Ciclo Mestre Mateo. Proxección da película FATUM no Auditorio de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película FATUM, de JUAN GALIÑANES, continúando co CICLO MESTRE MATEO que durante o último trimestre do presente ano 2024 brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXII PREMIOS MESTRE MATEO.

Esta segunda proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o XOVES 10 DE OUTUBRO DE 2024, ás 20:00 horas.

NOTA-INFORMATIVA-FATUM

Presentación do espectáculo ‘Mulleres que viven solas #MQVS’ no #FIOT33

O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, presentou á prensa o novo espectáculo de Paula Carballeira e a súa compañía Berrobambán: ‘Mulleres que viven soas #MQVS’.

A estrea absoluta da obra terá lugar este sábado, 5 de outubro, ás 20.00h, no Pazo da Cultura de Carballo, como apertura do Programa de Sala desta 33ª edición do FIOT.

Neste 2024, o FIOT establece unha alianza con Berrobambán, unha das compañías máis consolidadas do panorama galego, para esta estrea na que se integran dous dos eixos constantes do noso festival, a narración oral e a temática feminina. A autora da obra é Paula Carballeira, Xograresa de Outono do FIOT, que recentemente sumou aos seus numerosos galardóns o Premio Nacional de Literatura Dramática.

As mulleres que viven soas sempre foron sospeitosas. Tres mulleres son as protagonistas, as tres bruxas de Macbeth na peza de Shakespeare. Tres bruxas que encarnan os males deste mundo e que nos serven de referencia para rirnos da diferenza entre como nos ven (ou nos contan) e como nos sentimos nós dentro das nosas casas. Xa se sabe, as bruxas, coa súa teima de liberdade e de coñecemento, asustan.

A orixe deste proxecto é unha sesión de contos de Paula Carballeira que, posteriormente, medraría cunha serie de podcast que recollen experiencias e retratos íntimos de mulleres Agora convértese nunha comedia híbrida entre o teatro documental, a standup comedy e o teatro isabelino interpretado por Paula Carballeira, María da Pontragha e Vero Rilo, tres das contadoras de historias máis relevantes do país, que darán voz e corpo a historias reais e personaxes femininas de ficción.

Adxuntamos imaxes (fotógrafa: Vanessa Rábade: https://we.tl/t-XeSgDvT15a) e audios de dúas escenas do espectáculo, ademais de fotos da rolda de prensa celebrada esta mañá, na que participaron o equipo artístico da obra e máis o director do FIOT, Alberto Sueiro; o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; e a cncelleira de Culturade Carballo, Maruxa Suárez.

Na seguinte ligazón é posible consultar a información práctica da estrea de ‘Mulleres que viven soas #MQVS’ no FIOT:

https://fiot.gal/programa/mulleres-que-viven-soas/

Máis info do proxecto e da compañía Berrobambán en:

Velaquí dous audios que fan referencia á presentación do espectáculo Mulleres que viven solas

Ciclo Mestre Mateo. Proxección da película SALTA! no Auditorio Municipal de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coaÁrea de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e coConcello de Vilalba, organiza a proxección da película SALTA!, de OLGA OSORIO, dando inicio así ao CICLO MESTRE MATEO que durante o último trimestre do presente ano 2024 brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXII PREMIOS MESTRE MATEO.

Esta primeira proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o VENRES 4 DE OUTUBRO DE 2024, ás 20:00 horas. Dada a temática da película, considerámola como especial para as familias.

NOTA-INFORMATIVA-SALTA

Andanzas do Suso de Lameliña. ANDAR POLA ESQUERDA

Andanzas do Suso de Lameliña

Suso de Lameliña

ANDAR POLA ESQUERDA

Había unha vez un director dunha escola universitaria durante os últimos anos do franquismo, que raro era o día que non se vía envolto nalgunha polémica. Naquela época de cambio, cando xa se barruntaba o final do ditador, as protestas e manifestacións eran acontecementos case semanais, tanto nas rúas como dentro do propio centro educativo. O mencionado director, fervente seguidor do réxime, convertérase na diana habitual das críticas estudantís. Nunha destas protestas, mesmo tivo que refuxiarse no seu despacho fuxindo da cólera dun grupo de estudantes exaltados. Casualmente, hai uns días, cando regresaba de dar un paseo pola vila, cruceime cun antigo compañeiro meu, e saíu á conversa o nomeado profesor. E tróuxome ao maxín esta anécdota que xa tiña esquecido, e que agora vou compartir.

Nunha ocasión, mentres anunciaba en público as cualificacións dos exames da materia que impartía, chegou a un estudante ao que, despois de nomear, lle outorgou un 4,5. O alumno, claramente sorprendido xa que esperaba unha nota superior, recibiu unha resposta en castelán impecable, por parte do director, oriundo dunha provincia alén de Pedrafita:

—Señor…, usted anda mucho por la izquierda y cualquier día lo va a parar la Guardia Civil.

Un silencio sepulcral envolveu o salón de actos, onde a asignatura se impartía con solemnidade. A voz do profesor, clara e incisiva, cortaba o aire mentres continuaba coa lectura da lista de notas. Cada nome anunciado resoaba na estancia, impactando como unha daga no peito dos estudantes nomeados, que agardaban con ansia e nerviosismo a temida cualificación.

Hugo Guezeta publica o seu tema máis intimista e persoal, “A Toleira”

Hugo Guezeta ábrese por completo para presentar o seu novo sinxelo “A Toleira”, o quinto adianto do que será o seu primeiro disco de longa duración, que verá a luz nos próximos meses. Baixo a temática dun amor que non remata de encaixar, Hugo afonda dentro dun intimismo do que adoita deixar pequenas mostras, pero co que nunca se adentrara tanto como nesta canción.

Tras publicar os adiantos de “O Noso Tempo”, “Feridas”, “De Volta” e “Cantare”, esta última coa colaboración das rapeiras Nadie González e Temible Olivina, o rapeiro galego lanza “A Toleira”, unha canción máis suave e melódica baixo a produción de Peter Petrowski, artífice na produción de todos os adiantos ata agora publicados por Hugo, así como o disco que verá a luz antes de finais deste ano 2024. Nesta novo adianto, Hugo volve a contar coas guitarras de Arón Ferreiro, guitarrista de grupos como Keixa ou Errantes. A pesar de que o tema naceu dende a melodía e a base para posteriormente incorporar a letra, o tema pedía meter guitarras melódicas, e Arón e Petrowski empastaron á perfección para aportarlle ao tema un novo son que o mellorou.

O tema ve a luz xunto cun video lyrics feito polo mesmo Peter Petrowski, encargado tamén de realizar a portada. Con este novo tema, baseado nas inquedanzas persoais e en querer evadirnos na nosa vida cando se complican as relacións amorosas, perfila o que será o seu novo disco, que presentará en directo nunha xira que xa conta coas súas tres primeiras datas confirmadas. O 12 de decembro Hugo abrirá a xira en Mos (Sala Rebullón), para continuar o 19 dese mesmo mes na Coruña (Sala Mardi Gras) e o 21 en Santiago de Compostela (Sala Sónar). As entradas xa están á venda en enterticket.es.

PRIMEIRAS DATAS DA XIRA “O NOSO TEMPO”

14/12 · SALA REBULLÓN · MOS · ENTRADAS

19/12 · SALA MARDI GRAS · A CORUÑA · ENTRADAS

21/12 · SALA SÓNAR · SANTIAGO DE COMPOSTELA ·

ENTRADAS

MÁIS SOBRE HUGO GUEZETA

 Hugo Guezeta é un dos rapeiros e letristas máis importantes e talentosos do panorama musical galego. Tras o éxito do seu grupo SonDaRúa, co que chegou a dar máis de 200 concertos por todo o estado, actuando en grandes festivais e enchendo salas históricas como a Sala Capitol de Santiago de Compostela, o rapeiro emprende agora a súa andaina en solitario.

Hugo consolidouse como un dos grandes rapeiros de Galicia non só pola súa pegada en SonDaRúa, xa que intercalou a súa labor no grupo con lanzamentos individuais que acumularon decenas de milleiros de escoitas en plataformas.

O artista galego destaca polas súas letras cargadas de reivindicación e crítica social, así como pola calidade do seu rapeo. Nesta andaina en solitario, Hugo leva as súas letras a un aspecto máis persoal e íntimo, pero mantendo en todo momento esa forte crítica e reivindicación que xa son característicos del. Tamén a súa música evoluciona cara sons máis versátiles e bailables, que posicionan ao proxecto como un dos máis interesantes deste ano dentro do panorama urbano.

O seu primeiro disco de longa duración, gravado e producido na súa totalidade polo produtor Peter Petrowski, sairá a finais de 2024,  e “O Noso Tempo”, “Feridas”, “De Volta”, “Cantare” e “A Toleira” son os primeiros adiantos do mesmo. Nos próximos meses sairán os seguintes adiantos do disco, que se caracterizará por un son versátil e divertido, con letras de carácter persoal sen perder o foco na crítica social reivindicativa, selo de identidade de Hugo Guezeta.

HENKO. A mirada de Miguel Díaz

HENKO

Miguel Díaz

Título: DISPARO

Houbo un momento. Un reloxo de area conxelado. Amar nese intervalo. Nunha tregua filtrada entre a treboada, unha fuxida desprezadora do aramado.

E logo rompeu o espazo, o lenzo preparado rachou dun bandazo.

E seguiu a obra. Cabalos aloucados, galopar no escenario. Volveu o ruído, a batalla terrible, a palabra perdida.

E entón, de novo retornar ao soldado. Fusil, escudo. Pólvora disposta, famenta bala. Achégase alguén na noite e non hai pregunta. Só disparo