O vindeiro 17 de febreiro, a comarca de Ferrolterra renderá unha homenaxe póstuma ao escritor Agustín Fernández Paz. Baixo o título de O rastro que deixamos, título homónimo dun libro que escribiu o propio Agustín, e no que nos relata retallos fundamentais da súa vida.
Os actos comezarán pola mañá, dirixidos aos centros de ensino, e neses actos participarán artistas coma Guadi Galego, María Manuela, Mini e Mero, Xabier Díaz, o dúo Bellón-Maceiras, Miro Casabella ou A Banda da Loba. Acompañando á música tamén se proxectarán fragmentos dun documental sobre vivencias do propio Agustín na comarca. Actos que se repetirán a partir das 20:30 h., destinados ao público xeral,
As entradas para asistir á citada e merecida homenaxe son de balde, e poden recollerse até o 17 de febreiro no Teatro Jofre (de 11.00 h. a 13.00 h. e de 18.00 h. a 20.00 h.) e no Auditorio de Ferrol -na avenida do Mar, en Caranza- a partir das 18.00 h. do día da gala.