IEU: Convite a Actividades Culturais
Información para convidar aos socios do IEU a participar nas seguintes actividades que se desenvolverán na Ulloa os próximos días:
—O venres 30 de agosto o grupo senderista Érbedo organiza unha RUTA NOCTURNA POR AMARANTE E MONTE FARELO. A saída é as 21,30 h. no castelo de Castro de Amarante. Son 13,4 Km de dificultade media. Para anotarse ou máis información en:
—O venres 30 e sábado 31 de agosto celébrase en Monterroso o VI FESTIVAL AGROCUIR DA ULLOA con concertos, espectáculos e obradoiros en diferentes espazos da vila. Máis información en:
https://festivalagrocuir.wordpress.com/
—Do 27 de agosto ao 7 de setembro celébrase en Palas de Rei a XX MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO. Teatro no Camiño de Santiago. Máis información en:
http://teatrometatese.blogspot.com/
—O venres 6 e o sábado 7 de setembro celebrarase en Santiago de Albá (Palas de Rei) o VIII festival SON D´ALDEA, con novos roteiros teatrais e escenarios de gran valor paisaxístico e patrimonial. Lembrade que no festival do ano pasado o IEU recibiu o Premio Son d´aldea 2018. Para anotarse ou máis información en:
*Información facilitada desde a directiva do IEU.