A dor allea é a que me manca, a que me transmite ese sentimento de culpa que vou arrastrando como unha pesada lousa de cemiterio. E non podo pechar os olos porque as imaxes desa desfeita que percorre as corredoiiras do mundo aparecen no meu pensamento, como fotogramas dunha película visualizada reiteradamente. E quero fuxir, agocharme delas, mais perségueme, van dentro de min, como unha doenza inherente á miña condición de home feito lobo.

A dor risca a miña carne, traza estigmas do castigo merecido pola cometido. E, ainda que mate o lobo que hai en min, renacerá das súas cinzas con máis forza, determinado a converterme no seu escravo, no seu asasino de balde. Estou derrotado, daquela. Mais non morto e farei desta momentánea rendición un exercicio de catarse no que cauterizar as feridas deste oprobio consentido co líquido pura da palabra. Para elo conviderievos a todos a probar desde bebedizo co gallo de procurar a rexeneración última das esencias.