O bailarín e coreógrafo basco pecha o ciclo ‘Mar en danza’ impulsado pola promotora cultural QueArte Producciones e a Deputación da Coruña para celebrar os 30 anos do Conservatorio Profesional de Danza
Este mércores, 15 de decembro, Yebra impartiu unha clase maxistral exclusiva para o alumnado do Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña
Mañá xoves o Teatro Colón acollerá unha masterclass e unha conferencia aberta ó público cuxa invitación pode retirarse na web ataquilla.com
O bilbaíno Igor Yebra formouse na escola de Víctor Ullate en cuxo ballet debutou como profesional en 1988 e onde permaneceu ata 1996. Desde aquel momento comezaría o seu periplo internacional por compañías de todo o mundo e que estivo marcado principalmente por tres escolas: a francesa grazas a Charles Jude, a italiana da man de Carla Fracci e a rusa a través de Yuri Grigorovich.
Entre os galardóns que recibiu ó longo da súa traxectoria figuran o Gran Premio de Eurovisión para jóvenes bailarines (1989), o Premio ‘Danza & Danza’ al ‘mejor bailarín del año’ en Italia (1996), el segundo premio en el concurso Maya Plitseskaya (1998) y el Premio Leonidas Massine en Italia (2003), entre outros. Ademais, Igor Yebra foi bailarín estrela do Ballet da Ópera de Burdeos e o primeiro bailarín invitado do Ballet da Ópera de Roma. Entre os seus fitos profesionais atópase o seu rol protagonista en Iván el Terrible no Palacio de Congresos do Kremlin en 2004 e que converteu a Yebra no primeiro bailarín non ruso que interpretou este papel.
Mención aparte merece o seu labor na dirección artística do Ballet Nacional Sodre (BNS) de Uruguai entre xaneiro de 2018 e decembro de 2020. Durante este periodo o BNS colleitou grandes éxitos de público e crítica coa reposición das principais obras do repertorio clásico e romántico, pezas de coreógrafos do século XX e as novas producións como El Quijote del Plata e La tregua, baseada na obra homónima de Mario Benedetti. Como coreógrafo, Igor Yebra deixou no repertorio do BNS El Cisne XXI, unha versión masculina de La muerte del cisne. Ó finalizar a súa etapa no BNS, Igor Yebra recibiu o galardón máis importante de Uruguai no ámbito da cultura, a Medalla Delmira Agustini, e foi nomeado Ciudadano Ilustre de Montevideo
Na súa faceta como profesor, Yebra decidiu fundar en 2006 a súa propia escuela de danza y coreografía en Bilbao e dous anos despois recibiu o encargo de poñer en funcionamento a Escuela Municipal de Amurrio, deixando a dirección un lustro depois da súa inauguración.
‘Mar en danza’ é unha iniciativa cultural impulsada pola Deputación da Coruña e QueArte Producciones con motivo da celebración este ano do 30º aniversario do Conservatorio Profesional de Danza da Deputación. O ciclo, que foi inaugurado por Julio Bocca o pasado maio, tamén contou coa participación de Lucía Lacarra e Matthew Golding e clausurarase en decembro con estas actividades do bailarín e coreógrafo basco Igor Yebra.