por martinho | Ene 20, 2022 | Autores/as, Novas, Xeral
A obra teatral de Manuel María, A lúa vai encuberta, cuxa adaptación e interpretación levan a cabo as compañías Incendiaria (Vanesa Sotelo e Davide González) e A Quinta do Cuadrante (Melania Cruz e Tito Asorey), gañadoras do II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais, segue a súa xira neste 2022 que vimos de comezar despois das 20 exitosas actuacións do último trimestre de 2021.
-Este venres (sexta feira), 21 de xaneiro, ás 20.30 h, representarase no auditorio do edificio de Servizos Múltiples do Burgo (Culleredo). A entrada gratuíta e pode reservarse chamando ao teléfono 981665597.
-O sábado, 22 de xaneiro, ás 20.30 h, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña (os billetes poden adquirirse na billeteira da praza de Ourense ou https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/gl/teatro/teatro-rosalia-castro/13322–a-lua-vai-encuberta-de-manuel-maria.html?fbclid=IwAR3rZlU9lcY8kDNI3dpUl0L9D0h2BEmLd0PvtHvQSOa9mHshCMnEdtB3jM4).
As próximas serán, polo de agora:
28 de Xaneiro de 2022- O BARCO DE VALDEORRAS
. 04 de Febreiro de 2022- ARTEIXO.
. 05 de Febreiro de 2022- AS PONTES.
. 11 de Febreiro de 2022- CARBALLO.
.12 de Febrero de 2022- NOIA.
.
. 10 de Marzo de 2022- MONFORTE DE LEMOS.
. 11 de Marzo de 2022- AMES.
. 12 de Marzo de 2022- OLEIROS.
. 13 de Marzo de 2022- RIBADEO.
.19 de Marzo de 2022- VIVEIRO.
. 25 de Marzo de 2022- RIBEIRA.
. 26 de Marzo de 2022- BRIÓN.
. 27 de Marzo de 2022- CEDEIRA.
. 02 de Abril de 2022- CANGAS.
.03 de Abril de 2022- CAMBADOS.
. 10 de Xuño de 2022- FERROL.
por martinho | Sep 29, 2021 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
A lúa vai encuberta, texto dramático escrito por Manuel María, levado ao cenario por A Quinta do Cuadrante e Incediaria, representarase este sábado 2 de outubro, ás 20 h, en VILALBA. Este proxecto teatral foi o gañador do II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais que convoca a Casa-Museo Manuel María e o pasado 10 de setembro estreouse en Ourense, comezando, así, a xira por todo o país (achegamos cartaz coas datas de representación neste último trimestre 2021).
Para asistirdes á representación en Vilaba podedes retirar as localidades (son numeradas) na Casa da Cultura de Vilalba ou a través do portal https://entradasvilalba.es
En 1977 celébranse as primeiras Eleccións Xerais despois da ditadura franquista.
Ese mesmo ano, o grupo teatral da Asociación Cultural Auriense trata de continuar cos ensaios de A lúa vai encuberta de Manuel María pero, no medio do proceso, o colectivo desfaise definitivamente e o tempo queda en suspenso até que, corenta e catro anos despois, dúas novas compañías se unen para retomar o traballo no punto en que o deixaron co obxectivo de levar a escena a obra e descubrir as razóns da disolución.
Na procura dunha verdade oculta, a mestura de tempos e a combinación de realidade e ficción permitirá identificar o descoñecemento programado da nosa historia máis recente e a súa consecuente falta de conciencia de identidade nacional galega.
A lúa vai encuberta é unha peza arredor da realidade galega e da loita incesante por conformar unha identidade propia, confrontándonos co noso pasado recente e as súas contradicións, desvelando un discurso que hoxe en día está sendo, senón ocultado, moitas veces silenciado e que explica, en certa maneira, as razóns de por que hoxe en día o noso país ten os trazos políticos, sociais e económicos que o caracterizan.
Como di Edward Hallet na cita do inicio, o estudo do pasado é a única maneira de poder entender o noso presente, así como só podemos entender o pasado coa luz que nos achega a nosa análise do presente. Tamén neste sentido, Marc Bloch, un dos historiadores máis importantes do século XX, sostén que “toda historia é historia contemporánea”. Así é como Incendiaria e A Quinta do Cuadrante levamos a escena o texto de Manuel María, como unha fonte esencial para, a través dela, entender as diferentes forzas sociais e políticas que nos conformaron como país, e polo tanto, como persoas que o habitamos.
Achegamos con esta mensaxe o trailer do espectáculo https://vimeo.com/615012780
e un artigo de Manuel Xestoso sobre o mesmo https://www.nosdiario.gal/articulo/escena/o-silencio/20210922184836129129.html