O xoves, 12 de decembro de 2019, ás 20:30 horas inaugurarase na Casa da Cultura de Vilalba a Exposición Leandro Seixas: esculturas.
Esta exposición, organizada polo IESCHA, en colaboración co Concello de Vialba, permanecerá aberta ata o 15 de xaneiro de 2020. E confórmana 11 pezas escultóricas, a maior parte delas realizadas en mármore.
O sábado 14 de decembro ás 18:30 h., na igrexa parroquial de San Xoán de Antas de Ulla, un fermoso templo románico no centro da vila, o IEU organizará un Recital Poético sobre o Pico Sacro no que se presentará o libro “Pico Sacro ferido polo lóstrego e a lenda”.
Presentarán o acto o profesor Jaime Rodríguez Ouro e o escritor e filólogo Xulio Pardo de Neyra, e contaremos no recital poético coas intervencións do coordinador do libro e coautor Xosé Manuel Lobato, de Xoán Xosé Fernández Abella, de Charo Golmar e de Henrique Neira.
Con este recital poético o IEU inicia unha liña de actividades que continuará en 2020 con outro acto similar sobre o Monte Farelo que organizará no cume deste monte tan significativo para A Ulloa.
*Información achegada desde o Instituto de Estudos Ulloánshttp://ieu.gal/
Velaquí POEMAN II, o libro manuscrito por distintos/-as autores/-as para conmemorar a data do 25 de novembro, Día Contra a Violencia Machista. Case unha vintena de voces poéticas: Ana Mar Fraga Rábade, Ana Vila Portomeñe, Andrea Fernández Maneiro, Beatriz Dourado, Emilia Martínez Fuentes, José Carlos Ulloa García, Mariña Maceiras, Moncho Bouzas, Paco Ledo, Patricia Torrado Queiruga, Pilar Maseda, Primitivo Oliva Fernández, Teresa Ríos, Toño Núñez, Xess Mondelo, Xesús Trashorras e Ximena Mariño.
Distintas sensibilidades e heteroxéneos modos de describir con verso, e nalgún caso, acompañado de imaxe unha colectánea de emocións arredor do tema arriba mencionado.
Nesta ocasión propoñemos un interesantísimo obradoiro de baile tradicional
que impartirán as mozas de Andar cos tempos,
Chus Caramés e Carme Campo, dúas bailadoras, mestras de baile e educadoras no
ámbito da educación non formal. O obradoiro comezará ás sete e media da tarde e
terá unha duración aproximada de hora e
media e está aberto a calquera persoa que desexe ter un achegamento ao baile
tradicional. O custe para persoas non socias é de 10 euros, mentres que para as
persoas socias de Castiñeiro Milenario será de balde. É aconsellable anotarse
se queres asistir enviando un correo a castineiromilenario@hotmail.com ou
chamando ao 616705174.
Despois do abradoiro teremos un pequeno descanso con petiscos para repoñer forzas e comezaremos a foliada con tres grupos convidados para esta edición. Foliadeir@s do Castro, como grupo da casa, Buxos Verdes desde Vilalba e Foliada de Bosende desde Lugo. Ao rematar os grupos haberá foliada libre ata que os corpos aguanten.
Agradecemos
a Buxos Verdes, Foliada de Bosende e a Chus e a Carme de Andar cos tempos a súa
presenza e, por suposto, á Asociación Veciñal do Castro
por deixarnos empregar ás súas instalacións da Casa do Pobo. Tamén agradecer o
traballo de Brais García, deseñador do
cartaz desta nova tempada de foliadas.
O libro, editado polo Instituto de Estudos Ulloáns e por Gadis e coordinado polo noso socio o escritor e filólogo Xulio Pardo de Neyra, consta de 14 relatos de coñecidos escritores/as inspirados na comarca da Ulloa. Con esta presentación escoitarase de novo a voz da Ulloa en Buenos Aires, principal destino dos emigrantes da comarca a finais do século XIX e principios do XX. Ademais da presentación dos Relatos da Ulloa e da distribución gratuíta de exemplares do libro, o noso socio Antonio Jorge Salgado proxectará vídeos sobre A Ulloa, un deles coa intervención da secretaria do IEU, a historiadora e filóloga María José Gómez Alvite, así como o saúdo do director do IEU invitando aos membros das Asociacións Galegas na Arxentina a visitar a nosa comarca.
A primeira presentación do libro Relatos da Ulloa tivo lugar no mes de maio en Santiago de Compostela, no Museo do Pobo Galego; a segunda en setembro no Centro Galego de Londres; terceira realizarase o 6 de decembro en Buenos Aires, e o IEU ten proxectadas outras presentacións en Barcelona e en Euskadi.
O Concello de Vilalba vén de presentar a súa Programación de actividades para o Nadal 2019-2020. Unha programación que foi presentada pola alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, xunto coa concelleira de Cultura, Vanesa Siso, e a concelleira de Infancia e Mocidade, Antía Rama, e que conta con preto de 30 citas ao longo do mes de decembro e na primeira semana de xaneiro, subliñando que “intentamos introducir cousas distintas pensando nos gustos e intereses da veciñanza, desde os máis pequenos aos máis maiores, sen lembrarnos da xuventude”.