Presentación virtual do libro “MANIFESTO 25N. Trinta voces pola eliminación da violencia contra a muller” a través do Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo

O Centro de Documentación e Recursos Feministas, en colaboración coa Concellería de Igualdade do Concello de Vigo organiza unha presentación virtual do libro MANIFESTO 25 N. Trinta voces pola eliminación da violencia contra a muller, publicado baixo o selo de Alvarellos Editora,. Dita presentación terá lugar o vindeiro martes, 9 de novembro de 2021 ás 19:00 h.

Dita presentación contará coa participación das autoras Cristina Corral Soilán, Fátima Domínguez Silva, Eilún Del Pazo Moa e Pilar Maseda.

Ademais intervirán Henrique Alvarellos, editor e director de Alvarellos Editora, e Martiño Maseda, escritor e administrador da web Culturalia GZ, co-promotora de dita publiación

Recital MANIFESTO 25 N na Feira do Libro da Coruña o luns 9 de agosto

O vindeiro luns 9 de agosto, a partir das 18:30 h., dentro do marco de actividades que se celebran na 50ª Feira do Libro da Coruña, terá lugar un recital colectivo do libro MANIFESTO 25 N. 30 Voces Pola Eliminación da Violencia contra a Muller, editado baixo o selo de Alvarellos Editora. Dito recital, promovido pola propia editorial, contará con autoras coma Arancha Nogueira, Adolfina Mesa, Andrea Fernández Maneiro, Beatriz Maceda Abeleira, Viki Rivadulla, que son algunhas das voces cuxas obras aparecen na mencionada publicación.

MANIFESTO 25 N. 30 Voces pola Eliminación da Violencia contra a Muller

Xa hai listaxe de autoras/-es seleccionadxs que aparecerán no libro MANIFESTO 25 N. 30 Voces pola Eliminación da Violencia contra a Muller, que coeditarán a Asociación Cultural CALDALOBA e Alvarellos Editora . Nesta edición ademais participan con cadansúa achega económica as Áreas de Cultura da Deputación Provincial de Lugo e do Concello de Vilalba, e a colaboración divulgadora da web Culturalia GZ.

O libro, que nace con motivo da conmemoración anual do 25 de Novembro coma Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra a Muller, contará con diversas e destacadas voces dentro do panorama literario galego. Está previsto que saia do prelo de cara á súa presentación na vindeira primavera.

A Asociación Cultural CALDALOBA e Alvarellos Editora coeditarán o libro “MANIFESTO 25 N. 25 Voces pola Eliminación da Violencia contra a Muller”

A Asociación Cultural CALDALOBA e Alvarellos Editora coeditarán o libro MANIFESTO 25 N. 25 Voces pola Eliminación da Violencia contra a Muller. Nesta edición contarán coa achega económica das Áreas de Cultura do Concello de Vilalba e da Deputación Provincial de Lugo, e a colaboración divulgadora da web Culturalia GZ.

Este libro nace co motivo da conmemoración anual do 25 de Novembro coma Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra a Muller. Unha antoloxía que amosará desde unha vertente poética e crítica (textual, imaxinativa, gráfica) a visión particular de 25 artistas da palabra e/ou da imaxe arredor do 25 N.

Cada persoa só poderá achegar UNHA única obra ao seguinte enderezo electrónico info@culturaliagz.com.

A data límite para a recepción de obras será o mesmo 25 de novembro. A continuación realizarase unha selección de 25 obras de todas as achegadas, e que, segundo o criterio da organización, mellor reflictan o sentido da convocatoria.

Cada persoa seleccionada recibirá DOUS exemplares do libro editado, quedando os restantes para a realización, dentro do posible, de presentacións da publicación e como xeito de concienciación fronte a esta lacra social.

A Asociación Cultural Caldaloba e Culturalia GZ convocan o MANIFESTO 25 N. 25 Voces pola Eliminación da Violencia contra a Muller

Con motivo da conmemoración anual do 25 de Novembro coma Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra a Muller, a Asociación Cultural CALDALOBA e o portal web Culturalia GZ deciden convocar o MANIFESTO POLO 25 N. 25 Voces pola Eliminación da Violencia contra a Muller, unha antoloxía que amosará desde a vertente poética  (textual, imaxinativa, gráfica) a visión particular de 25 artistas da palabra e/ou da imaxe arredor do 25 N.

Cada persoa só poderá achegar UNHA única obra ao seguinte enderezo electrónico info@culturaliagz.com.

A data límite para a recepción de obras será o 8 de novembro. A continuación realizarase unha selección de 25 obras de todas as achegadas, e que, segundo o criterio da organización, mellor reflictan o sentido da convocatoria.