favorecer a súa iniciación á interpretación a través da lectura dramatizada, neste 2024 o FIOT continúa con esta proposta que xa vai pola XXIII edición. En consonancia cos novos tempos, a participación foi mediante un arquivo de vídeo coa gravación da lectura, para que todos/as os/as interesados/as poidan ver escoitar e ver as interpretacións dos grupos participantes a través das redes sociais do festival.
O xurado seleccionou aos grupos que gozaron da experiencia radiofónica nos estudos profesionais de Radio Nordés Cadena Ser e, destas gravacións, saíron os finalistas. Agora gozaremos da súa lectura en directo na emocionante gala final que se celebrará este domingo, 10 de novembro, ás 18.00h, no Pazo da Cultura, na que o o xurado fallará os premios para libros e material didáctico cortesía da Libraría Brañas. E non faltará o peche coa tradicional chocolatada!
A plataforma galaico-costarricense SóLODOS EN DANZA / COSTA RICA celebra a 12º edición do seu festival do 12 ao 24 de novembro cun programa de artistas galegos, cataláns e ticos e actividades por todo o país tico.
SóLODOS EN DANZA / COSTA RICA é un Festival Internacional de danza contemporánea, unha plataforma cultural de intercambio e cooperación cultural que traballa con diferentes proxectos artístico-culturais de Europa e América, xerando mobilidade e colaboración entre institución públicas, empresa privada, artistas, festivais, proxectos medioambientais e sociais relacionados coa cultura.
Esta edición 2024 o Festival inicia o 12 de novembro e inaugúrase coa celebración das I XORNADAS INTERNACIONAIS DE PENSAMENTO E CREACIÓN CONTEMPORÁNEA, que se celebrarán na sede do Centro Cultural de España en Costa Rica. Unha proposta de SóLODOS, co-organizada co Centro Cultural de España en Costa Rica e a Escuela Superior de Arte Dramático de Castilla y León (España), co apoio do Taller Nacional de Danza deCosta Rica, INAEM, Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música, Ministerio de Cultura do Goberno de España e o Programa para a Internacionalización da CulturaEspañola (PICE) de AC/E.
Este encontro nace como un espazo de debate interdisciplinar que propón recorrer lugares fronteirizos entre a creación e a filosofía, entre o real e a súa representación, entre a teoría crítica e a acción artística. Supón, por tanto, un espazo para reivindicar a capacidade das artes para interpelarnos e dialogar sobre dilemas morais ou existenciales, así como os retos e problemáticas á que se enfrentan as sociedades actuais. Creación e pensamento comparten unha liña de continuidade natural. O que nas artes se representa como metáfora, oralidade e figuración articúlase no campo do pensamento como concepto, tese ou paradigma.
Estas xornadas que teñen lugar do 12 ao 15 de novembro, articulanse en torno a tres encontros cos creadores españois – e profesores do Máster en pensamento e creación escénica da ESADCYL- Alberto Odériz (arquitecto e escultor), José Manuel Mora (autor e dramaturgo) e Javier Hernando (poeta e creador escénico).
Ademáis inaugurarase a exposición fotográfica “12 Anos de Sólodos en Danza en Costa Rica” do artista costarricense Pablo Vargas, en LaGRÁFIKA Espacio Escénico (Gráfica Génesis) en San José. Outras actividades, encontros e actuacións levaranse a cabo por distintas cidades de diferentes provincias do país, como son San José, Heredia, Alajuela e Puntarenas.
Nesta edición 2024, participan no Festival compañías de danza e creadores/as de España, Costa Rica e Portugal. Son artistas e compañías convidadas para presentar as súas obras Iron Skulls, Colectivo Glovo, Plan B Danza, Julia Laport, Corpóreos de Quepos e Proyecto Cuerpos en Escena.
O Festival SóLODOS EN DANZA en Costa Rica que cumpre 12 anos nesta edición, está producido por SóLODOS e coproducido polo Centro Cultural de España en Costa Rica. Conta co apoio da Escuela Superior de Arte Dramático de Castilla y León (España), Taller Nacional de Danza de Costa Rica, Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música, Ministerio de Cultura do Goberno de España e Programa para la Internacionalización de la Cultura Española (PICE) de AC/E.
ESPECTÁCULOS PROGRAMADOS
EXTENDER COMO SI PUDIERA JULIA LAPORT / GALICIA, ESPAÑA Creadora e Intérprete: Julia Laport Premio Bailando con Piedras 2023 no Festival Internacional de Coreografía Burgos – New York para participar en Sólodos En Danza en Costa Rica 2024. Artista Española Premiada en colaboración con Residencias Atopémonos Bailando de Galicia, España + Residencias deo Taller Nacional de Danza Costa Rica + Sólodos En Danza Costa Rica.
EXTENDER COMO SI PUDIERA busca poñer o corpo no borde. Porse no borde do corpo, na capa máis externa anterior ao outro. Estender como se o meu corpo fora meu como se houbera algo máis, como se puidera desdibuxar as marxes da pel para vivir na ilusión dun corpo ilimitado.
XENÉRICA COLECTIVO GLOVO / GALICIA, ESPAÑA Creadores e Intérpretes: Esther Latorre e Hugo Pereira Eu camiño, de modo xenérico, vulgar, común. Pasei desapercibida porque xa pasei por aquí, millóns de veces. Son a mesma que son sempre, repetida, a que fun onte e a que serei mañá. Camiño sobre os meus pés, desexando o inverno para xuntarme ao lume. Non te sorprendas se mañá tamén estou aquí, pretendo volver, sempre.
XENÉRICA (versión a dúo) trátase dunha evolución da peza que profundiza na natureza feminina máis ancestral e salvaxe que pretende perpetuar a figura das mulleres. É un canto ás mulleres das nosas vidas, que son xenéricas para a vida de todas.É unha homenaxe a nais, avoas, sobriñas e irmás, e a todas as féminas que loitaron incansablemente por protexer e coidar pasando desapercibidas. Recorre os mapas destas traxectorias de vida e reclama a atención de todos aqueles que non suberon ver a maxia desta rebeldía.
NUNCA BAILARÉ SOLO IRON SKULLS / CATALUÑA, ESPAÑA Creador e Intérprete: Diego Garrido. NUNCA BAILARÉ SOLO fainos viaxar para que atopemos a esperanza perdida despois dunha gran perda. Ofrécenos atopar ese brillo que se abre paso entre as sombras, sendo o propio bailarín unha luz en si mesmo, e que serve para recordarnos como espectadores que dentro de nós tamén está esa luz, e esa esperanza que ben puede ser en maior ou menor medida esquecido. PREMIO SóLODOS EN DANZA OURENSE 2023 – XIRA COSTA RICA 2024 PREMIO XOVE SóLODOS 2023 PREMIO DO PÚBLICO 2021 / Certamen CDC4 VALLADOLID PREMIO DOPÚBLICO E PREMIO ESCENOGRAFÍA 2022 , FESTIVAL 15m2, BADALONA.
CUERPOS EN ESCENA PROYECTO CUERPOS EN ESCENA / COSTA RICA Coreografía: William Retana Intérpretes: Turi Uha Rodríguez, Erick Rodríguez, Tyronne Guardado e Marc Black.
CUERPOS EN ESCENA explora as dúas caras do teatro —a comedia e a traxedia— interpretadas a través do movemento. A coreografía constrúese en torno a dúas preguntas fundamentais: ¿Que significa ser gracioso? ¿Que significa ser dramático? A partir destes interrogantes, o coreógrafo guía unha profunda exploración da interpretación e o corpo en escena.
CONDICIONES DE UN PÁJARO SOLITARIO CORPÓREOS DE QUEPOS / COSTA RICA Intérprete: Carlos Ovares. Coreógrafa: Marcela Aguilar Música: John Surman e Jack Dejhonnent
CONDICIONES DE UN PÁJARO SOLITARIO…As condicións do paxaro solitario son cinco: a primeira, que vai ao máis alto; a segunda, que non sofre compañía, aínda que sesa da súa natureza; a terceira que pon o pico ao aire; a cuarta, que non ten determinada cor; a quinta que canta suavemente.
REINICIO PLAN B DANZA / COSTA RICA Dirección Artística: Javier Jiménez Barboza Coreógrafo: Javier Jiménez B Intérpretes: Angie Morales, Arianna Courrau, Esther Lau, Isadora Jiménez, Itzel Bustamante, Jesús Porras, Jimena Jiménez, Joey Vega, Jorell Ureña, Jose Camareno, Jose Antonio Segura, Kristel Víquez, Lilly Stern-Pirlot, Luisi Rodríguez, María Fernanda Herrera, Mariana Rodríguez, Mariana Valverde, Moisés Camacho, Oscar Monge, Paula Jaen, Siul Móngalo, Salomé Villarreal, Viola Peri. Produción: Rosibel Arguello, Jose Camareno, Javier Jiménez B, Esther Lau, Stuart Roldán Vestiario: Lourdes LAB Música: Public Memory, ANNA, Ravid, Ezio Bosso Edición musical: Javier Jiménez B
REINICIO é un espazo que se habita cunha nova pel. Volver a empezar, retomar desde unha nova óptica, mirar desde arriba e comprender. Reinicio é volver cos cambios. Reinicio é unha nova oportunidade de vivir.
PROGRAMACIÓN
MARTES 12 – VENRES 15 NOVEMBRO
CENTRO CULTURAL DE ESPAÑA / SAN JOSÉ
Primeiras Xornadas Internacionais de Pensamento e Creación Contemporánea (por inscrición). Xornadas impartidas por creadores españois – e profesores do Máster enpensamento e creación escénica da ESADCYL- Alberto Odériz (arquitecto e escultor), JoséManuel Mora (autor e dramaturgo) e Javier Hernando (poeta e creador escénico).
SÁBADO 16 NOVEMBRO
MUSEO MUNICIPAL DE CARTAGO / CARTAGO
7.00 pm / Actuación Sólodos en Danza en Museo Municipal de Cartago.
DOMINGO 17 NOVEMBRO
LaGRÁFIKA Espacio Escénico (Gráfica Génesis) / SAN JOSÉ
Coproduce: Centro Cultural de España en Costa Rica.
Co apoio de: INAEM, Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música, Ministerio de Cultura del Gobierno de España y Programa para la Internacionalización de la CulturaEspañola (PICE) de AC/E. Taller Nacional de Danza de Costa Rica.
Colaboran: Municipalidad de Barva, Museo Municipal de Cartago, TEC Sede S.Carlos Devesa, Centros Cívicos por la Paz de Garabito y de Aguas Zarcas, Corpóreos de Quepos, LaGRÁFIKA Espacio Escénico (Gráfica Génesis) en San José, Atopémonos Bailando, Certamen Internacional de Coreografía Burgos – New York.
Este sábado, 9 de novembro, ás 17 hrs, as crianzas, entre 3 e 10 anos, e as súas familias poderán desfrutar de Migallas e a súa proposta Cantaxoga na Casa-Museo Manuel María.
Un espectáculo de música e teatro onde María Campos e Carlos Yus interpretan cancións dos seus discos Canta connosco! e Pan de millo e realizan sketchs cómicos relacionados cos contidos das cancións.
O EMA é unha nova iniciativa que nace co apoio da Xunta de Galicia para sintonizar ao sector musical galego en torno a unha xornada profesional e lúdica aberta a todos os públicos centrada na formación, o debate e o networking
O I Encontro de Música Aberta (EMA) terá lugar este mércores, 6 de novembro, de 07.00 a 14.00h, nos Estudios Mans da Coruña (Polígono de Pocomaco – Quinta Avenida, 91), baixo o lema “Estamos en sintonía”
No programa participarán o artista Abraham Cupeiro, co seu singular espectáculo Resoando no pasado e cunha masterclass de creación de instrumentos, e o dúo Soleado, o novo grupo de fusión indie-folk formado polo guitarrista e compositor de Vetusta Morla Juanma Latorre e a cantante e compositora Ester Rodríguez, que participarán nun showcase comentado
O diálogo chegará da man de Laura Iturralde, que moderará a conversa creativa Show Must Go On!: da teoría á práctica dos espectáculos en vivo, xunto aMarta Verde, Teresa Tresandí e Víctor García Aka Death Whistle
Antes, para darlle o pistoletazo de saída á iniciativa, de 07.00 a 09.00h, terá lugar a retransmisión en aberto, con público en directo, do programa de referencia de Radio 3 Hoy empieza todo, guiado por Irene Valiente, que entrevistará a Grande Amore, Fillas de Cassandra, Mondra, De Ninghures e Ortiga
Abraham Cupeiro, Soleado, Laura Iturralde e ‘Hoy empieza todo’ de Radio 3 protagonizan o I Encontro de Música Aberta da Fundación Paideia Galiza este mércores 6 de novembro na Coruña. Baixo o lema “Estamos en sintonía”, o I Encontro de Música Aberta chega coa idea de sintonizar ao sector musical galego en torno a unha xornada aberta a todos os públicos centrada na formación, o debate e o networking.
Deste xeito, esta nova iniciativa da Fundación Paideia coa colaboración da Xunta de Galicia terá lugar o próximo mércores, 6 de novembro, de 07.00 a 14.00h, nos Estudios Mans da Coruña (Polígono de Pocomaco – Quinta Avenida, 91). O acceso a este I Encontro de Música Aberta (EMA) é libre ata completar a capacidade do espazo, con inscrición previa a través da plataforma https://www.paideia.es/encontro-musica-aberta/.
No programa participarán o artista Abraham Cupeiro, co seu singular espectáculo Resoando no pasado e cunha masterclass de creación de instrumentos, e o dúo Soleado, o novo grupo de fusión indie-folk formado polo guitarrista e compositor de Vetusta Morla Juanma Latorre e a cantante e compositora Ester Rodríguez, que participarán nun showcase comentado. O diálogo chegará da man de Laura Iturralde, que moderará a conversa creativa Show Must Go On!: da teoría á práctica dos espectáculos en vivo, xunto aos artistas Marta Verde, Teresa Tresandí e Víctor García Aka Death Whistle.
Antes, para darlle o pistoletazo de saída á iniciativa, de 07.00 a 09.00h, terá lugar a retransmisión en aberto, con público en directo, do programa de referencia de Radio 3 Hoy empieza todo, guiado pola xornalista Irene Valiente, que entrevistará a Grande Amore, Fillas de Cassandra, Mondra, De Ninghures e Ortiga.
PROGRAMA I ENCONTRO DE MÚSICA ABERTA DE FUNDACIÓN PAIDEIA
7.00 a 9.00h. Retransmisión en directo de Hoy empieza todo, de Radio 3, con Irene Valiente.
9.00 a 9.30h. Café.
9.30 a 10.45h. Abraham Cupeiro: Resoando no pasado.
10.45 a 11.30h. Abraham Cupeiro Masterclass de construción de instrumentos.
11.30 a 12.00h. Café.
12.00 a 12.30h. Showcase comentado de Soleado.
12.45 a 13.50h.Show Must Go On!: da teoría á práctica dos espectáculos en vivo: Diálogo creativo coa moderadora Laura Iturralde e a participación de Marta Verde, Teresa Tresandí e Víctor García Aka Death Whistle.
13.50 a 14.00h. Peche institucional.
SOBRE O I ENCONTRO DE MÚSICA ABERTA (EMA) DE FUNDACIÓN PAIDEIA
O I Encontro de Música Aberta de Fundación Paideia nace co obxectivo de impulsar a profesionalización da actividade musical emerxente en Galicia e de promover o talento musical emerxente do noso territorio, ademais de apoiar o potencial dos e das profesionais como axentes de transformación social. O EMA busca, tamén, favorecer a participación e a expresión das novas figuras do sector, mellorando os seus coñecementos profesionais e sobre a industria musical da nosa contorna e promovendo as oportunidades de diálogo de artistas noveis con axentes, promotores e outros perfís profesionais relevantes da nosa industria.
O desenvolvemento e a innovación no sector da música emerxente en Galicia é un dos principais valores da Fundación Paideia, feito que impulsa a creación deste I Encontro de Música Aberta (EMA), que reúne a figuras punteiras e recoñecidas da industria musical, nunha aposta polo coñecemento, o intercambio, o debate, o encontro e a reflexión, poñendo o foco dun xeito lúdico e atractivo nas novas tendencias do sector. O EMA está aberto a todos os públicos, profesionais emerxentes ou consolidados, curiosos e amantes da música ao vivo, que busquen descubrir ou profesionalizar os seus proxectos musicais a través de ferramentas como a formación, o debate e o contacto cos principais axentes da industria na actualidade.
O EMA xorde, tamén, co desexo de poñer en contacto aos distintos actores e actrices da industria musical galega, coa fin de facer visible o seu labor como motores do sector. E busca, ademais, crear as condicións necesarias para que os proxectos musicais emerxentes teñan unha maior capacidade de profesionalización, así como os recursos necesarios para a posta en valor do seu talento e potencial, conseguindo maior visibilidade e presenza no mercado.
SOBRE ABRAHAM CUPEIRO
Construtor e multiinstrumentista, o que caracteriza a Abraham Cupeiro é a recuperación de instrumentos perdidos no tempo, que el emprega para crear novas sonoridades e imbricalos en músicas alleas a eles. Abraham Cupeiro no é soamente un músico, é un verdadeiro mestre dos instrumentos, desde o corno de caza ata a zanfona, pasando polo carnyx, instrumento ancestral que Abraham reviviu nos seus concertos. A súa carreira levouno a colaborar con orquestras e artistas de renome internacional, sempre deixando unha pegada única coa súa habilidades para combinar tradición e modernidade. Desde os escenarios máis prestixiosos ata os recunchos máis recónditos, este artista único compartiu o seu pola música con audiencias de todas partes, creando experiencias sonoras inesquecibles.
Resoando no pasado é unha viaxe pola historia da humanidade a través dos instrumentos. Abraham Cupeiro guíanos neste percorrido da man da súa enorme colección de instrumentos milenarios. E faino con moito amor e coa pedagoxía de quen coñece os instrumentos por dentro e por fóra como ningún outro. Porque el mesmo foi quen creou algún dos seus propios instrumentos, como o carnyx ou o cornu, reconstruídos a partir de exemplares encontrados en Pompeya. Resoando no pasado non é un concerto nin tampouco un monólogo, pero Cupeiro combina aquí elementos de músico e contador de historias, nun espectáculo fascinante no que descubrir un pouco máis do ser humano a través das músicas creadas ao longo dos séculos.
Pola súa banda, o obradoiro de creación de instrumentos de Abraham Cupeiro é o sitio no que o público poderá experimentar xunto ao artista na recreación de instrumentos do pasado, xerando, incluso, novos instrumentos que sorprenden polas súas capacidades melódicas e a súa sonoridade. Este obradoiro é, sen dúbida, o proxecto máis coidado polo creador.
SOBRE SOLEADO
Soleado é o novo grupo de fusión indie-folk formado polo guitarrista e compositor de Vetusta Morla Juanma Latorre e a cantante e compositora Ester Rodríguez. O seu novo sinxelo, Los amores perros, emprega unha linguaxe como de canción de verbena, metáforas moi relacionadas co romanceiro e a canción popular (a reixa, o pano, a romaría, o pan e o viño…) que contrastan cun retrouso pop e unha base electrónica. O tema, producido unha vez máis por Pau Paredes, conta coa colaboración das pandereteiras-cantareiras Lilaina (Aliboria).
SOBRE SHOW MUST GO ON!: DA TEORÍA Á PRÁCTICA DOS ESPECTÁCULOS EN VIVO
Este diálogo creativo é un espazo para descubrir a arte do espectáculo a través da experiencia dos seus protagonistas. Dende a creatividade ata a execución, esta actividade moderada por Laura Iturralde invita ao público a formar parte do diálogo e da exploración dos retos e acertos dos eventos en directo, cunha sesión práctica e unha mesa redonda aberta a preguntas e ideas.
Laura Iturralde dedícase á plástica escénica desde 2015, especializándose na dirección de arte para espectáculos en vivo. A súa proposta artística transforma espazos a través da luz, creando atmosferas que enriquecen a narrativa dos proxectos. Colaborou con artistas ou entidades como Mercedes Peón, Brigitte Vasallo, Guadi Galego, Tanxugueiras, David Amor e os Centros Dramáticos Galego e Nacional. Nos últimos anos foi merecedora de seis premios María Casares, destacando a mellor escenografía en 2018 e a mellor iluminación en diversas ocasións, así como o premio nacional Rogelio de Egusquiza en 2021, no que acumula un total de dez nomeamentos nos últimos seis anos.
SOBRE A FUNDACIÓN PAIDEIA
Desde a súa creación en 1986, a Fundación Paideia Galiza ten apostado por converterse en referente na profesionalización e empregabilidade de persoas e sectores vulnerables. Na actualidade, a Fundación Paideia Galiza centra a súa actividade no desenvolvemento de cinco áreas de traballo: emprendemento, formación e divulgación, discapacidade e emprego, mocidade e mobilidade e desenvolvemento territorial.
Dentro da área de emprendemento, vense prestando especial atención á industria musical, ofertando posibilidades de formación, gravación e promoción a bandas e solistas emerxentes galegas e galegos, encamiñadas á profesionalización da súa actividade. Para a consecución deste obxectivo, a Fundación Paideia Galiza organiza, de forma continuada, programas de formación en emprendemento musical, xornadas de divulgación, cursos, masterclass, actividades de titorización e mentoría, residencias artísticas, concursos e certames, que conforman un corpo de accións dedicadas á profesionalización da actividade musical emerxente en Galicia.
Desde o ano 2017, Fundación Paideia Galiza e Axencia Galega das Industrias Culturais veñen colaborando na procura e definición dunha política cultural innovadora para a industria musical emerxente, tanto en formas como en contidos, mediante o desenvolvemento de ciclos de xornadas profesionais e outras plataformas para a promoción e difusión de proxectos musicais emerxentes.