O sábado 24 de agosto presentarase, ás 19,30 h. na sede do IEU en Monterroso, o libro do escritor e economista Manuel Blanco Desar, “Fuxir de Proxeria”.
En xaneiro deste ano foi o xornalista Fernando Salgado quen presentou en Antas de Ulla, xunto co autor, o libro de Blanco Desar “Una sociedad sin hijos”, un ensaio sobre o problema demográfico de Galicia.
E agora en agosto, Xavier Senín, filólogo e tradutor, e Francisco Pardo, acompañarán ao autor na presentación en Monterroso de “Fuxir de Proxeria”, novela na que Blanco Desar describe maxistralmente esa sociedade distópica á que non desexaríamos chegar.
*Información achegada desde o Instituto de Estudos Ulloáns.
O sábado 10 de agosto ás 19,30 h, na sede do IEU en Monterroso, presentarase o libro de Xulio Pardo de Neyra, “Á sombra de María Silgar, Carvalho Calero contra a historia única”, editado por Edicións Embora. Unha excelente biografía do escritor e filólogo ao que se lle vai dedicar o Día das Letras Galegas 2020. Nesta biografía de Carvalho Calero, sen dúbida a mellor publicada ata a data, Xulio Pardo de Neyra describe a vida e a obra do escritor galeguista nos diferentes contextos nos que viviu e descúbrenos as influencias e a transcendencia da súa dona, a escritora Ignacia Ramos.
O libro será presentado polo alcalde de Monterroso, Antonio Gato Soengas; pola filóloga e Historiadora do IEU, María José Gómez Alvite; polo autor do libro; e por Francisco Pardo Teijeiro, presidente do IEU.
*Información facilitada polo Instituto de Estudos Ulloáns.
O pasado sábado 3 de agosto o Instituto de Estudos Ulloáns (IEU) organizou a inauguración da Exposición pictórica PENÉLOPES, da artista multidisciplinar Adolfina Mesa. En dita inauguración, ademais de participar a mencionada autora da exposición, tamén tomou a palabra o comisario da mesma, Braulio Vilariño, e o presidente do IEU, Francisco Pardo Teijeiro.
Ao rematar o acto de presentación, as persoas asistentes puideron desgustar un ágape con produtos da zona.
PENÉLOPES poderá visitarse e admirarse na sala de exposcións do Castelo de Pambre (Palas de Rei) desde o 3 de agosto ata o 27 de setembro de 2019.
Velaí unha galería fotográfica na que se recollen distintos momentos do acto inaugural expositivo.
Castiñeiro Milenario organiza a oitava edición do Festival 27373 de música en Galego que se vai celebrar o sábado 10 de agosto nas instalacións do Club Fluvial de Begonte.