Código Emperador será o filme inaugural e na súa presentación interviñerán o director Jorge Coira e a produtora Emma Lustres
Completan a programación María Casares. A muller que viviu mil vidas, Onde máis doe, O home e o can, A Foreign Song,
No somos nada, Live is Life, Valentina e O corpo aberto, gran triunfadora dos últimos Premios Mestre Mateo
Os pases, que contarán coa presenza dos equipos artísticos e técnicos das películas, como Manuel Manquiña, Xavier Villaverde,
Manane Rodríguez, Ángel de la Cruz, Chelo Loureiro ou Ángeles Huerta, entre outros, serán con entrada libre ata completar o aforo
A Coruña vai acoller a partir de mañá, 14 de marzo, e ata o vindeiro domingo a IV Semana do Cinema Galego, a gran celebración cinematográfica non competitiva do país, que exhibe o máis salientable da produción audiovisual galega do último ano. Un total de nove filmes -os finalistas e gañadores dos XXI Premios Mestre Mateo celebrados este pasado fin de semana- vanse proxectar no Teatro Colón da cidade herculina ao longo destes seis días, en sesións nas que participarán os equipos responsables das obras. Deste xeito, visitarán A Coruña artistas como Jorge Coira, Manuel Manquiña, Xavier Villaverde, Manane Rodríguez, Ángel de la Cruz, Chelo Loureiro ou Ángeles Huerta, entre moitas outras figuras do noso cinema.
O programa da IV Semana do Cinema Galego contará cos largos de ficción Código Emperador, Live is Life, O corpo aberto e O home e o can; os documentais A Foreign Song, María Casares. A muller que viviu mil vidas, No somos nada e Onde máis doe e a película de animaciónValentina. O acceso a todas as proxeccións do encontro será de balde, con entrada libre, por orde de chegada á sala, ata completar o aforo.
O talento galego en pantalla grande
A actividade da IV Semana do Cinema Galego botará a andar con Código Emperador, película dirixida por Jorge Coira e protagonizada por Luis Tosar, que se exhibirá o martes 14 de marzo a partir das 20.00h, tras o acto oficial de inauguración e o coloquio, coa presentació por parte do propio director e mais a produtora Emma Lustres.
O mércores 15, ás 20.00 h, será a quenda do documental María Casares. A muller que viviu mil vidas, unha ollada íntima e profunda de Xavier Villaverde sobre a vida da grande actriz coruñesa que vén de recibir o premio Mestre Mateo ao Mellor Documental.
No ecuador da Semana, o xoves 16 de marzo, comezarán as sesións dobres no Teatro Colón. Ás 20.00 h vaise proxectar Onde máis doe, un documental da a cineasta uruguaia afincada en Galicia Manane Rodríguez. Un chisco máis tarde, ás 22.00 h, exhibirase O home e o can, dirixida por Ángel de la Cruz e protagonizada por Manuel Manquiña.
O programa do venres 17de marzo iniciarase coa proxección, ás 20.00 h, de A Foreign Song, de César Souto. Algo máis tarde, ás 22.00 h, o público poderá gozar de No somos nada, de Javier Corcuera, un repaso aos corenta anos de La Polla Records, unha das bandas máis icónicas do punk nacional.
A sesión do sábado 18 estará composta por un programa dobre de longametraxes de ficción con estilos moi diferentes. De primeiro, ás 19.30 h, a cita é coa comedia Live is Life de Dani de la Torre. E de segundo, ás 22.00 h, será o filme gótico O corpo aberto de Ángeles Huerta quen tome a pantalla do Colón, con Tamar Novas e María Vázquez como protagonistas. O público coruñés vai ter a oportunidade de gozar novamente en pantalla grande da gran triunfadora da última edición dos Mestre Mateo. O corpo aberto alzouse con doce galardóns dos dezaseis aos que optaba, entre eles os das categorías de longametraxe, dirección e guión así como as de mellor interpretación masculina protagonista e de reparto para Tamar Novas e Federico Pérez, respectivamente.
A clausura da IV Semana do Cinema Galego será a mañá do domingo 19, ás 11.30 h, e virá da man de Valentina, a película de Chelo Loureiro gañadora do Premio Goya á mellor longametraxe de animación no 2022.
Cita co talento
Con esta nova edición, a Semana do Cinema Galego consolídase como mostra consagrada ao talento máis próximo, co foco na complicidade co espectador e cristalizando sinerxías coa cidade herculina, escenario e catalizador dos diálogos entre o público e os artistas. A Semana do Cinema Galego está impulsada pola Academia Galega do Audiovisual (AGA) e conta co apoio do Concello da Coruña e da Deputación da Coruña e mais coa colaboración de Abanca. Toda a información sobre os horarios e as películas pódese consultar na web https://semanadocinemagalego.gal/.
A gran celebración cinematográfica non competitiva de Galicia proxectará na Coruña as mellores producións cinematográficas con selo galego do último ano, seleccionadas como finalistas dos XXI Premios Mestre Mateo
Deste xeito, o programa da IV Semana do Cinema Galego estará conformado por un total de nove filme que suman 40 nominacións aos Mestre Mateo, entre eles, catro largos de ficción (Código Emperador, Live is Life, O corpo aberto e O home e o can), catro documentais (A Foreign Song, María Casares. A muller que viviu mil vidas, No somos nada e Onde máis doe) e a película de animación gañadora do Goya en 2022 Valentina
Os pases, que terán lugar no Teatro Colón do 14 ao 19 de marzo, contarán coa presenza dos equipos artísticos e técnicos das películas
O acceso as proxeccións será gratuíto, con entrada libre, por orde de chegada á sala, ata completar o aforo
A Coruña acollerá do 14 ao 19 de marzo a IV Semana do Cinema Galego, a gran celebración cinematográfica non competitiva do país, que exhibe o máis salientable da produción audiovisual galega do último ano. Un total de nove filmes -os seleccionados como finalistas dos XXI Premios Mestre Mateo, que xuntos suman 40 nominacións- vanse proxectar no Teatro Colón da cidade herculina ao longo destes seis días, en sesións nas que participarán os equipos responsables das obras.
Deste xeito, o programa contará cos largos de ficción Código Emperador, Live is Life, O corpo aberto e O home e o can; os documentais A Foreign Song, María Casares. A muller que viviu mil vidas, No somos nada e Onde máis doe; e a película de animación gañadora do Goya en 2022 Valentina. O acceso a todas as proxeccións do encontro será de balde, con entrada libre, por orde de chegada á sala, ata completar o aforo.
A presentación da programación tivo lugar esta mañá, xoves 24 de febreiro, no Café Copacabana, que operará como “Cantina da IV Semana do Cinema Galego” e espazo de encontro oficioso entre artistas e público durante todo o evento, para intercambio de impresións e conversas antes e despois dos pases.
No acto participaron Álvaro Pérez Becerra, presidente da Academia Galega do Audiovisual (AGA); Inés Rey, alcaldesa da Coruña; e Xosé Regueira Varela, vicepresidente da Deputación da Coruña.
Na súa intervención, Pérez Becerra salientou o carácter “selecto e diverso dunha programación que condensa o mellor do panorama galego actual”, que regresa á gran pantalla grande en aberto para todos os públicos e que vai estar articulada en “sesións nas que os equipos artísticos e técnicos das películas poderán compartir co público a súa visión persoal sobre os traballos e tamén as anécdotas que non saen na pantalla”.
Pola súa banda, Xosé Regueira Varela, recalcou que para “a Deputación da Coruña é un orgullo colaborar coa Academia e reivindicar o papel do audiovisual galego, un motor de emprego e talento que xera o 25 % do PIB cultural”. Insistindo en que “desde as institucións debemos apoialo como algo fundamental, poñelo en valor e lograr encher as salas”. Finalmente, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, tomou a palabra para recordar que “A Coruña é a cidade galega do cinema porque aquí foi onde naceu da man de José Sellier, pioneiro do cinema e autor da primeira película galega, e dende o Concello seguiremos apostando por que a cidade siga na vangarda do audiovisual”.
6 días, 9 filmes
A actividade da IV Semana do Cinema Galego botará a andar con Código Emperador, película dirixida por Jorge Coira, que se exhibirá o martes 14 de marzo ás 20.00 h, tras o acto oficial de inauguración. A película, estreada no último Festival de Málaga, é unha reflexión sobre as cloacas do Estado, e nela Luis Tosar encarna a Juan, un home afeito a lidar cos asuntos turbios dos poderosos.
O mércores 15, ás 20.00h, será a quenda do documental María Casares. A muller que viviu mil vidas, unha ollada íntima e profunda de Xavier Villaverdesobre a vida da grande actriz coruñesa que se estreou na Seminci de Valladolid.
No ecuador da Semana, o xoves 16 de marzo, comezarán as sesións dobres no Teatro Colón. Ás 20.00 h vaise proxectar Onde máis doe, un documental de Manane Rodríguez no que a cineasta uruguaia afincada en Galicia analiza un caso de violencia vicaria que aconteceu en Oza no que un pai asasinou o seu fillo para danar a nai. Un chisco máis tarde, ás 22.00 h, exhibirase O home e o can, dirixida por Ángel de la Cruz e protagonizada por un Manuel Manquiñanun rexistro inédito na súa carreira. O filme, que reflexiona sobre a soidade non elixida, a vellez e o abandono das aldeas, gañou seis galardóns na 31 edición do Festival de Cine de Madrid, incluído o Premio da Crítica.
O programa do venres 17 de marzo iniciarase coa proxección, ás 20.00 h, de A Foreign Song, de César Souto, filme inspirado na obra e biografía do poeta modernista estadounidense Wallace Stevens. O documental obtivo os galardóns á mellor película española e ao mellor director español do FICXixón, certame onde tivo lugar a súa estrea mundial. Algo máis tarde, ás 22.00 h, o público poderá gozar de No somos nada, de Javier Corcuera, un repaso aos corenta anos de La Polla Records, unha das bandas máis icónicas do punk nacional.
A sesión do sábado 18 estará composta por un programa dobre de longametraxes de ficción con estilos moi diferentes. De primeiro, ás 19.30 h, a cita é con Live is Life, unha incursión de Dani de la Torre na comedia cunha historia ambientada nun verán inesquecible dun grupo de mozos na Galicia de 1985. E de segundo, ás 22.00 h, será O corpo aberto, de Ángeles Huerta, quen tome a pantalla do Colón, con Tamar Novas e María Vázquez como protagonistas dun filme gótico inspirado na obra Arraianos de Méndez Ferrín.
A clausura da IV Semana do Cinema Galego será a mañá do domingo 19, ás 11.30h, e virá da man de Valentina, a película de Chelo Loureiro gañadora do Premio Goya á mellor longametraxe de animación no 2022. Grandes e pequechos están convidados a acompañar a Valentina, unha nena con síndrome de Down, na súa aventura para facer realidade o seu soño: ser trapecista.
Cita co talento
O programa desta cuarta edición da Semana do Cinema Galego inclúe nove traballos finalistas dos XXI Premios Mestre Mateo que concede a Academia Galega do Audiovisual nas categorías de mellor longametraxe, documental e longametraxe de animación. Os títulos da programación suman un total de 40 candidaturas aos máximos galardóns do audiovisual galego, e dous deles, O corpo aberto e Código Emperador, con 16 e 8, respectivamente, parten como favoritos dos premios que se concederán no vindeiro mes de marzo.
Con esta nova cita, a Semana do Cinema Galego consolídase como mostra consagrada ao talento máis próximo, co foco na complicidade co espectador e cristalizando sinerxías coa cidade herculina, escenario e catalizador dos diálogos entre o público e os artistas. A Semana do Cinema Galego está impulsada pola Academia Galega do Audiovisual (AGA) e conta co apoio do Concello da Coruña e da Deputación da Coruña e mais coa colaboración de Abanca.
Logo da boa acollida da súa pasada edición, con máis de 3.000 espectadoras e espectadores que encheron os pases dos dez filmes proxectados en 2022, a mostra repite fórmula neste 2023 e propón unha semana para celebrar a puxanza do audiovisual galego na compaña dos seus profesionais. Unha ocasión carismática, sedutora e máxica, con todo o glamour do mellor cinema, que se consolida na súa cuarta edición como unha das grandes citas cinematográficas da tempada. E que situará, de novo, á cidade da Coruña no eixe da Sétima Arte.