
CONCERTO, EN ACÚSTICO, DE ZAVALA ESTE SÁBADO, 11 de abril, ÁS 20 HRS, NA CASA-MUSEO MANUEL MARÍA COA COLABORACIÓN DAS CANTAREIRAS ATALAIAS DE CAIÓN
Zavala é un proxecto musical galego que explora a confluencia entre a música electrónica, o pop contemporáneo e a tradición, construíndo unha identidade sonora propia e en constante evolución. Na actualidade, a formación está integrada por Carla Romalde (voz, frauta), Víctor Ledo (guitarras, voz), Carlos Castro “Kos”( bases electrónicas e audiovisuais) e Martín Grela (teclado e sintes).
Este sábado Zavala estará acompañada das cantareiras Atalaias de Caión que colaborarán en distintos temas e interpretarán algunha peza do seu propio repertorio.
Zavala, que apareceu en distintas listas a inicios deste ano como unha das dez mellores bandas galegas de 2025, conta con dous traballos editados (“Pequeno manual para grandes cambios I (teoría e práctica)”, de 2023, e “Pequeno manual para grandes cambios II (teoría e práctica”) de 2025). Actualmente está a piques de editar o seu terceiro disco de longa duración “Lume” (veñen de presentar o seu primeiro e segundo adianto “Corvo Negro” e “Charly”).
Reservas (billete 5 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621
Adianto de Corvo Negro: