No acto estará presente MARGARITA LEDO ANDIÓN, que escribe o prefacio da nova edición dun poemario que veu a lume hai 50 anos en Bos Aires
Despois da presentación, ás 19 hrs, a narradora oral, SOLEDAD FELLOZA, levará a cabo un espectáculo, dirixido para público adulto, baseado en textos narrativos de Manuel María
Remol é un libro publicado por primeira vez o 25 de xullo de 1970, na cidade de Bos Aires, a través de Edicións Nós. O libro contén 43 poemas (líricos e intimistas, biográficos, de denuncia e compromiso, e de homenaxe e solidariedade coas persoas que se significaron na defensa dos pobos asoballados polo imperialismo).
A entrada para estasactividades é libre, mais con reserva previaque haberá que realizar a través do correo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no tel. 698177621, xa que para manter as medidas preventivas da COVID-19 o número de prazas é reducido.
COMUNICADO DO IESCHA DE APOIO AO MUSEO DE PREHISTORIA E ARQUEOLOXÍA DE VILALBA
A xunta directiva do IESCHA manifesta a súa preocupación pola situación que está a sufrir dende hai anos o Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba, que presenta un estado lamentable das instalacións debido á falta de mantemento, responsabilidade do Concello, propietario do inmoble. Para a conservación e o estudo do patrimonio bibliográfico e dos restos arqueolóxicos, expostos ou depositados, debe contar cun orzamento suficiente que lle permita desenvolver as actividades propias de tal institución (conservación, investigación, difusión e outras) e ser un referente importante non só para a cidadanía e para os centros educativos, senón tamén como lugar de interese para as persoas que se achegan a Vilalba facendo o Camiño Norte de Santiago ou en visita turística. O IESCHA, como entidade cultural difusora do patrimonio material e inmaterial de Galiza e nomeadamente da Terra Chá, considera que o Concello de Vilalba debe amosar sensibilidade e apoiar esta entidade para non deixar esmorecer o único museo da nosa vila, que pode ser ademais un punto de atracción permanente para o turismo cultural. No Concello de Vilalba, tanto dende o punto de vista histórico canto dende o aproveitamento turístico-cultural, hai xacementos moi importantes, como por exemplo a Pena Grande de Santaballa, que esmorece entre as toxeiras malia ser propiedade municipal dende que a institución municipal solicitara a súa cesión ao estado español para o seu estudo, difusión e posta en valor, o que non fixo dende que é propietario. As institucións que conservan os restos do noso pasado conservan parte da nosa entidade, que é o que fomos e o que somos. VILALBA, 3 de outubro de 2020 A Xunta Directiva do IESCHA
Este sábado, día 3 de outubro, ás 18 hrs, chega á Casa-Museo Manuel María o mago Martín Camiña co seu espectáculo “Feitizos e ilusións”, unha enchente de maxia, humor e participación…iso si, desde as cadeiras. Dirixido para un público familiar, a partir de 6 anos, as persoas que asistan terán como condicións de obrigado cumprimento: -o uso de máscara (excepto as persoas exentas pola lexislación vixente) -lavar as mans con xel hidroalcólico á entrada e á saída do auditorio -manter a distancia de seguranza, sobre todo á entrada e á saída para evitar amontoamentos -non mudarse das cadeiras asignadas -seguir as indicacións do persoal da Casa-Museo Manuel María Recoméndase, tamén, limitar o máximo posíbel o uso dos baños O aforo do auditorio da Casa-Museo Manuel María verase reducido polas indicacións sanitarias motivadas pola COVID-19 e por tanto toda persoa que asista a este espectáculo ten que ter reservada previamente a entrada a través do correo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal O prezo do billete é de dous euros.
O domingo, día 4 de outubro, ás 10 hrs, e se o tempo acompaña, faremos unha camiñada por algúns dos lugares de Outeiro de Rei máis íntimos de Manuel María. O roteiro, “Polos camiños da tribo”, partirá desde a Casa-Museo e ten unha dificultade baixa, un percurso de aproximadamente seis quilómetros, e cunha duración sobre as tres horas.
Orlando Viveiro, divulgador cultural, será a persoa que fará de guía e con quen descubriremos o medio e o patrimonio da localidade. Durante o camiño faranse lecturas de poemas e textos de Manuel María vinculados aos espazos.
Para participar (é gratuíta) hai que se inscribir previamente en contacto@casamuseomanuelmaria.gal e a actividade vai dirixida para público adulto.Área de anexos
Como historiadora e investigadora do megalitismo. Nacida na Terra Chá, en Cospeito. Sendo un deber para min o que expoño a continuación.
O día 23 deste mes de setembro, arrasaron “unha das maiores concentracións tumularias do Neolítico en Galicia. Son dúas Mámoas da necrópole megalítica de A Millarada, no lugar de Penalba entre as parroquias de San Martiño de Pino e Santa María de Cospeito.
Este monumento funerario é o máis importante non só do conxunto Millarada, senón do Concello de Cospeito. O túmulo presenta agora mesmo fondos sucos, ao ter sido arrasado por maquinaria pesada de traballos forestais. Aínda estando protexidos pola Lei do Patrimonio Cultural de Galicia, a impunidade dos continuos e citados traballos forestais provoca danos e graves agresións ás concentracións tumularios de Galicia.
Pretendo sinalar os eixes dun plan de conservación dos monumentos megalíticos, pasando por unha ampla información previa e asemade a adopción de medidas urxentes, preventivas e de difusión.
A preservación destes monumentos facilitaría a súa comprensión, das sociedades que os erixiron e nos que se atesoura unha gran cantidade de coñecemento.
Dende aquí quero deixar constancia, asociando o potencial científico, que amplía o seu valor patrimonial, facendo máis dolorosa a súa destrución á mans duns poucos e á indiferenza de todos.
Hai tempo que se levan notificando ás autoridades autonómicas a destrución e as alteracións graves do noso patrimonio. Estas deberían desenvolver medidas activas de protección. Vemos a cotío a dilatada distancia entre o incremento e o interese social, e a nula resposta administrativa e local (paradigma da ineptitude), onde o vandalismo unido ao insuficiente grao de aprecio de cara ao noso Patrimonio, é de falta de control administrativo e invisíbel.
Debo recoñecer que en Galicia, e para os servizos de arqueoloxía, os orzamentos son insuficientes.
Daquela, demandaría xestións ás institucións (provinciais, locais, veciñais), un deseño e execución dun organismo asesor, e coordinación con outros organismos, debendo ser unha prioridade ante a endogamia actual en todas as esferas da sociedade, que descentraliza responsabilidades. OXALÁ HAXA UN EQUILIBRIO!
E para rematar fago o meu chamamento ao Concello de Cospeito, que estando ligado a época prehistórica, onde Veria e Valverde tiveron asentamentos poboados, palafitas e cidades lacustres, e no seu conxunto salientar a Torre Caldaloba.
Calquera política de xestión patrimonial, aséntase nun coñecemento preciso dos bens que debe administrar, entre estes deberes o Patrimonio histórico, arqueolóxico e megalítico.