Proxección da película CÓDIGO EMPERADOR, de Jorge Coira, no Auditorio Municipal de Vilalba
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película CÓDIGO EMPERADOR, de JORGE COIRA, continuando así coa programación do CICLO MESTRE MATEO que durante o ano 2023 bríndanos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais e longametraxes) dos XXI PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta segunda proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o SÁBADO 24 DE XUÑO DE 2023, ás 20:00 horas.
NOTA_INFORMATIVA_CODIGO-EMPERADOR