O IESCHA organiza a mesa redonda que baixo o título de Manuel Fraga Iribarne, na luz e na sombra terá lugar o vendeiro venres 13 de xaneiro, ás 20:00, na Casa da Cultura de Vilalba, e na que participarán: Xesús Palmou, Lourenzo Fernández Prieto, Agustín Baamonde e Antón Baamonde, actuando de moderador Baruk Domínguez.
O grupo poético-musical Corredores De Sombra contará cunha nova voz para sumar ao cuarteto que xa forman Rosana Domínguez, Carme Mato, Baruk Domínguez e Pilar Maseda. Trátase do poeta e escritor naviego Toño Núñez.
E a primeira actuación onde se poderá gozar deste novo quinteto será o vindeiro 3 de Agosto de 2019 durante o ciclo Música na rúa, que organiza o Concello de Vilalba como actividade para o período estival.
Música e Poesía para estes novos tempos a cargo de Corredores De Sombra.