Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Recital poético solidario

diciembre 16, 2016 @ 7:30 pm - 10:00 pm

Convócase dende A Coruña o III Recital Poético Solidario a nivel Nacional e Internacional o vindeiro 16 de decembro ás 20 hrs. co gallo de recadar fondos con FINS SOLIDARIOS.

Baixo o lema: Verso, ¿qué traes?. Esperanza.

Trátase dunha iniciativa de Branca Vilela, poeta, escritora e xestora cultural de A Coruña. A idea xurdiu ó coñecer os datos da xente que cada día utilizaban o comedor social en dita cidade (1.500 persoas). Fíxose unha gran convocatoria vía facebook e vía telefónica a todos os poetas do seu círculo de amizades e a resposta foi inmediata e contundente.

Preténdese que en cada cidade ou vila unha persoa ou organismo se encargue da xestión do evento, realizar as tarefas de buscar unha sala para a celebración, convocar ós participantes e designar a quen vai dirixida a axuda. Establécese unha entrada mínima de 3 € máis a vontade. Igualmente, tamén se pretende a implicación dos medios audiovisuais para unha maior divulgación. E, incluso, que se difunda vía internet de xeito simultáneo. Para maior difusión, e tratándose dunha iniciativa privada, buscarase a colaboración dos máximos organismos e medios de cada cidade ou vila, ó igual que personalidades que queiran participar tanto do mundo literario como político e empresarial. Toda axuda é necesaria. Até hoxe xa se adheriron a este proxecto máis de vinte cidades españolas, entre elas: A Coruña, Barcelona, Bilbao, Madrid, Murcia, Sevilla, etc, e outros lugares coma: Argentina, Canadá, Ecuador, EEUU, Portugal e xa se están realizando xestións noutros sitios.Recital poético solidario

Organizado por culturalia GZ

Aquí en Vilalba, dito recital farase no Centro Cultural e Recreativo as 19:30 hrs. E contarase coa participación varios autores que virán agasallar coa súa voz poética aos asistentes ao acto que terá como causa solidaria da Cruz Vermella: CAMPAÑA DE XOGUETES, “OS SEUS DEREITOS EN XOGO. A venda de entrada, a 3€, realizarase na Casa da Cultura e no propio Centro Cultural e Recreativo. ANÍMATE E COLABORA!

 

 

Detalles

Fecha:
diciembre 16, 2016
Hora:
7:30 pm - 10:00 pm
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
, ,

Organizador

Culturalia GZ
Ver la web del Organizador

Local

Centro Cultural e Recreativo
Rúa Poetisa Carmiña Prieto Rouco, 3, 27800 Vilalba, Lugo
Vilalba, Lugo 27800 España
+ Google Map