CONCERTO DE AZUL DE BUEU O SÁBADO 7 DE ABRIL NA CASA-MUSEO MANUEL MARÍA

CONCERTO DE AZUL DE BUEU O SÁBADO 7 DE ABRIL NA CASA-MUSEO MANUEL MARÍA

O próximo sábado, 7 de abril, ás 20 hrs, no auditorio da Casa-Museo Manuel María imos ter a posibilidade de ver e escoitar en directo un interesantísimo proxecto musical que fusiona o jazz coa música oral da tradición galega, AZUL DE BUEU. Este grupo que o ano pasado presentou un traballo homónimo, está integrado por experimentados músicos de recoñecido renome e traxectoria na escena galega do jazz e da música tradicional (Sonsoles Penadique (voz e acordeón diatónico), Xosé Miguélez (saxo), Juansy Santomé (contrabaixo), Wilfried Wilde (guitarra) e Iago Fernández (batería)).

A partir das melodías da tradición vogal galega, AZUL DE BUEU mostraranos a súa proposta interpretándoas con cores harmónicas e tímbricas xenuinamente jazzísticas. Podemos falar dun auténtico jazz galego. Os puntais do proxecto son os ritmos, as melodías, as escalas, as harmonías, a improvisación e a flexibilidade formal. En todos estes aspectos AZUL DE BUEU encontrou fortes e fermosos nexos de unión entre a tradición oral galega, o jazz e outras músicas modernas, desenvolvendo un proxecto de fusión onde se afonda no repertorio máis antigo e tradicional galego para o introducir no universo do jazz e a música moderna, sempre desde o respecto á tradición e o afán anovador. Un concerto para non o perder.
Pode reservarse anticipadamente o billete (5 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou tel. 698177621

NOITE DE SAUDADES, por Asun Blanco

NOITE DE SAUDADES.

Murmuran as ondas
o seu eterno murmurio,
nun labirinto de notas
fuxidas de melancolía,

Chora a noite nun inverno cru
batendo con forza na xanela
aberta do meu cuarto.

Mergúllanse as lembranzas,
en saudades
¡¡A razón da vida!!

dunha noite xélida, sen luz,
sen lúa.
éo meu pensamento,
vai e ven, na túa procura
Es o meu sentir, a miña vida!

Recital de Poesía Feminista na Asociación Cultural A GALLEIRA

Recital de Poesía Feminista na Asociación Cultural A GALLEIRA

O vindeiro 6 de abril, organizado pola Asociación Cultural A GALLEIRA e BRIGANTIA, celebrarase un Recital de Poesía Feminista coa intervención de poetas como Antía Balvís, Arancha Nogueira, Iolanda Andrei, Adolfina Mesa, Verónica Martínez, Concha Rousia, Antía Pérez…

Ao final haberá micrófono aberto para quen desexe participar.

Medre a Poesía en Feminino!

Festival Solidario de Mans Unidas 2018

Festival Solidario de Mans Unidas 2018

O vindeiro sábado 7 de abril no auditorio Carmen Estévez, festival benéfico de «Mans Unidas», ás 20.30h con entrada única de 5€. As entradas xa están a venda por voluntarios e membros de Mans Unidas e o mesmo día da actuación na taquilla.

Contan coa participación de: Os Valuros de Castro de Rei, música tradicional e baile, as cancións nas voces e instrumentos de Rosana e Baruk Domínguez Grandío, e as belas melodías de Tuna dos Troyanos de Compostela. Presentado por María Xosé Lamas.

 

*Información facilitada pola Área de Cultura do Concello de Vilalba.

XXIV Festa do Queixo San Simón da Costa

XXIV Festa do Queixo San Simón da Costa

O vindeiro 7 e 8 de abril celebrarase na Praza da Constitución de Vilalba a XXIV Festa do Queixo de San Simón da Costa.

O sábado 7 de Abril, os actos da xornada comezarán na Praza da Constitución, coa apertura ao público do recinto feiral a partir das 11.00 horas, que permitirá aos asistentes gozar coa diversidade de produtos artesanais e gastronómicos da zona.

Teremos un obradoiro de cociña infantil a cargo de Esther, a gañadora de MasterChef Junior 5, será o ás 16:30 Praza da Constitución. Ata completar aforo.

A lectura do pregón será a cargo de Jorge Gago que terá lugar ás 19.00h.

O domingo día 8 ás 10.00 horas, apertura do recinto feiral na Praza da Constitución ata ás 15.00h.
Showcooking da chef María Varela ás 12:00h e do chef Yayo Daporta ás 13:30h, na Praza da Constitución

Os horarios da Festa do Queixo serán os segintes:

SABADO DÍA 7 de abril de 11:00 h. a 21:00 h.

DOMINGO DÍA 8 de abril de 10:00 h. a 15:00 h.

Máis información sobre o Queixo de San Simón da Costa en: www.sansimondacosta.com

 

*Información achegada dende a área de Cultura do Concello de Vilalba.

Xornada “A lei do libro a debate” no Consello da Cultura Galega

Xornada “A lei do libro a debate” no Consello da Cultura Galega

A AELG foi convidada a participar na xornada “A Lei do Libro a debate”, que terá lugar o xoves 19 de abril organizada polo Consello da Cultura Galega.

Dado que é un tema que nos afecta e preocupa, achegámosche información sobre a mesma e para a que está aberto o prazo de inscrición.

Presentación.

Co gallo do Día Mundial do Libro e a Lectura, a Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega (CCG) organiza unha xornada de avaliación do desenvolvemento da Lei do Libro e da Lectura de Galicia, un texto que foi elaborado colectivamente no seu día e aprobado no Parlamento en 2006.

A partir da análise dos datos empíricos e dos obxectivos que a Lei pretendía e permitía acadar, valoraranse tamén os contidos desta dende a perspectiva legal e administrativa, así como a súa vixencia, fortalezas e feblezas a partir dos puntos de vista achegados polos distintos axentes públicos e privados relacionados con este ámbito.

Programa.

Sesión de mañá

10:00
O proceso de elaboración da Lei do Libro 2006 
Presenta: Manuel Bragado
Cristina Novoa, Asesoría de Bibliotecas Escolares
Xavier Senín, subdirector xeral de Cultura en 2006

11:00
Datos da edición en Galicia 2006-2016 
Observatorio da Cultura Galega, CCG

11:30. Pausa

12:00
Contidos da Lei do libro 2006 
Presenta: Alba Nogueira
Carlos Amoedo
, Universidade da Coruña
Sesión de tarde

16:30
Lei do libro 2006, vixencia e perspectivas de reforma
Modera: Marcos Lorenzo

Xosé Ballesteros, AGE
José Daniel Buján Núñez, xefe de servizo da Biblioteca de Galicia
Susana Castro Barral, subdirectora xeral de Centros
Mercedes Queixas
, AELG
Pilar Rodríguez
, Federación de Librarías
Dolores Tobío Barreira, xefa do Servizo do Libro e Publicacións

Debate final

Inscrición en http://consellodacultura.gal/evento.php?id=200648

A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75 % das sesións.

Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Máis información.

 

*Información achegada dende a AELG.