A BRAÑA DE BOEDO, por Antón de Guizán

A BRAÑA DE BOEDO, por Antón de Guizán

A homenaxe aos Tres da Lexía e a Alfonso Blanco en Santa Mariña, coincidín co naturalista de orixes vilaregas Manuel Freire, que ao pé do privilexiado mirador onde se levanta o monumento de Valdi, ensinoume desde o alto a Braña de Boedo e contoume que Guitiriz conta con unha das turbeiras máis importantes do estado, a Braña de Boedo, ao pé mesmo da capital municipal. Un humidal encadrado dentro do LIC “Parga-Ladra-Támoga” e que destaca pola riqueza da súa fauna (odonatos, anfibios e aves), a sua flora, con especies protexidas e outras próprias das brañas e algunha planta carnívora. No ano 2011 a Asociación de Amigos da Terra denunciou na administración a execución dunha drenaxe, que aumetaba as canles de desaugue e cavaba outras canles novas. O efecto máis inmediato desta acción foi a desaparición de numerosos puntos de auga estancada, moi favorables para a reprodución dos anfibios. Accións consecuencia da falta de protección para este importante espazo, mais incomprensíbel aínda cando falamos de Guitiriz como o concello da auga e da pedra.
Esa falta de declaración de espazo natural protexido, permitiu no seu momento tamén o emprazamento do polígono industrial de Guitiriz na cabeceira da braña, unha das turbeiras máis grandes da península e a mais importante de Galiza a pesares dese esquecemento ao que é sometida polas institucións científicas, consellerías, a deputación e o proprio concello.
A grande riqueza e diversidade dos compoñentes dos humidais fan que estes se atopen entre os ecosistemas máis complexos e produtivos constituíndo un valioso patrimonio cultural e natural e xogando un importante papel na conservación da biodiversidade e no desenvolvemento económico.
A Braña ten ademáis da súa riqueza natural, a sua própria história da interacción humana e mesmo lendas coma a da cidade asolagada recollida pola revista As nosas raíces de Xermolos no ano 2000 e da que se fixo eco a publicación A Galicia Encantada.
Sorprende ver como Guitiriz vive de costas ás súas próprias potencialidades naturais e etnográficas que poderían convertila nunha referencia pola inmensa riqueza que atesoura e que ten a obriga de protexer, riqueza que moitos dos seus veciños descoñecen ou só coñecen parcialmente.
No caso das Brañas de Boedo o primeiro paso debe servir a declaración como mínimo de “Humidal protexido” na rede de espazos naturais da Xunta de Galicia, e desenvolver nestas brañas as labores de investigación e divulgación necesarias para convertilas nunha das referencias naturais máis importantes do estado cos apoios e investimentos aos que a verdadeira importancia da turbeira de Guitiriz ten dereito. Camiño do segundo ano de peche do balneario, o concello precisa recuperar esa actividade emblemática e potenciar o enorme potencial natural que posúe para convertilo nun motor da súa economía e calidade de vida e as Brañas de Boedo son tesouro que se debe poñer en valor. Non hai un minuto que perder…

Antón Tenreiro Ferreiro
ANTÓN DE GUIZÁN

A PONTE MIRABEAU de Guillaume Apollinaire, versión ao galego-portugués de André Da Ponte

A PONTE MIRABEAU de Guillaume Apollinaire, versión ao galego-portugués de André Da Ponte

Do poeta francês Guillaume Apollinaire (nome de pia, Wilhelm Albert Włodzimierz Apolinary de Waż-Kostrowicki, Roma, 26 de agosto de 1880 — Paris, 9 de novembro de 1818)

nascido em Roma de mãe polaca e pai italiano, viveu primeiro em Mônaco, e depois em Nice. Com 18 anos foi para Paris onde encontrou a oportunidade de acompanhar a família na Alemanha na qualidade tutor.

Apaixonou-se por “miss”, uma jovem estudante Inglesa chamada Annie Playden. A sua ruptura com o seu amor juvenil empurra-o a escrever a “Canção do mal-amado” (La Chanson du mal-aimé).

De volta a Paris trabalhou em várias revistas, fazendo amizades com Alfred Jarry, Max Jacob e Picasso.

Em 1907, o poeta consegue viver da sua pluma graças à sua intensa atividade jornalística. Naquela época fez amizade com Marie Laurencin.

Em 1909 publicou “L’enchanteur pourissant”.(O encantadorr podre).

1912 é o ano da sua ruptura com Marie Laurencin, mas sobretudo o da publicação de “Zone” em “les soirées de Paris”.

A partir de 1913, mudou-se para um apartamento no número 202 do Boulevard St Germain. Aproximando-se mais e mais da vanguarda literária e artística defendendo ardentemente a pintura cubista.

Foi neste momento que ele publicou o seu livro “Álcools” donde tiro o poema que traduzo.

Apollinaire, que foi quem criou a palavra surealismo, morreu jovem com apenas 38 anos de idade em 9 de novembro de 1918, vítimado pola gripe espanhola (ainda que o Estado francês declarou-no como “mort pour la France” polo seu engajamento na 1ª Grande Guerra Mundial).

O poeta foi enterrado no campo-santo de Père-Lachaise em Paris, tendo a sua tumba uma escultura em forma de menir elaborada por Picasso.


A PONTE MIRABEAU

 

Sob a ponte Mirabeau corre o Sena

E os nossos amores

É essencial a lembrança pequena

A alegria chegava sempre após a pena.

 

Chega a noite a hora soa

Os dias vão-se e vivo à toa.

 

De mãos dadas ficamos face a face

Enquanto sob

A ponte dos braços passe

De eternas miradas a lassa onda que a enlace.

 

Chega a noite a hora soa

Os dias vão-se e vivo à toa.

 

Vai-se o amor como esta água corre atenta

Vai-se o amor

ai como a vida é tão lenta

e como a esperança é violenta.

 

Chega a noite a hora soa

Os dias vão-se vivo à toa.

 

Dias semanas passam à dezena

Nem tempo passado

Nem nosso amor nossa pena

Sob a ponte Mirabeau corre o Sena

 


LE PONT MIRABEAU

Sous le pont Mirabeau coule la Seine
Et nos amours
Faut-il qu’il m’en souvienne
La joie venait toujours après la peine.

Vienne la nuit sonne l’heure
Les jours s’en vont je demeure

Les mains dans les mains restons face à face
Tandis que sous
Le pont de nos bras passe
Des éternels regards l’onde si lasse

Vienne la nuit sonne l’heure
Les jours s’en vont je demeure

L’amour s’en va comme cette eau courante
L’amour s’en va
Comme la vie est lente
Et comme l’Espérance est violente

Vienne la nuit sonne l’heure
Les jours s’en vont je demeure

Passent les jours et passent les semaines
Ni temps passé
Ni les amours reviennent
Sous le pont Mirabeau coule la Seine

Vienne la nuit sonne l’heure
Les jours s’en vont je demeure

 

Guillaume Apollinaire, Alcools, 1913.

 

 

Fonte da imagem .- Wikipédia. Plaque apposée sur la paroi du pont Mirabeau donnant sur le quai Louis-Blériot, Paris 16e. Premiers vers du poème de Guillaume Apollinaire Le Pont Mirabeau paru dans Alcools en 1913:

http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/34/Apollinaire_le_pont_mirabeau_incipit.jpg/640px-Apollinaire_le_pont_mirabeau_incipit.jpg

Ámote… non te quero.

Ámote… non te quero.

ÁMOTE

coa intensidade dunha raiola de sol
ás trés da tarde.
Ámote
coa luz fermosa da lúa chea
unha noite estrelada.
Ámote
na liberdade que dá o amor
cando é ceibe,
sen vencellos, sen cancelas…
nesa liberdade que tiven… negada.
Ámote
para que me extrañes… cando falte,
para ansiar vivir… na túa lembranza.
Ámote… , non te quero,
porque quererte paréceme pouco
para definir isto que sinto…
Cando prefiro terte nos meus soños
a terte preso…
Ámote
na liberdade das bolboretas de cores
que voan ceibes,
no cantar dos xílgaros… cando morre a tarde,
no bico que pousa o vento
na túa meixela,
na caricia tenra do arrecendo… a ti.
Ámote, que non te quero,
pois entendín que podes irte… se queres,
o meu amor seguirá enteiro
ainda que rache o corazón,
ainda que non deixe de chorar…
cada bágoa irá vencellada
ó desexo da túa… felicidade,
á túa vida mesma…
Mentras esteas aquí… amareite
coa intensidade dun temporal…
mais coa dozura do bico que pousan as ondas… na praia
Ámote… non te quero…

Biodiversidade e patrimonio na Terra Chá: concienciación, conservación e uso social

Biodiversidade e patrimonio na Terra Chá: concienciación, conservación e uso social

Xustificación:

As últimas tendencias demográficas galegas non só advirten dunha diminución de habitantes, senón tamén dun progresivo éxodo rural. Ademais a reducida oferta de actividades de aprendizaxe, ocio ou entretemento no interior galego e durante os períodos estivais, da lugar á masificación do arco atlántico galego e como consecuencia a un despoboamento notorio nas comarcas do interior. Así pois, con este proxecto preténdese executar numerosas liñas de acción para atraer a xuventude galega ao medio rural, mediante a posta en valor da riqueza ambiental, etnográfica e cultural dunha comarca eminentemente rural como é a Terra Chá.

Actividades e características do curso:

  • Rutas guiadas a distintos enclaves chairegos de alto valor natural e cultural.
  • Talleres: elaboración de produtos a partir de plantas medicinais, análise da calidade das augas dos ríos mediante indicadores biolóxicos e identificación de quirópteros mediante ultrasóns.
  • Visita á distintos elementos do patrimonio material etnográfico da Terra Chá.
  • Visita á Casa-Museo Manuel María e interpretación do legado cultural do poeta.
  • Aloxamento en pensión, almorzo e transporte.
  • Dotación de material para as labores de campo.
  • Agasallos.

 

Datas de celebración:

Do 12 ó 14 de outubro de 2018.

Lugar de celebración:

O curso comeza o venres 12 de outubro ás 9:00 na Casa das Insuas de Rábade (Rúa Xosé Pardo e Pardo Montenegro, Nº 27, Rábade, Lugo). Partindo da mesma, produciranse as saídas do bus cara os distintos enclaves da comarca.

Inscrición e requisitos:

A inscrición, o aloxamento e todas as actividades do curso son completamente gratuítas. O período para inscribirse comprende do 1 ao 7 de outubro. Os únicos requisitos serán estar empadroado nun concello galego, ter unha idade comprendida entre os 16 e 35 anos e traer roupa e calzado adecuados. Asemade, estipúlase en 30 o número límite de prazas ou participantes. Os interesados/as deberán poñerse en contacto con algún dos membros da dirección.

Dirección:

Daniel Irimia (680820350, danielirimia@hotmail.com)

Miguel Fernández (649572949, miguelfernandez.labrada@usc.es)

Máis información:

No seguinte enlace poderedes consultar/descargar a memoria completa do proxecto onde se atopa o programada das actividades detallado polo miúdo, amais do cartel anunciador.

https://drive.google.com/open?id=1wNnibIwOrYh1pqRIKyhMwjENYXmLEzlv

O AMOR POR TERRA de Paul Verlaine, traducido ao galego por André Da Ponte

O AMOR POR TERRA de Paul Verlaine, traducido ao galego por André Da Ponte

O AMOR POR TERRA

O vento de ontem à noite derrubou o Amor

que, no canto do parque mais misterioso,

sorria, brandindo seu arco, malicioso

cuja aparência nos fez um dia supor!

Esse vento da outra noite o derrubou! O mármore

à brisa matinal gira esparso. E contrista

olhar o pedestal, onde o nome do artista

com esforço lê-se à sombra duma árvore.

Oh! Que é triste olhar tão só o pedestal

e pensamentos bem penosos vêm e vão

e no meu sonhar a profunda comoção

evoca um futuro solitário e fatal.

Como é triste! – E tu, n’é? Estás afetado

com imagem tão triste, fitando à toa

a borboleta de ouro e púrpura que voa

riba do destroço no caminho espalhado

 

 

L’amour par terre

Le vent de l’autre nuit a jeté bas l’Amour
Qui, dans le coin le plus mystérieux du parc,
Souriait en bandant malignement son arc,
Et dont l’aspect nous fit tant songer tout un jour!

Le vent de l’autre nuit l’a jeté bas ! Le marbre
Au souffle du matin tournoie, épars. C’est triste
De voir le piédestal, où le nom de l’artiste
Se lit péniblement parmi l’ombre d’un arbre,

Oh! c’est triste de voir debout le piédestal
Tout seul! Et des pensers mélancoliques vont
Et viennent dans mon rêve où le chagrin profond
Évoque un avenir solitaire et fatal.

Oh! c’est triste! – Et toi-même, est-ce pas! es touchée
D’un si dolent tableau, bien que ton oeil frivole
S’amuse au papillon de pourpre et d’or qui vole
Au-dessus des débris dont l’allée est jonchée.

 

 

https://i1368.photobucket.com/albums/ag182/Trianarts7/Personajes%20-%20Blog%20-%202/PaulVerlaine3byEugeneCarriegravere-firma_zps2a85118e.jpg~original

A SAUDADE DA IALMA de Branca Villar Alvariño, no #Estraperlo Culturalia

A SAUDADE DA IALMA de Branca Villar Alvariño, no #Estraperlo Culturalia

A SAUDADE DA IALMA é o novo poemario que editamos no #EstraperloCulturalia. Branca Villar Alvariño é a autora, unha poeta desa estirpe diazcastriana daquelas terras guitiricense, concretamente de Labrada, que tenhen no camiño real da Granxa e do vello mosteiro unha arteria directa ao corazón do Vilariño.

Labrada é tamén poesía, poesía do corazón da terra e poesía con nomes de mulleres que como Luz Campello García remexen no inventário do proibido e afondan na saudade da ialma. Branca, nasceu poeta, poeta saída da terra á que tanto amou o seu pai, Antón María Villar Cancelo, un histórico loitador da patria que deixou na sua filla a encomenda desa ialma que só a partir é quen de transmitir.

Branca Villar forma parte desa estirpe chairega e Guitirica de novos poetas que non poderían ser outra cousa porque nas súas veas, ademáis de sangue circula a mesma ialma de Diaz Castro e a terra que agroma froitos e versos floridos.

Así no Estraperlo Culturalia, estamos honrados de dar cabida a tanta criación e moito máis si ven desa terra Labrada.

Desfrutade, pois, desta saudade da ialma nos versos de Branca Villar Alvariño, no seguinte enlace.