Um poema do genial poeta russo Alexandr Pushkin vertido para o galego-português por André Da Ponte

Um poema do genial poeta russo Alexandr Pushkin vertido para o galego-português por André Da Ponte

O poema que coloco hoje para a vossa consideração é um dos poemas mais recitados dentre toda a imensa, e riquíssima aliás, literatura russa. Escrito por Pushhin se inspirando numa mulher da nobreza czarista do seu tempo, Anna Petrovna Kern – uma das muitas com as  que  o grande poeta galanteou ao longo da sua curta, embora muito activa, vida-.

Sobre este poema o compositor Mihaíl Ivánovich Glinka (1804 – 1857) compôs uma elegante obra que convido escuiteis na voz do barítono russo falecido ainda não há muito tempo, Dmitri Khovorostovski (Дмитрий Хворостовский) [O link vai embaixo do texto original em russo].

A***

Lembro o mágico momento:

apareceste perante mim,

como uma efémera visão,

como um génio de sublime beleza.

 

Nos momentos de desesperada tristeza

nas soçobras da barulhenta vaidade,

ecoava a ternura da tua voz,

e o sonho os teus queridos feitios fazia-me ver.

 

Os anos se passaram. O arrebato das trovoadas

dispersou os meus antigos sonhos,

e esqueci a ternura da tua voz,

as tuas formas encantadoras.

 

Na soidade e negrura do isolamento

os meus dias se arrastavam em silêncio,

já sem inspiração nem fé,

sem lágrimas, sem vida, sem amor.

 

A minha alma acordou de novo:

e outra vez apareceste tu,

como fugaz visão,

igual a um génio de sublime beleza.

 

E palpita ébrio o coração,

e volta surgir de novo para ele

a inspiração e a fé,

a vida, as lágrimas e o amor.

 

 

 

(1825)

Я помню чудное мгновенье:
Передо мной явилась ты,
Как мимолетное виденье,
Как гений чистой красоты.

 

В томленьях грусти безнадежной,
В тревогах шумной суеты,
Звучал мне долго голос нежный
И снились милые черты.

 

Шли годы. Бурь порыв мятежный
Рассеял прежние мечты,
И я забыл твой голос нежный
Твои небесные черты.

 

В глуши, во мраке заточенья
Тянулись тихо дни мои
Без божества, без вдохновенья,
Без слез, без жизни, без любви.

 

Душе настало пробужденье:
И вот опять явилась ты,
Как мимолетное виденье,
Как гений чистой красоты.

 

И сердце бьется в упоенье,
И для него воскресли вновь
И божество, и вдохновенье,
И жизнь, и слезы, и любовь.

 

 

 

https://youtu.be/mEel0CCtFOo

 

 

 

RETRATO DO POETA realizado em 1827 polo pintor romântico Vasily Andreevich Tropinin. (Korpovo , província de Novgorod, 19 [30] de março de 1776 Moscovo, 3 [15] de maio de 1857).

 

 

https://1.bp.blogspot.com/-lVEHkQ9HY1E/WKtxfaODWeI/AAAAAAAAKko/asFv28CBWbE9nbSHBDRkEjCKmSi24E7fgCLcB/s1600/002.jpg

 

 

XI Xornada de Literatura de Tradición Oral. Lugo, 27 de outubro de 2018

XI Xornada de Literatura de Tradición Oral. Lugo, 27 de outubro de 2018

Calquera persoa interesada na Literatura de Tradición Oral xa pode consultar o programa da XI Xornada de Literatura de Tradición Oral. O rol da muller na literatura de tradición oral que, organizada pola Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, terá lugar en Lugo o 27 de outubro, co patrocinio da Deputación de Lugo.

 

*Información facilitada pola AELG

LETRA DAS FESTAS 2018 Xente daquela maneira, por Antonio Reigosa

LETRA DAS FESTAS 2018 Xente daquela maneira, por Antonio Reigosa

LETRA DAS FESTAS 2018

A revista oral do San Froilán

 XENTE DAQUELA MANEIRA!

Historias de fatos, falsarios, estafadores, impostores, carteiristas, malpocados, aluados, traslidos …

Mércores, 10 de outubro, ás 18:00 horas

ENTRADA DE BALDE

 Lugar: Salón de Actos do Centro Cultural Vello Cárcere

Contan:  Paco Nieto, Emma Alonso, Marcelo Castro, Orestes Currás e Xosé Miranda.

Ambientación musical: Tundal

Coordinan e presentan: Lois Pérez e Antonio Reigosa

Organiza: AELG (Sección de Literatura de Tradición Oral)

Patrocina: Concello de Lugo

Finalistas Premio Mondoñedo10 2018 TEATRO, por Antonio Reigosa

Finalistas Premio Mondoñedo10 2018 TEATRO, por Antonio Reigosa

En anexo, remítese:
NOTA DE PRENSA coa listaxe de Obras Finalistas do Premio Mondoñedo10 2018 – Modalidade TEATRO
BASES Premio Mondoñedo10 2018 TEATRO
Para ampliar esta información poden poñerse en contacto con:
Antonio Reigosa Carreiras, presidente do xurado

655 432 511 / reigosa@mundo-r.com

Fran Bouso, secretario do xurado
647 468 672 (tardes) / fbouso76@gmail.com
Os ferreiros dos Vilares, por Raúl Río Díaz

Os ferreiros dos Vilares, por Raúl Río Díaz

Os Vilares deu ao poeta, criado nas terras de trapeiros e canteiros, zoqueiros, de labregos e tamén de ferreiros. Non é casualidade que a “capital” da parróquia se chame As Reixas que como definiu  o profesor Gonzalo Navaza para o libro de Pas Veres, As Reixas, puidera ser derivado de reixas de ferro ou ben, o máis probable, da labor de voltear a terra cun arado, en plural.

En calquera caso, os ferreiros son parte fundamental na historia e non o son menos na historia do noso rural. Os oficios complementan as necesidades dos labregos fabricando toda unha diversidade de apeiros que facilitaron en tempos moi duros a vida dos nosos antergos. Oficios que deixaron pegada no noso patrimonio arqueolóxico e etnográfico e dos seus autores e artes temos coñecemento por persoas como Raúl Río, que é desa xente que silenciosamente, vai recollendo, co seu ouvido de grande escoitador, coas suas cámaras e coas súas letras a memória do que aconteceu.

Así llo recoñeceron premiandoo coa Navalliña de Manuel María os da irmandade do poeta, do que foi grande amigo persoal e así a própria parróquia da que é orgulloso indíxena, Os Vilares, nomeandoo Trapeiro de Honra no ano en curso.

Raúl ten alma de cronista, testemuña ao pé do presente con vocación de historia e tamén coidador daquelas cousas pequenas que é quen de valorar e convertir en importantes tal e como o seu benquerido Díaz Castro plasmou mesas herbas pequerrechiñas sen as que o mundo non sería nada.

Desta volta deixa aquí para quen lle poida interesar e para os que veñan detrás, outro anaco desas pequenas herbas de ferro mildeadas por xentes humildes pero coa firmeza do metal e un corazón grande como o universo enteiro.

Este traballo de Raúl sairá en forma de artigo, máis curto en outros medios, máis aquí temos a sorte de contar co traballo íntegro, o que agradecemos e do que nos sentimos honrados.

 

A forxa de Raúl, non fai ferros, rescata ferreiros do óxido dos tempos nesa homenaxe da memoria e do respeito ao noso pasado, que é a maneira de fornecer o futuro. Os Ferreiros dos Vilares, da Chaira e do mundo enteiro son, somos os que petando no ferro do presente debemos forxar un mundo mellor…

O noso respeito a Raúl Río, ferreiro.

Velaí o enlace a dito documento.