O Instituto de Estudos Chairegos, continuando cos actos programados para o primeiro trimestre do ano, organiza o xoves 7 de marzo de 2024, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, a proxección do documental “AS SILENCIADAS”, realizado por PABLO CES, con guión do propio Pablo Ces e de AURORA MARCO, que levou a cabo un importante traballo de investigación sobre o tema, e que estará presente no acto para facer a introdución ao documental así como participar na charla-coloquio posterior á súa proxección. A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do Iescha.
O terceiro LP da banda muradá, o máis “cañeiro” ata o momento, consta de nove temas, entre os que se inclúen os sinxelos Blaster W4U e Rue Franklin
Comeza a conta atrás para a posta en marcha de La máquina del buen rollo. O terceiro e agardado novo LP de The Rapants, a banda que despunta no marco do panorama musical galego, xa ten data de lanzamento e as súas novas creacións verán a luz o xoves 14 de marzo. O disco, “máis tranqui pero máis cañeiro que os anteriores”, e do que o grupo salienta a produción e o seu son, “moi próximo ao que o público pode escoitar en directo”, estará dispoñible tanto nas principais plataformas dixitais coma en formato físico. La máquina del buen rollo é a nova creación de Matías, Samu, Xanma e Xaquín, o cuarteto muradán que asina algúns dos temas máis bailados do pasado verán, como La favorita ou O Avión. Este mes de marzo publica o seu novo traballo discográfico, do que xa se coñecen os dous primeiros avances: Blaster W4u, e Rue Franklin. Agora, en tan só quince días, poderanse escoitar as outras sete cancións que completan o álbum, un traballo no que conviven as letras e os estribillos “de estilo rapante”, e que destaca pola variedade estilística ao servizo da música disco, do baile e, como reza o propio nome do álbum, ao cabo, “do bo rollo”. Así, se con Blaster W4u -o primeiro sinxelo do LP- The Rapants sorprendía ao público cun tema animado, que deixaba entrever o ambiente disco e bailable do álbum -que semellaba un punto de inflexión respecto a O corasón como un after-, coas guitarras de Rue Franklin amosaba que o rock máis enérxico e característico do grupo, recoñecido pola forte conexión que establece co público nos seus directos, estaría moi presente en La máquina del buen rollo. Precisamente esta era a intención da nova produción, gravada por Paco Loco nos seus estudios de Puerto de Santa María o pasado mes de outubro: conseguir plasmar a enerxía que The Rapants desprende sobre o escenario e que é o seu sinal de identidade. ‘La máquina del buen rollo’, ao vivo Algúns dos temas do novo disco de The Rapants soarán, como avances, o 9 de marzo en Bruxelas, durante a celebración do festival EmigraSon, mais non será até o 23 de marzo cando teña lugar a festa de presentación oficial do disco, cuxas entradas “voaron” a mañá na que se puxeron á venda: os billetes para a Sala Capitol esgotáronse aos 15 minutos. A resposta do público provocou que a banda reservara, inmediatamente, unha segunda data no recinto o domingo 24 de marzo. As entradas para esta nova cita vendéronse, na súa totalidade, en menos de dúas horas. A banda muradá afronta o 2024 cunha chea de concertos xa confirmados, como a súa participación no Ourensound, Surfing The Lérez, Portamérica, SonRías Baixas ou Osa do Mar, entre outros. Ademais, é finalista nos Premios Mestre Mateo do audiovisual polo videoclip de Fai tempo, e é candidata aos Premios MIN da Música Independiente en sete categorías: Mellor artista emerxente, Mellor videoclip, Mellor directo, Mellor álbum de pop, Mellor álbum en galego, Mellor produción musical e Mellor letra orixinal. Tracklist ‘La máquina del buen rollo’
1. Meu Cariño 2. Tuenti
3. Blaster W4u4. A Lus 5. Rue Franklin 6. Chusma Riders 7. Novio Imaginario 8. Country Asesino 9. Cando Pensa En Min Autoría e produción: The Rapants. Gravado e misturado en Paco Loco Recording Studios (Puerto de Santa María, Cádiz).
É a primeira vez que a compañía de Culleredo participa en FETEN, a veterana feira de artes escénicas para público infantil que este ano celebra a súa 33ª edición
‘Kyoki’ poderá verse en sesión dobre o xoves 29 de febreiro no Centro de Cultura Antiguo Instituto ás 16.30 e ás 18.30 horas
A compañía Elefante Elegante está a ultimar os detalles antes de presentar en Xixón o seu espectáculo Kyoki o vindeiro xoves 29 de febreiro. A peza dos creadores María Torres e Gonçalo Guerreiro forma parte da programación de FETEN 2024 (Feria Europea de Artes Escénicas para Niños y Niñas), un dos encontros máis importante do sector que está a desenvolver a súa 33ª edición ata o 1 de marzo na cidade asturiana. O público poderá gozar de Kyoki en dúas funcións no Centro de Cultura Antiguo Instituto, ás 16.30 e ás 18.30 horas, este xoves 29.
O equipo de Elefante Elegante desprázase a Asturias logo de se coñecer que optan a varios galardóns na vindeira celebración dos Premios María Casares polo seu labor en Un hotel de primeira sobre o río, unha produción do Centro Dramático Galego (CDG). Así, María Torres e Gonçalo Guerreiro optan ao premio á mellor dirección de movemento, Carolina Díguele ao de vestiario e Guerreiro tamén está entre aos candidatos ao premio polo espazo escénico.
UNHA OLLADA LÍRICA
O alzhéimer desde unha perspectiva poética e cómplice é o fío condutor de Kyoki, unha viaxe emotiva da infancia á vellez a través da memoria; unha obra de linguaxe xestual cómica e reflexiva sobre o esquecemento e a soidade. Protagonizada por María Torres, baixo a dirección de Gonçalo Guerreiro, Kyoki-palabra que significa “demencia” en xaponés- é unha creación destinada ao público infantil e familiar a partir dos 5 anos. Trátase dun espectáculo sen palabras que reúne artes do movemento, artes plásticas e unha rigorosa sintonía dos xestos coa música instrumental orixinal. Na historia están presentes tres personaxes -a avoa, a súa filla e unha doutora-, todas elas representadas pola actriz protagonista. O espazo escénico está construído para evocar ao mesmo tempo unha casa, un hospital e a rúa. Deseñada para funcionar como o lenzo dun pintor, a escenografía é un fondo estético que pouco a pouco é habitado polo corpo da intérprete e polos obxectos por ela manipulados, co obxectivo de manter sempre viva unha composición pictórica xerada por formas, cores e movementos. O fondo azul con liñas que se cruzan de xeito irregular en ángulos rectos está dotado de varias aperturas camufladas, que permiten a entrada e saída de innumerables elementos escénicos, o que provoca suxestivos e reveladores efectos sorpresa.
SOBRE A COMPAÑÍA
Elefante Elegante nace do desexo de desenvolver unha linguaxe plástica, poética e universal que non dependa exclusivamente do texto e que permita indagar sobre temáticas de carácter social e existencial. As súas creacións xorden do diálogo do teatro físico coa danza, a música e as artes visuais. Os espectáculos de Elefante Elegante están baseados na relación do corpo co espazo e reflicten unha rigorosa investigación de xestos, movementos e imaxes.
O xogo teatral baséase no traballo plástico dos intérpretes e na súa constante interacción cos elementos escenográficos. A narrativa das accións físicas varía entre a abstracción do movemento bailado e a construción da trama teatral. O corpo contén en si mesmo todos os segredos e revelacións dunha posta en escena que se fundamenta na organicidade do dispositivo escénico e na dinámica pictórica da organización do espazo sonoro e literario.
A compañía foi fundada por María Torres e Gonçalo Guerreiro no 2000 e residiu os primeiros anos en Bélxica, ata instalarse en Galicia no 2007. O grupo comezou como un proxecto experimental do que facían parte actrices e actores de diferentes países europeos. En escena, cada intérprete falaba a súa propia lingua. Ese foi o motor para iniciar a súa práctica arredor do xogo corporal. Actualmente, Elefante Elegante ten a súa sede no concello de Culleredo (A Coruña), onde é compañía residente. Os seus espectáculos foron recoñecidos con varios premios María Casares desde o ano 2013.
3ª CONVOCATORIA DE RESIDENCIAS ARTÍSTICAS E DE INVESTIGACIÓN “ATOPÉMONOS BAILANDO” PARA PROFESIONAIS DE GALICIA, RESTO DE ESPAÑA E PORTUGAL
Colectivo Glovo en colaboración coa Área de Cultura, Turismo e Lingua do Concello de Lugo, e o apoio da Agadic – Xunta de Galicia presenta as bases da terceira convocatoria de residencias artísticas e de investigación “ATOPÉMONOS BAILANDO” para profesionais de danza e artes do movemento.
Obxecto da convocatoria
Chámase a profesionais de danza e artes do movemento con sede en España e/o Portugal a presentar os seus proxectos para a realización de 8 residencias artísticas e/o de investigación (exclúense residencias técnicas) para ser realizadas entre os meses de abril a novembro de 2024 (cinco delas en Lugo, Galicia, e tres en réxime de intercambio con estruturas de Portugal e Costa Rica).
O programa de residencias artísticas e de investigación “ATOPÉMONOS BAILANDO” 2024 posibilita tamén o intercambio de tres das residencias seleccionadas a través da presente convocatoria con outros tres programas de residencias internacionais.
Estes intercambios son froito das colaboracións entre as Residencias AB de Lugo con entidades de Portugal e Costa Rica.
Período de solicitude
Do 23 de febreiro ao 10 de marzo de 2024 (ata as 23.59h CET)
Período de realización das residencias
Do 1 de abril ao 30 de novembro de 2024
Duración das residencias
Residencias en Lugo: entre 5 e 10 días (abril – novembro 2024)
Residencia en intercambio con Costa Rica – Taller Nacional de Danza: 15 días (outubro – novembro 2024)
Residencia en intercambio con Portugal – Teatro Experimental Flaviense – Cinema-Teatro Bento Martins – Chaves: 7 días (abril – novembro 2024)
Residencia en intercambio con Portugal – 32.ª Quinzena de Dança de Almada: 7 días (27 setembro – 5 outubro 2024)
Tipoloxía das residencias
Residencias de investigación ou creación de profesionais individuais ou equipos que fundamenten o seu traballo artístico ao redor do movemento e o corpo.
-32.ª Quinzena de Dança de Almada – International Dance Festival – Almada – Portugal
-Taller Nacional de Danza de Costa Rica
Compromisos xerais do artista
-Realizar a residencia no período acordado por ambas as partes
-Asina do contrato antes do inicio da residencia
-Realizar unha actividade de mediación: sesión aberta da residencia para a comunidade local e/o comunidade artística do territorio ou realizar un obradoiro (a definir pola solicitante)
-Realizar unha memoria descritiva da residencia (máximo 5 páxinas) e entrega nun prazo máximo de 15 días desde a finalización da residencia
-Autorizar o rexistro en vídeo e foto da residencia
-Incorporar os logotipos de ATOPÉMONOS BAILANDO na documentación que xere o proxecto, así como compartir e etiquetar en redes sociais aos mesmos. As residencias en intercambio engadirán ademais os logotipos das estruturas que os acollen no país anfitrión
-Respectar as instalacións e a contorna
Compromisos dos artista (selección Costa Rica)
-Para concorrer á selección do intercambio coa entidade de Costa Rica é imprescindible ter dispoñible un máximo de 2 semanas consecutivas entre os meses de outubro e novembro de 2024, ademais de cumprir coas bases xerais
Compromisos do artista (selección Portugal – 32.ª Quinzena de Dança de Almada)
-Para concorrer á selección do intercambio coa entidade de Portugal – 32.ª Quinzena de Dança de Almada é imprescindible ter dispoñible do 27 de setembro ao 5 de outubro de 2024, ademais de cumprir coas bases xerais
Para o intercambio con Costa Rica – Taller Nacional de Danza Costa Rica
-Proporcionaranse e xestionarán os billetes de avión a Costa Rica, ademais dos seus traslados, aloxamentos e manutención, durante toda a residencia (2 semanas)
Para os intercambios con Portugal – Teatro Experimental Flaviense – Cinema-Teatro Bento Martins e 32.ª Quinzena de Dança de Almada – International Dance Festival
-Proporcionaranse e xestionarán os traslados a Portugal, ademais dos seus aloxamentos e manutención, durante toda a residencia, así como diferentes encontros con profesionais e programadores do sector
Achega da entidade a través da convocatoria
-Rexistro audiovisual da residencia
-Remuneración: Entre 700€ e 2000€ (IVE incluído) por residencia. Realizarase o pago nun prazo máximo de 30 días contando desde a entrega da memoria e a factura correspondente ao final do período de residencia.
Todos os gastos das residencias correrán a cargo do solicitante, exceptuando as condicións específicas dos intercambios.
Documentación a achegar
1. Dossier descritivo dos obxectivos da residencia, metodoloxía, contidos e links a traballos anteriores (máximo 5 páxinas)
2. Duración da residencia e estrutura do traballo a desenvolver e proposta de actividade de mediación (contidos, público destinatario e duración, máximo 2 páxinas)
3. Currículo do equipo artístico do proxecto (máximo 1 páxina por artista)
4. Datos completos da residencia fiscal do solicitante, relación de DNI dxs participantes na residencia e rol no proxecto
5. Deberá especificar claramente se está intersad@ no intercambio con Costa Rica e con Portugal ou se soamente participa para a súa residencia en Lugo
Poderá ser enviado en galego, castelán, portugués ou inglés.
Valoración e resolución da convocatoria
Nomearase unha comisión de valoración de proxectos formada por profesionais do sector. Se reserva aproximadamente un 50% das residencias para profesionais de Galicia.
Publicarase a resolución a finais de marzo de 2024 na páxina web de www.atopemonosbailando.com e nas súas redes sociais.
Achega da entidade a través da convocatoria
-Rexistro audiovisual da residencia
-Remuneración: Entre 700€ e 2.000€ (IVE incluído) por residencia. Realizarase o pago nun prazo máximo de 30 días contando desde a entrega da memoria e a factura correspondente ao final do período de residencia.
Todos os gastos das residencias correrán a cargo do 1solicitante, exceptuando as condicións específicas dos intercambios.
Documentación a achegar
1. Dossier descritivo dos obxectivos da residencia, metodoloxía, contidos e links a traballos anteriores (máximo 5 páxinas)
2. Duración da residencia e estrutura do traballo a desenvolver e proposta de actividade de mediación (contidos, público destinatario e duración, máximo 2 páxinas)
3. Currículo do equipo artístico do proxecto (máximo 1 páxina por artista)
4. Datos completos da residencia fiscal do solicitante, relación de DNI dxs participantes na residencia e rol no proxecto
5. Deberá especificar claramente se está intersad@ no intercambio con Costa Rica e con Portugal ou se soamente participa para a súa residencia en Lugo
Poderá ser enviado en galego, castelán, portugués ou inglés.
Valoración e resolución da convocatoria
Nomearase unha comisión de valoración de proxectos formada por profesionais do sector. Se reserva aproximadamente un 50% das residencias para profesionais de Galicia.
Publicarase a resolución a finais de marzo de 2024 na páxina web de www.atopemonosbailando.com e nas súas redes sociais.
O acto comezou co saúdo de Inés Lozano Carral, presidenta da Asociación Cultural de Pino.
A continuación, Martiño Maseda realizou a lectura do Manifesto da AELG polo Día de Rosalía, cuxa autoría nesta edición correspondeu ao escritor Carlos Callón.
Deseguido tivo lugar a entrega de premios ás autoras galardoadas no III Certame de Caligramas CONSTANZA DE CASTRO:
Laura Sánchez Castro, gañadora do segundo premio pola obra Engrañaxes, non puido asistir ao acto, mais si achegou un vídeo onde, ademais de ofrecer a súa gratitude polo premio, contou brevemente o seu caligrama.
A que si estivo presente en Pino para recoller o galardón foi Patricia Torrado Queiruga, gañadora do primeiro premio pola obra súa Última noite en Caldaloba, quen tamén ofreceu unha breve explicación do seu caligrama, ao tempo que salientaba a súa gratitude porque Pino, e a Terra Chá, xa formaba para da súa memoria do corpo (emulando palabras do escritor de nacenza chairega, Xesús Rábade Paredes).
Rematada a cerimonia de entrega de premios, varias mulleres presentes participaron na actividade Enmarcando a Rosalía, na que realizaron a lectura de textos rosalianos e deixándoos adheridos nun cadro coa imaxe de Rosalía de Castro.
En varios momentos do evento contouse coa interpretación de pezas musicais a cargo de Avelino Roca acompañado polo grupo de música de nenas e nenos de Pino.
GALERÍA VIDEOGRÁFICA
*Autoría das imaxes: José Manuel Pena Regueiroe Martiño Maseda