POEMAS CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA. NPG e Outros Autores.

POEMAS CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA. NPG e Outros Autores.

  1. Para conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero o grupo poético NPG Nova Poesía Guitirica levou a cabo a iniciativa de pendurar nas farolas poemas cuxa temática estaba relacionada con esta lacra social, que atenta contra a esencia fundamental da muller como ser humano.

E agora ditos poemas pasan a formato dixital para que poida gozar coa súa lectura todo o mundo.

Velaí o enlace para descargar os Poemas contra a Violencia Machista da NPG Nova Poesía Guitirica e que formaran parte na súa maioría da iniciativa citada de comezos de ano de #PoemasPenduradosDeFarolas e #EnNegroContraAViolenciaMachista. Ademais dos poetas escritos polos integrantes da NPG, tamén aparecen doutros autores coma Emilia Martínez Fuentes, Toño Núñez, o vilalbés Martiño Maseda, o gañador da primeira edición do Premio de Poesía Xosé María Díaz Castro, Raúl Gómez Pato e, por suposto, o vilarego universal Xosé María Díaz Castro.

OS HAIKUS, EN GALIZA, TEÑEN NOME DE MULLER E CHAMANSE VILARIÑAS por Antón de Guizán

OS HAIKUS, EN GALIZA, TEÑEN NOME DE MULLER E CHAMANSE VILARIÑAS por Antón de Guizán

Será o vindeiro sábado 2 de decembro ás 18:30 da tarde na igrexa dos Vilares (Guitiriz), cando:

-Andréa Araújo Alonso, A Guarda, estudante de artes escénicas.

-Pedro Rielo Lamela, Pontevedra, xornalista da TVG.

-Toño Núñez, Navia, mestre.

Recibirán os Prémios do 1° Certame VILARIÑAS de micropoemas da man de Sandra Tenreiro, mestra de música e cantautora, Luz Campello (NPG), traballadora social e poeta e Marica Campo, mestra e escritora.

Os gañadores recibirán unhas “Vilariñas” deseñadas pola artista da Costa da Morte Viki Rivadulla e un exemplar coa recompilación das Vilariñas presentadas (máis de 150).

Intervirán neste acto, ademáis dos premiados e as persoas que farán entrega, o poeta vilalbés Martiño Maseda (Culturalia GZ), Fátima Fernández (NPG) e o presidente de Xermolos, Alfonso Blanco, depositario do legado do poeta Díaz Castro.

En Galiza, os Haikus, tomado nome de Müller, <VILARIÑAS> En homenaxe ao nóso poeta, Xosé María Díaz Castro, nado no Vilariño, Os Vilares. Pepe do Vilariño, como se lle coñecia na parróquia chairega de Guitiriz, foi o poeta das cousas pequenas, das herbas pequerrechiñas da Chaira que enchem de perfume o mundo é desa admiración polas pequenas coisas inspirouse o Certame VILARIÑAS e o próprio nome dos micropoemas deste concurso.

Nacen así  as <VILARIÑAS>, as micro poesías galegas con nome próprio que verán publicadas as bases da segunda convocatória no mês de xaneiro de 2018.

As entidades organizadoras, A Asociación Sócio-Cultural Lareira de soños, a NPG Nova Poesia Guitirica e o soporte dixital www.culturaliagz.com teñen organizado após do acto unha “Cea Vilariña” en Guitiriz.

Longa vida ás <Vilariñas> e que Medre a Poesía!!

 

 

Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.dosvilares.com
www.facebook.com/osvilares
twitter@dosvilares1

Celso F. Sanmartín na Casa-Museo Manuel María

Celso F. Sanmartín na Casa-Museo Manuel María

O sábado, 2 de decembro, ás 20 horas, e dentro da programación cultural que desenvolve a Casa-Museo Manuel María, poderemos ver e escoitar ao contador de contos e historias Celso F. Sanmartín.

Contos, historias e memorias da tradición oral galega e europea, asentadas na cultura agrícola-gandeira e pedestre, conforman o seu repertorio. Recollidas e reacomodadas polo propio Celso, estas, teñen un toque contemporáneo que nos descubren tamén a súa actualidade.

O prezo da entrada é de 5 euros e pódese reservar anticipadamente en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou chamando ao tel. 698177621.

*Información facilitada dende a Casa-Museo Manuel María.

Polafía nas Pontes. Fiando lembranzas

Polafía nas Pontes. Fiando lembranzas

Polafía nas Pontes. Fiando lembranzas

  • Domingo, 26 de novembro de 2017, a partir das 18:00

Salón de Exposicións do Mercado Vello (Avda. Ferrol, 13), con entrada libre até completar aforo.

Sección de literatura de tradición oral da AELG propón visitar o Concello das Pontes para asistir a esta Polafía. O que suceda nesta Polafía, como xa sucedeu en todas as anteriores, gravarase para incorporar ao arquivo oral da web AELG.

O acto terá lugar no Salón de Exposicións do Mercado Vello (Avda. Ferrol, 13), ás 18.00 e con entrada libre até completar aforo.

Contaremos con actuacións musicais e as intervencións de:

Ovidio García Pazos, Xosé López Soto, Antonio Lourenzo Cabarcos (Toñito de Ferpu), Maruja López Rivera (Maruja da Ibérica), José López Martínez (Pepe de Rosalía), Esperanza Piñeiro de San Miguel, Nieves Montero Corral, Juan Eladio Pico Romero (Eladio O Cego), Jesús Prieto (Suso do Aparral), Sara Ramil, Elisa Romero Ferreiro, Isidro Novo, Lois Pérez e… un mundo de xente.

Este acto, coorganizado pola Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG e a Asociación de Estudos Históricos e Sociais Hume, conta co apoio da Deputación da Coruña, a Consellaría de Cultura e Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO) e coa colaboración do Concello das Pontes.

 

*Información achegada dende a AELG.

LA BELLA Y LA BESTIA, El Musical no Auditorio Municipal de Vilalba

LA BELLA Y LA BESTIA, El Musical no Auditorio Municipal de Vilalba

LA BELLA Y LA BESTIA, El Musical.

La Bella y La Bestia”, musical familiar baseado no conto de fadas de Gabrielle-Suzanne Barbot de Villeneuve e a obra revisada e abreviada de Jeanne-Marie Leprince de Beaumont, a cal escribiu a partir da historia orixinal. Esta historia representada en Teatro Musical é ideal para que maiores e pequenos gocen xuntos coa gran posta en escena, os personaxes diversos e pola maxia que desprende en cada escena con fermosas e divertidas coreografías e cancións con voces en directo.

Recomendado para toda la familia.

Data: Sábado 25 de novembro de 2017

Lugar: Auditorio Carmen Estévez

Hora: 17:30h

Entradas: anticipada12€ (en Ataquilla.com e na Casa da Cultura) – taquilla 14€.

Os nenos menores de 2 anos que non ocupen butaca non pagan.

Para todos os públicos.

 

*Información facilitada pola Área de Cultura do Concello de Vilalba