Este venres ás 19:15h na Librería Biblos de Lugo celebrarase a presentación do contacontos chamado A manchas ou a raias? É un conto acerca da tolerancia e dos prexuizos que todos temos na nosa vida. Ensina ós máis pequenos a como non debemos xulgar ós que non se parecen tanto a nós sen pararse antes a coñecelos. Unha aventura nunha selva que separa dous tipos de animais por un río, e, grazas a un pequeno leopoardo aventureiro que atravesa o río, ve que os animais que están a ese lado son iguais que el pero con raias na pel.
Este sábado, ás 18 horas, a compañía de Pol, Teatro Marionetas Trécola, leva á Casa-Museo Manuel María a peza “Gaela quere ser druída”. A representación de corenta e cinco minutos de duración está dirixida para público familiar e crianzas (a partir de tres anos) e a entrada é libre até completar o aforo.
A sinopse da representación é a seguinte: Seica Gaela anda aburrida e persegue o druída nun día moi importante para el, xa que en dúas lúas se celebra o consello anual de druídas e non encontra o condimento necesario para a súa nova poción. Finalmente a nena consegue contarlle o que lle preocupa, ela quere ser druída! Mais o mestre négase en rotundo porque “as nenas non poden ser druídas! Iso é cousa de homes!” Esta resposta, lonxe de calmar as ansias da nena, a convence de que ese é o seu fado. Gaela terá que demostrar ao druída que ela pode ser o que desexar se pon todo o seu empeño. Así, terá que pasar divertidas e emocionantes probas para acadar a súa capa branca.
Este pasado sábado, 18 de maio, ás 19:00 horas o Instituto de Estudos Ulloáns (IEU) presentou o libro AS FEIRAS DE MONTERROSO na súa sede situada na vila monterrosina.
No acto de presentación participaron:
María José Gómez Alvite e Francisco Pardo Teijeiro, como coordinadores da publicación, foron desfiañando de xeito breve as colaboracións das persoas que participaron nesta publicación, ao tempo que agradecían as mesmas.
Adolfina Mesa, poeta e artista multidisciplinar, autora da ilustración do cartaz anunciador, que tamén se amosa na portada do libro, e que xunto a outras máis, aparecen en páxinas interiores incluídas nun bloque temático da Pintura. Adolfina, ademais de agradecer a súa colaboración neste libro, aproveitou para dar unha breve explicación do contido reflectido nas publicacións e recitar un poema da súa autoría sobre a temática das feiras de Monterroso.
Paco Ledo, o poeta labrego, declamou, co sentir propio dunha persoa enraizada á terra e ás tradicións, os dous poemas cos que colaborou.
O tamén escritor e poeta Toño Núñez amenizou momentos da xuntanza co seu recitado e, por veces, cantado do “cantar de cego” SE TI VISES O QUE EU VIN, que el mesmo escribiu como galano literario para esta publicación do IEU.
Outras voces que participaron foron as do sacerdote Carlos Méndez Vázquez, socio fundador do IEU, Jesús Otero Pereiras, Xosé Luís Santiso García, Montserrat Pérez Paredes, Fernando García Penas, Divina Pérez Viña, Cristina Varela Cadahía… e Miguel Rico, alcalde de Monterroso.
Velaquí unha breve galería fotográfica que recolle momentos do acto de presentación do libro AS FEIRAS DE MONTERROSO.
mde
mde
mde
*Información recollida na sede do Instituto de Estudos Ulloáns.
Personalidades da cultura
galega apoian a celebración do Día das Letras en Londres
· Na canle de YouTube de
REGA-UK hai vídeos de xornalistas, músicos e actores como Guadi Galego, Gayoso,
Bieito Romero, Xabier Díaz, Pablo Pose, Tati Moyano, Alfonso Hermida ou
Touriñán, entre outros
· O programa inclúe o
concerto do grupo Zeltia, un recital poético a cargo de Isaac Xubín, a
proxección da curtametraxe ‘Filomena’ de Fon Cortizo, unha foliada e
obradoiros, entre outras accións
· A festa será este sábado,
18 de maio, de 13 a 19 horas, no YAA Youth Centre de Londres
Numerosas personalidades da cultura galega están a apoiar a celebración do Día Das Letras Galegas en Londres que vai ter lugar este sábado, 18 de maio, e que está organizada pola asociación Rede Galega en UK (REGA-UK). Na canle de YouTube do colectivo pódense ver xa os vídeos de Guadi Galego, Gayoso, Bieito Romero, Xabier Díaz, Pablo Pose, a familia Seivane, Tati Moyano, Alfonso Hermida ou Touriñán, entre outros, amosando publicamente o seu apoio á comunidade galega na diáspora.
Este
é o segundo ano no que REGA-UK organiza na cidade do Támese un evento no que se
mesturan manifestacións culturais diversas, como a literatura, a música, o cine
ou a gastronomía. Igual ca na edición anterior, a actividade conta coa
colaboración doutras organizacións socioculturais galegas da capital británica,
como a Asociación A Caramiña, Galegos Morriñentos, Galego en Londres, Galician
Film Forum e Troula.
Están
previstas cinco horas de actividades nas que haberá tempo para o concerto do
grupo Zeltia, a intervención de Isaac Xubín, que brindará un recital poético e
presentará a súa última novela, a proxección da curta ‘Filomena’ de Fon
Cortizo, foliada, obradoiros, xogos interxeracionais, actividades para nenos e
moito máis.
A
festa vaise desenvolver en The YAA Centre [1 Chippenham Mews, Londres, W9 2AN]
de 13 a 19 horas. A entrada anticipada ten un prezo de 10 libras e de mercarse
na porta, o seu custo será de 12 libras. En ambos os dous casos, o tícket
inclúe unha bebida e unha tapa. O acceso é gratuíto para os menores de 15 anos.
Para a compra anticipada é preciso realizar o ingreso na conta bancaria de
REGA-UK co número 30695760 (sort code 30-90-99) e poñer como ‘payee
reference’ LETRAS-Nome-Apelido. A recadación destinarase integramente á
organización de actividades socioculturais no Reino Unido promovidas por
REGA-UK.
Un
Día das Letras multidisciplinar
O
dúo Zeltia está formado por Laura Zeltia Acuña e Miguel Carballido e
comezou a súa andaina no ano 2018. Nas súas composicións mestúranse o folk, o
rock e o blues con sons tribais. Inspíranse no legado cultural da nosa terra
pero deixando sentir as súas influencias vitais, de aí a alternancia entre
temas en galego e en inglés, unha herdanza do paso de Zeltia por Irlanda. Polo
de agora teñen dous traballos publicados: Irevire e Kúzlo Duše.
Póla
súa banda, Isaac Xubín ten publicadas as obras de relato curto Château
Bobcat e Le pied de Julien DuPuy, ambos os dous primeiro premio do
certame Os Viadutos, amais da novela Non hai outro camiño, Premio da
crítica Española. Na súa faceta lírica cómpre salientar os poemarios Con
gume de folla húmida, Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, e A cadencia da
fractura, Premio Manuel Lueiro Rey. Como tradutor, profesor e investigador
elaborou un dicionario bilingüe galego-éuscaro e foi lector de lingua e cultura
galegas na Universidade Nacional de Irlanda (University College Cork). Tamén
publicou traducións, entre as que destacan Sete poemas vascos e Tempo
de exilio, de Joseba Sarrionandia, polas que gañou os premios Lois Tobío e
Etxepare, respectivamente. Neste evento vai presentar a súa última novela:
Os largos e longos campos de liño azul.
No
que respecta a ‘Filomena’ de Fon cortizo, trátase dunha curtametraxe
documental centrada na figura de Filomena, a poeta labrega. En apenas dez
minutos, Cortizo retrata a importancia da memoria oral a través das lembranzas
da protagonista, unha muller de 91 anos que vive soa na súa aldea do interior
de Galicia.
DEBATE ENTRE OS CABEZAS DE LISTA DAS CATRO CANDIDATURAS PRESENTADAS NAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS AO CONCELLO DE VILALBA, que está organizado polo Instituto de Estudos Chairegos, e que terá lugar o vindeiro xoves, 23 de maio de 2019, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.