IESCHA.- Avance Actos do Outono
No cartaz informativo vai un avance dos actos de OUTONO programados polo IESCHA.
*Información facilitada polo IESCHA.
No cartaz informativo vai un avance dos actos de OUTONO programados polo IESCHA.
*Información facilitada polo IESCHA.
O próximo sábado, día 19 de outubro, ás sete da tarde vai comezar a actividade cultural trimestral que se desenvolve no auditorio da Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei
Ese día darase a posibilidade de presenciar a actuación de CALDO, un proxecto musical de recente creación que presentará o seu primeiro traballo homónimo apoiado no repertorio tradicional galego e en pezas de creación propia. Os seus membros (Pedro Fariña (guitarra), María Jorge (violín) e Anaïr Barbier (pandeireta e voz)) son músicos experimentados na música tradicional, folk e outras músicas e participan noutros proxectos como SonDeSeu, Fiandola, Transilvanians…
A entrada é libre até completar o aforo. Reservas en
contacto@casamuseomanuelmaria.gal
*Información facilitada desde a Casa-Museo Manuel María.
O grupo musical lucense BERTA FRANKLIN ofrecerá un concerto, organizado polo IESCHA coa colaboración do CONCELLO DE VILALBA, e que terá lugar o venres, 25 de outubro de 2019, ás 21:00 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba.
Nos seguintes enlaces van o cartaz e a nota informativa de dito concerto.
*Información facilitada polo IESCHA.
Como a pasada fin de semana resultou imposible organizar a excursión inicialmente prevista polo río Seco, nas serpentinas que lindan Palas con Santiso e onde son frecuentes as principais rarezas botánicas da Ulloa, e como aínda apenas choveu, desde o IEU (dentro do proxecto Flora da Ulloa) adiaron esa excursión para o sábado 19 , de maneira que este próximo sábado 12, as persoas que asistan patearán as ladeiras do Farelo, por onde hai máis dun século o cura Baltasar Merino rexistrou algunhas das primeiras plantas das que a ciencia botánica ten coñecemento na Ulloa.
As poucas excursións que farán no inverno serán os sábados, xa que desde o domingo 20 o monte convértese nun perigoso campo de combate que acostuma provocar accidentes mortais, aínda que non estarán libres de topar con batidas ao porco bravo, que tratarán de evitar.
Seguirán a procurar brañas e gándaras, onde varias especies raras aínda poden estar en flor, como as orballiñas do xénero Drosera, unhas curiosas plantas insectívoras que non se viron este ano.
Neste comezo do outono, seguramente tamén se encontrará e se aprenderá a distinguir as dúas tollemerendas que aparecen no cartel anexo: Crocus serotinus, unha especie de zafrán bravo, que xa se observou en flor desde o pasado día 27; e Merendera montana, dunha familia distinta, cando menos aberta desde o día 20.
*Información achegada desde o IEU.
O IESCHA organiza a XIX RUTA CHAIREGA que se levará a cabo o domingo 20 de outubro de 2019 por terras de Xermade: RUTA DO RÍO TRIMAZ.
Velaquí o cartaz e a nota informando de dita ruta.
*Información achegada polo IESCHA.
Desde a AELG infórmase de que están abertos os prazos para se inscribir en:
Sábado, 12 de outubro
Ás 17:00, en Taboada, na Casa do Romualdo, (Vilar, 6 – Vilela –como chegar), con entrada libre, Polafía en Taboada. Historias de cabezóns e loitadoras.
Nesta ocasión haberá a posibilidade de gozar dun programa previo que podedes consultar na web da Polafía e para o que se hai que anotar.
Sábado, 26 de outubro
Desde as 10.15 no Salón de actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8 –como chegar), XII Xornada de Literatura de Tradición Oral. Rimas e letras da música popular. Do Romanceiro tradicional ao bravú. Entrada libre.
Neste caso hai dúas modalidades de inscrición:
1. Para o profesorado do ensino non universitario e futuros/as ensinantes do ensino non universitario, a matrícula, gratuíta, farase desde o 3 de outubro até o 24 de outubro a través da web da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega.
2. Para as persoas que non estean nesas circunstancias ou que non lles interese o certificado homologado, deberán incribirse dirixíndose á secretaría técnica da AELG desde o 3 de outubro até o 24 de outubro a través do correo oficina@aelg.org ou o teléfono 981 133 233 (de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.30), e a Asociación de Escritoras e Escritores emitiralles un diploma acreditativo de asistencia.
*Información achegada desde a Secretaría Técnica da AELG.