Adeus a Jannis Kounelis
Un dos máximos expoñentes da denominada Arte Povera, o grego Jannis Kounellis faleceu onte ós 80 anos de idade. Representante dese movemento artístico de natureza crítica que supuxo unha mudanza radical na década dos 60, polo uso de materiais considerados coma “pobres” (madeira, rocas, telas, follas, carbón, terra, etc,, carentes, polo tanto, de valor. Nas súas obras, Kounelis utilizaba obxectos tales coma animais vivos, lume, terra, tea de saco…. Chegou a cambiar o marco dos seus cadros por marcos de camas, portas, ventás; sen esquecer que tamén utilizou os propios edificios das galerías de arte e de instalacións industriais coma espazos integrados na súa obra. E todo iso co pretexto de procurar unha conexión da arte coa natureza, a sociedade e a actualidade.
Foi un artista infatigábel e as súas obras foron expostas nos máis importantes museos do mundo: Tate Modern Galley de Londres, o Guggeheim de Nova Iorque, o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía e a Bienal de Venecia. Aínda que foron moitos outros os lugares e as citas artísticas nas que destacou a súa presenza.
Co seu pasamento, se cadra, a Arte Povera fica un pouco máis pobre.