A Casa-Museo Manuel María, coa colaboración da ANPA do CEIP Laverde Ruíz de Outeiro de Rei e da ANPA do CEIP Otero Pedrayo de Rábade, programa para este sábado 16 de marzo, ás 18 horas, no auditorio da Casa-Museo, un concerto de Pablo Díaz que leva por título “Coas miñas mans”.Este concerto dirixido para as nenas e nenos entre 3 e 6 anos e as súas familias, é presentado por Pablo Díaz da seguinte maneira “Coas miñas mans podo debuxar, contar, sentir… Música para aprender os números, as cores, as comidas… mais tamén para cantarlle á lúa, á primavera… Cancións divertidas para medrar con alegría!”
As entradas poden reservarse anticipadamente a través do correo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal. O prezo da entrada é de 2€.