
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza a EXPOSICIÓN “UNIVERSO VIZOSO”, promovida e financiada pola Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, da Rede Museística Provincial e de Arraianos Producións, e conformada por carteis e ilustracións da autoría do artista mindoniense XOSÉ VIZOSO, recentemente falecido.
A inauguración terá lugar na Casa da Cultura de Vilalba o martes 8 de abril de 2025, ás 11:30 horas, e contará coa visita guiada da mostra a cargo de ASER ÁLVAREZ, comisario da exposición. Permanecerá aberta ao público ata o 7 de maio de 2025.
NOTA-INFORMATIVA-EXPO-VIZOSO