por martinho | Jun 27, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
A Orquestra Xove Sinfónica de Galicia visitará o auditorio Carmen Estévez o xoves 12 de xullo ás 20:30h, concerto que contará con Rubén Gimeno como director.
Programa do concerto:
Primeira parte
Condenación de Fausto. Marcha Húngara de Berlioz
Suite del Cascanueces de Chaikovsky
-Marcha
-Danza china
-Danza Rusa trepak
-Danza árabe
-Danza de los Mirlitones
-Vals de las flores
Bolero de Ravel
Segunda Parte
Obertura Poeta y Aldeano de Suppé
Intermezzo de Manon Lescaut de Puccini
Obertura La italiana en Argel de Rossini
Obertura 1812 de Chaikovsky
Lugar: Auditorio Municipal Carmen Estévez
Data: xoves , 12 de xullo de 2018
Hora: 20.30 horas
Entrada: 5€
As entradas xa a venda en Ataquilla.com ou na casa da Cultura.
*Información achegada dende a Área de Cultura do Concello de Vilalba.
por martinho | Jun 27, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
Os rapaces do Centro Ocupacional Vilalba Terra-Chá, presentan a comedia “A Consulta”, na que veremos un doutor moi peculiar, que trata de dar resposta aos problemas dos seus peculiares pacientes.
Terá lugar o vindeiro venres 29 de xuño ás 19.00h no auditorio Carmen Estévez, coa entrada de balde.
*Información facilitada pola Área de Cultura do Concello de Vilalba.
por martinho | Jun 27, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
O mércores 27 de xuño ás 21:00h, a Escola Municipal de Teatro de Vilalba estrea “Divinas Palabras”, de Valle-Inclán, considerada traxicomedia de aldea, publicada en 1919. Unha das pezas principais do chamado ESPERPENTO que amosa unha España sordida en situacións de crueldade, en tono traxicómico, a través dos personaxes.
A morte, avaricia e a luxuria, son as bases desta peza crítica e ácida de Valle o redor da capela de San Clemente.
Tratase da obra máis universal do autor galego, Sen dúbida a máis representada fora de España.
O mércores 27 de xuño ás 21:00h, no auditorio Carmen Estévez coa entrada de balde.
*Información achegada pola Área de Cultura do Concello de Vilalba.
por martinho | Jun 27, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
Achegámosvos a programación do CONVIVIO DA CULTURA GALEGA que celebraremos este vindeiro 14 de xullo na Carballeira de Santa Isabel, en Outeiro de Rei.
11.30 Acollida na horta da Casa-Museo Manuel María. Actuación do grupo de música tradicional UNTIA e do coro da Asociación Cultural e Musical SOLFA
12.30 Ofrenda floral a Manuel María no cemiterio de Outeiro de Rei
13.00 Concerto da BANDA Municipal de Música “SONS E SOÑOS” de Rábade-Begonte-Outeiro, dirixida por Armando Morales Blanco, na Carballeira de Santa Isabel
14.00 Xantar na carballeira (cada quen trae a súa comida)
16.30 Títeres. O grupo de teatro Pereira de Lobos representa “Berenguela. Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo”
17.00 FOLIADA, para cantar e bailar, con distintos grupos de música tradicional (Untia, Treboada, Birloque Gaiteiros, Coitelo de pau, Parabéns, Reviravolta, Cantareir@s.comTigo…). Anima Xurxo Souto.
por Daniel Irimia Yáñez | Jun 26, 2018 | Autores/as, Creación, Literaria, Xeral
Para o amigo Xabier P. Docampo: así gratitude e memoria na posteridade.
I
Sabemos do territorio. De como a infancia marca os corpos para configurar a filiación da carne. E bordeamos as lagoas, as extensas pradarías de Ávalon onde o froito se ofrece perpetuo. E bordeamos os sinuosos meandros do Minius, falamos dos cáncaros que circundan o leito: a certa distancia prudencial. Coñecemos a transhumancia da pel sobre o mineral que nos invoca.
Existe a radiografía da dor: esta precede sempre ao nervio. Os camiños da luz son premisa. Os camiños da luz son premisa. Pero a primeira luz procede do incendio, se é que define na implosión.
O frenesí das aves nas márdeas da Patria. Falo de como o lavanco aterra nos peitorís das regas de Riba da Insua. Falo das aves que evitan migrar por temor á muda. A muda na retina dos tempos.
Aquí un piar contra o holocausto do idioma.
Poñemos en pé o mercurio para acender unha estrela na memoria de todos os mortos que estercan os campos da Chá.
Non hai cesión, senón prevalencia: creme cando falo de historias que naufragan pero manteñen os mastros baixo as augas da barbarie.
A escrita repousa, reafirma, exércese a sabendas.
II
Sabemos do territorio. De como a infancia marca os corpos para configurar a filiación da carne. Ti filiación e territorio. Árbore que sostén a folla cando amence o frío.
Podes fitar o Sol e reflectir a luz de todos os nenos que impelen a lingua.
III
Coñecemos a túa temperatura. Quizais. Para que tan só os vestixios regresen nun calafrío.
Coñecemos o teu labio para que o resto da vida te amose en curvatura.
*Imaxe: Exteriores do cinema Imperial da Feira do Monte, onde pasou boa parte da súa infancia Xabier P. Docampo; amais de ser eixe pivotante da súa derradeira novela (A nena do abrigo de astracán).
por martinho | Jun 26, 2018 | Autores/as, Creación, Literaria, Xeral
ANTOLOGIA POESIA PALESTINA MODERNA (IX)
Yabra Ibrahim Yabra
جبرا إبراهيم جبرا
Bocal do poço
(Na matança de Deir Iaseem, o inimigo atirou os cadáveres das vítimas no poço da aldeia)
Bocal do poço,
ponto para o encontro em jogos das mãos dos infantes
com a selha vertendo
água nos cântaros
entre cantos e risos.
Sacrificou-os talvez a boca do túmulo?
É que a boca do curral alimenta-se com meninhos*
e mulheres grávidas que vertem
o sangue lixado polas* balas?
secaram os racimos no seu redor?
queimou-se o trigo? Verteram-se
os odres de óleo no alforje de pedra
e sobre ela está de novo a cruz de Cristo?
O bocal do poço é para nós o segundo Gólgota.
Agromará* da sua boca ensanguentada
ardente lava negra
com a carne das crianças e das mulheres grávidas
para abater
os que a morte semearam
e abutres alimentaram na terra nossa.
da sua inundação sagra e fértil
hão renascer
todas as aldeias nossas.
http://yaeni.com/Files/art_img/20130415-211443214214434.jpg