IX Convivio da Cultura Galega, o sábado 9 de xullo, na Carballeira de Santa Isabel en Outeiro de Rei

O sábado, 9 de xullo, retómase o CONVIVIO DA CULTURA GALEGAcun encontro de novo na Carballeira de Santa Isabel (Outeiro de Rei) e onde se fará unha boa festa ao redor da figura de Manuel María e celebrando a cultura de Galiza.

O programa para este día será o seguinte:
11.30 Acollida de participantes diante da Casa-Museo Manuel María ao son da música de Birloque Gaiteiros
11.45 Saída a pé para a carballeira de Santa Isabel con parada no cemiterio de Outeiro para realizar unha ofrenda a Manuel María.
12.30 Actuación, en Santa Isabel, da Banda de Música SONS E SOÑOS de Rábade, Begonte, Outeiro e Friol, dirixida por Armando Morales, e acompañada pola voz de UXÍA. 
13.45 Xantar de convivio (cada quen ten que traer a súa comida e bebida)
16.45 Foliada na carballeira coa actuación de PARABÉNS, XURXO SOUTO e RICHI CASÁS, TRADIVIVAS AGRA, BIRLOQUE GAITEIROS, AIRINHOS DO FIOUCO E FOLIADEIR@S DO CASTRO. Guía a festa: Xurxo Souto.

Encontro do asociacionismo cultural de base. As directivas das entidades pertencentes a GALIZA CULTURA (e quen quixer…) reuniranse ás 12,15 no auditorio da Casa-Museo Manuel María para articular a súa actuación en común.