Inauguración da Exposición colectiva a favor de A CREBA
Este venres 13 de decembro, ás 20 horas na Casa da Cultura de Outes, inaugurouse a Exposición colectiva a favor da Asociación A`CREBA.
Trátase dunha exposición comisariada por Cristina Carballedo a través de SUMARTE. Proxecto expositivo, e na que participan case unha trintena de artistas (Antonio Abad, Óscar Aldonza, Isabel Blanco, Abel Barandela, Carlos Barcón, Xavier Blanco, Tino Canicoba, Xavier Carrasco, Nacho Carnota, Corin Cervera, Luis de la Cuevas, Jorge ESpiral, Pedro Gª Losada, Lomartí, Miguel Anxo Macía, Emilio Mariño, Adolfina Mesa, Novais, Adrián Pandolfo, Manolo Rivera, Peña Romay, Noa Persán, Antón Sobral, Antonio Souto, Veiras Manteiga, Laureano Vidal, Mila Vázquez e Xoán Vila). E cuxa finalidade será recadar beneficios a favor de A CREBA, unha asociación para a saúde mental, concretamente, o 40% do diñeiro que se reúna durante a mostra expositiva.
Os artistas participantes amosarán e venderán as súas obras desde o 13 de decembro ata o 7 de xaneiro de 2020 na citada Casa da Cultura de Outes.
Velaquí unha pequena galería de imaxes, xentileza de A CREBA e SUMARTE, que reflicten momentos da inauguración.
*Información e imaxes recollidas da Asociación A CREBA e de SUMARTE. Proxecto expositivo.