O artista “portugalego” Juan Carballo iniciou no 2026 unha nova xira para celebrar o seu XX aniversario artístico, acompañada da publicación cun novo libro e un espectáculo que combina escena e palabra. Pretende así continuar amosando o seu traballo na Galiza e Portugal, percorrendo as principais cidades, vilas e espazos culturais de referencia.

Carvalhoski – Case, case un poeta (Editorial Medulia) é o nome do novo libro que xa está disponible en todas as librarías da Galiza, e a primeira presentación será o 24 de xaneiro de 2026 ás 20:00 horas no Auditorio de Cangas de Morrazo.

A xira que arranca esta semana no Porto, coincidindo coa edición portuguesa do libro (Editorial Novembro), ten previstas datas nas dúas beiras do Miño ao longo de todo o 2026, atravesando a fronteira da lingua, publicando e actuando igualmente na Galiza e Portugal.

O formato de presentación afástase da lectura convencional para converterse nunha proposta escénica próxima ao monólogo, a medio camiño entre a performance e o recitado dramatizado, que conduce ao público por unha viaxe a través dos últimos vinte anos de creación, cheos de versos e anécdotas.

Juan Carballo é un poeta galego que transita entre o ámbito literario e o musical. Ao longo da súa traxectoria publicou poemarios e discos, ademais de realizar concertos e recitais. Cunha voz propia e recoñecible, suma nove publicacións e doce xiras desenvolvidas durante as dúas últimas décadas na Galiza e Portugal.

Máis info en www.juancarballo.es