Axenda da semana:

_ Venres 20, dentro do “II ciclo de Música na Praza”, temos ás 20:30h Cuarteto de corda Castelao, na Praza Coronel Pena. (En caso de choiva no centro Cultural Recreativo).

__Sábado 21 ás 18:00h, continuamos co “Verán Activo”, este sábado temos a Javi Javichi con “Plato, platito, platete”, espectáculo de malabares, circo e clown.

_Sábado 21 ás 23:00h, continuamos coa mostra de verán Teatronoite coa obra “Maniféstate!!” da compañía Andaravía Teatro (A. C

. Papaventos), na Praza da Constitución. (En caso de choiva no Auditorio Carmen Estévez).

 

 

_ Domingo 22, “Festival Internacional de Folclore” coa participación de grupos de música e baile tradicional de catro países e coa participación de grupos de música tradicional do municipio.

Ás 19:30h participarán nun desfile con saída da Praza da Constitución que pasará polas rúas Basanta Silva e rúa da Pravia cunha comitiva de arredor de 300 persoas.

Ás oito comezará o festival na Praza da Constitución, e en caso de que o tempo non acompañe, as actuacións trasládanse ao auditorio municipal Carmen Estévez.

 

 

 

SALA DE EXPOSICIÓNS AUDITORIO

__14 de xullo ao 20 de agosto, IESCHA. Debuxos “Só lapis” de Jesús Trastoy.