Ciclo Mestre Mateo. Proxección da 1ª Sesión de Curtas no Auditorio Municipal de Vilalba
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a 1ª Sesión de CurtaS, coa proxección de 5 CURTAMETRAXES: ANTES DE QUE SE POÑA O SOL, O COIDADO, TO BIRD OR NOT TO BIRD, O NENO SARDIÑA, ULISES, continuando así co CICLO MESTRE MATEO que durante o último trimestre do presente ano 2024 brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXII PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta sexta proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o domingo 24 de novembro, ás 20:00 horas.
NOTA-INFORMATIVA-I-SESION-DE-CURTAS